Se queres saber se tes conexión a internet e tamén os valores da túa liña, unha das recomendacións que se adoita facer é realizar un ping.

Para isto, tes dúas opcións. A primeira é ir ao buscador de Windows e poñer "Símbolo del sistema".

A outra opción é buscar a consola premento ao mesmo tempo as teclas de Windows + R.

Ábrese unha fiestra e aí escribes cmd

Aparecerache entón unha ventá como esta:

A partir de aí, escribimos eo comando ping 8.8.8.8

Estes números (8.8.8.8) representan a dirección a dirección IP dos DNS de Google. DNS son as siglas de Domain Name Servers ou, traducido ao galego, Servidores de Nomes de Dominio.

Se tes conexión da internet indicarache o tempo que tardou en conectarse cos servidores de Google.

Se non tes conexión da internet, non terás resposta ao ping que realizaches.