Ola. Moitos clientes están a alertarnos deste anuncio que lles aparece ao entrar en determinadas webs de información xeral.

Chocoulles que estivese en castelán e o texto, así que nos preguntan se é algo real ou realmente un engano. E fan ben en preguntar, porque é un engano. Usan a nosa imaxe para conseguir os teus datos de carácter persoal.

Phising

O phising é unha técnica usada polos ciberdelincuentes que consiste en reproducir a imaxe ou o aspecto dunha marca, para que o usuario baixa a garda, se confíe e ofreza os seus datos.

Como se pode ver na captura, nesta estafa usan o noso logotipo de forma fraudulenta e incluso replican partes da nosa páxina web. A URL da web non ten nada que ver con nós, pero como é un anuncio, hai clientes que poden pensar que é normal.

Como saben que es cliente

Unha das preguntas que nos fan os clientes é por que razón sae esa mensaxe personalizada, por que saben que es cliente de R.

Ben, o que fan é lanzar o anuncio na súa web. Unha vez que entras na súa web, coñecen a túa IP e a IP indícalles quen é o teu operador de telecomunicacións (cada operador ten un rango de IPs). Ademais, grazas a ferramentas como Google Analytics pode coñecerse en tempo real cal é o operador que che dá servizo.

Grazas a esa información, personalizan a mensaxe. De tal xeito que os clientes doutros operadores ven a mesma mensaxe, pero co nome e o logotipo do seu operador.

phising

Non deas datos

A estafa é sempre a mesma: dinche que es o gañador dun premio dunha contía elevada. O único que tes que facer é responder a unha enquisa moi sinxela.

Ao final pídenche os datos (que ti cres que son necesarios para a entrega do premio). En algún caso, algún cliente incluso nos dixo que lle piden o número da conta bancaria.

Nós nunca che pediremos datos dese xeito. Así que, ante a dúbida, desconfía e pregúntanos. Pero por norma xeral, nunca poñas datos de carácter persoal porque os van usar.