Blog Mundo R - Página 8

Quecheparece

Festas de Ourense 2024: programa, mercado medieval…

As festas de Ourense 2024 concéntranse en cinco días en pleno mes de xuño, do mércores 19 ao domingo 23 de xuño. Un novo formato que se desenvolve dende hai un par de anos e que coincide co comezo das vacacións infantís e a tradicional noite das fogueiras previas a San Xoán.

Quecheparece

Festas da Estrada 2024: programa e concertos

As festas patronais das vilas e das cidades galegas son as máis esperadas cada ano. Na Estrada non son menos e este ano durante cinco días non faltará a música, o baile e as ganas de diversión para celebrar o San Paio. As Festas da Estrada 2024 celébranse do 25 ao 29 de xuño e contámosche aquí todo o programa e os concertos.

Xente R

Rapa das bestas 2024 de Sabucedo: programa, entradas, orixe...

Cando chega o verán, Galicia convértese nun fervedoiro de festas e celebracións de todo tipo: relixiosas, gastronómicas, históricas... Pero hai unha que destaca sobre o resto, polo seu carácter ancestral e popular, é a Rapa das Bestas 2024 de Sabucedo, do 4 ao 8 de xullo. Contámosche o programa, como comprar entradas e a orixe desta ancestral celebración.

Xente R

Arde Lucus 2024: programa, datas, circo romano e actividades

Dende hai xa 22 anos, cando chega o solsticio de verán, Lugo volve ser tomada por romanos e por castrexos. A cidade amurallada máis famosa de Galicia celebra o Arde Lucus 2024 e transfórmase para rememorar o esplendor do Imperio Romano nos primeiros séculos da nosa era.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en xuño 2024

Chega o verán, pero iso non significa que a televisión vaia de vacacións. Todo o contrario, este mes chega cargado de series na televisión da que podes gozar a través de R. Estreamos os novos capítulos de Black Sails - T2 en aberto e dúas novas series: Irreverent e The Blind Detective. Tampouco te podes perder o especial do 80 aniversario do Día D, as 24 horas de Le Mans, a Cocina con vistas al mar ou a nova serie Ariel para os máis peques.

Xente R

Festa da Coca de Redondela 2024: programa, horarios...

Galicia está chea de festas e de celebracións que mesturan o mitolóxico e o pagán co relixioso. Unha unión que é case perfecta na Festa da Coca de Redondela 2024, do 29 de maio ao 2 de xuño. Todos os anos na celebración do Corpus Christi integran un dragón nos seus actos debido a unha lenda ancestral. Un dragón que sae en procesión e desfila na chamada Festa da Coca.

Xente R

Corpus Ponteareas 2024: programa e alfombras florais

O Corpus de Ponteareas 2024 coas súas alfombras florais acaba de ser declarado Ben de Interese Cultural (BIC) e iso hai que celebralo. O domingo 2 de xuño é o día grande do Corpus Christi de Ponteareas 2024, pero as festas comezan días antes e finalizan o luns 3 de xuño, festivo local en Ponteareas. Contámosche o máis destacado do programa do Corpus de Ponteareas 2024 para que non perdas a confección das alfombras florais, a procesión, o desfile de carrozas, a batalla de flores, os concertos e moito máis.