Blog Mundo R - Página 4

Quecheparece

Influencers galegos que triunfan nas redes sociais 2026

Quen son os influencers galegos con máis seguidores? Buscamos nas redes sociais para facer a lista Top influencers Galicia, que encabezan Xurxo Carreño, Wismichu e Patty Dragona como os principais youtubers galegos ou El Xokas dentro dos streamers galegos; pero hai máis tiktokers e instagramers galegos que triunfan nas redes sociais. Se non os coñeces, empeza xa a seguilos.

Quecheparece

Entroido na Coruña 2026: datas, programa, desfile…

Xa tes o teu disfrace preparado? Pois date présa porque o Entroido na Coruña 2026 celébrase do venres 13 ao mércores 18 de febreiro. A festa do entroido empeza coa entronización do Deus Momo e a cidade non dorme ata o Enterro da Sardiña. Polo medio, o desfile de Entroido A Coruña 2026 do sábado, a noite de charangas do luns, o martes de choqueiros na Torre e moitas risas. Para que non te perdas nada, contámosche aquí todo o programa do Entroido na Coruña 2026.

Quecheparece

Festa do Queixo de Arzúa 2026: programa, concertos…

"Queixeamos"? Do 27 de febreiro ao 1 de marzo de 2026, Arzúa recibe a miles de visitantes desexosos/as de degustar o seu famoso queixo na Festa do Queixo de Arzúa 2026, unha das festas gastronómicas máis populares de Galicia. Contámosche máis sobre o programa, o cartel, os concertos, o horario do recinto feiral… e, por suposto, sobre o gran protagonista: o queixo.

Quecheparece

Entroido de Laza 2026: Peliqueiros, programa e horarios

Falar do Entroido de Laza é falar dos Peliqueiros. Son os grandes protagonistas da festa desta pequena localidade ourensá. É un dos máis tradicionais e antigos de toda Galicia, que non debes perder. Consulta aquí o programa do Entroido de Laza 2026 para saber cando ver aos Peliqueiros, onde tiran as formigas no Entroido de Laza 2026 ou que é a Farrapada.

Quecheparece

Entroido en Pontevedra 2026: programa, desfile, “Loro Ravachol”...

O Entroido de Pontevedra é un dos entroidos máis singulares e populares de Galicia. Tradición e sátira combínanse nun programa de actividades no que non faltan o Concurso de Murgas, a Festa Pirata ou o Gran Desfile de Entroido, nin personaxes emblemáticos como o “Loro Ravachol” e o Rei Urco. En 2026, o Entroido de Pontevedra celébrase do 13 ao 21 de febreiro.

Quecheparece

Entroido de Verín 2026: programa, datas, horarios…

O Entroido de Verín 2026 dura varias semanas e xunto cos entroidos de Laza e Xinzo de Limia forman un peculiar triángulo de Entroido en Galicia, considerado por moitos o mellor. Este ano o Entroido de Verín 2026 celébrase do 5 ao 18 de febreiro, onde toda a vila de Ourense vive por e para a festa.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas de televisión en febreIro 2026

Febreiro é o mes por excelencia do Entroido, pero nalgún momento teremos que facer unha pausa de tanto disfrace e festa. E é aí onde entran as grandes estreas da televisión que che ofrecemos en R. Para abrir boca, entre todas as novas series deste mes, SkyShowtime estrea a esperadísima Los Tipos Malos 2, para que toda a familia a goce, e Ponies, coas súas investigacións ambientadas durante a Guerra Fría. Unha das sorpresas deste mes é que imos de viaxe ao Salvaxe Oeste coa incorporación de AMC Western á oferta da televisión que che ofrecemos en R. E tamén faremos unha parada en Praga coa estrea da T8 de The Rookie en Warner TV.n

Quecheparece

Peaxe Ourense Santiago 2026: prezo da AP-53, descontos...

A forma máis rápida de ir en coche de Ourense a Santiago é a autoestrada AP-53 de pago. Canto custa a peaxe Ourense Santiago en 2026? Podes ver aquí a táboa de prezos en vigor dende o 1 de xaneiro de 2026 e os descontos que ten se pagas con telepeaxe. Ademais de toda a información sobre a peaxe Santiago Ourense, contámosche canto é a peaxe A Coruña Ourense, que nese caso implica coller a AP-9 e a AP-53.

Quecheparece

Festa do Cocido de Lalín 2026: datas, programa, restaurantes...

O domingo 8 de febreiro celébrase a Festa do Cocido de Lalín 2026, pero a festa gastronómica comeza xa semanas antes, co Mes do Cocido de Lalín, do 15 de xaneiro ao 14 de febreiro de 2026. Contámosche máis sobre o programa de actividades, o tradicional desfile de carrozas e, por suposto, onde comer un bo cocido de Lalín.