A Feira do Viño de Sober 2026 celébrase do 27 ao 29 de marzo no recinto feiral instalado na Praza do Concello. É unha das máis antigas e populares da Ribeira Sacra e é unha cita na que podes gozar dos mellores viños das adegas de Amandi. Para que non te perdas nada, dámosche toda a información sobre as actividades e o programa da Feira do Viño de Sober 2026.
Programa da Feira do Viño de Sober 2026

A Feira do Viño de Sober 2026 chega á súa 46 edición do 27 al 29 de marzo. Antes da feira, celébrase o Mes do Amandi, que inclúe cata de viños, charlas, exposicións, xornadas, concursos gastronómicos, visitas a viñedos e adegas e actuacións musicais.
Todas as actividades do programa da Feira do Viño de Sober 2026 celébranse no recinto feiral na Praza do Concello.
Alí terá lugar a inauguración da feira o venres 27 de marzo, a cargo da Adega Pretón de Doade, en recordo de Epifanio Campo.
Por diante tres días de feira ata o domingo de Ramos, 29 de marzo, cando ten lugar o Pregón. Este ano o encargado será o chef con Estrella Michelín Rafa Centeno, do restaurante Vértigo.
Como cada ano, haberá un concello convidado, no 2026 será Ribas de Sil.
Toma nota das datas e horas de cada acto do programa da Feira do Viño de Sober 2026 no recinto feiral na Praza do Concello:
Venres, 27 de marzo
-
19:30 h. Inauguración da XLVI Feira do Viño de Amandi, a cargo da Adega Pretón de Doade, en recordo de Epifanio Campo.
-
21:30 h. Actuación de Festicultores Troupe.
-
23:30 h. Actuación de Monoulious Dop.
Sábado, 28 de marzo
-
11:00 h. Apertura de stands da Feira do Viño de Sober 2026.
-
11:30 h. Actuación de Grupo de Música Tradicional, do programa Tradigalu da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
-
12:30 h. Actuación da Banda de Música de Sober.
-
17:00 h. Comeza a Precata Oficial.
-
18:30 h. Actuación da Charanga Bandiños Band.
-
20:00 h. Actuación de Louband.
-
22:00 h. Actuación da Orquestra Bravú Shangai.
-
23:30 h. Actuación de Gin Toni’s.
Domingo, 29 de marzo
-
10:45 h. Charanga NBA.
-
11:00 h. Pasarrúas a cargo da Banda de Música de Sober.
-
11:30 h. Comeza a Cata Final Oficial.
-
11:30 h. Igrexa de Sober: Misa Solemne coa Bendición de Ramos.
-
12:00 h. Animación cunha selección de Tunas de Madrid.
-
12:30 h. Casa do Concello: Recepción de autoridades.
-
13:00 h. Pregón do chef con Estrella Michelín Rafa Centeno, do restaurante Vértigo.
-
13:30 h. Entrega de Premios.
-
17:30 h. Actuación da Charanga NBA
-
19:30 h. Baile coa orquestra Tania Veiras e Os Cumbia Pop.
Orixe da Feira do Viño de Sober
O viño marcou, e segue marcando, a economía e a vida da zona. En Sober, homenaxéano como se merece a través dunha feira que foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e que atrae cada ano a miles de visitantes.
A Feira do Viño de Sober comezou a súa andaina a partir da feira do gando que tradicionalmente se celebraba en Sober o Domingo de Ramos.
Para incrementar o número de visitantes, decidiuse convidar a este tradicional mercado a algúns adegueiros da zona e que presentasen alí os seus viños.
Dende as primeiras edicións, nos anos 80, o número de adegas participantes superaba amplamente ao número de cabezas de gando, e a afluencia de público multiplicouse.
Así que a Feira do Viño de Amandi iniciou unha nova etapa centrada no viño e celebrándose cada ano coincidindo co Domingo de Ramos.
Viño de Amandi e Denominación de Orixe Ribeira Sacra

O viño de Amandi é unha das cinco subzonas que pertence á Denominación de Orixe Ribeira Sacra (recoñecida como tal en 1996), xunto con Ribeiras do Miño, Ribeiras do Sil, Quiroga-Bibei e Chantada.
Cultívase no sueste do municipio de Sober; en concreto, nas parroquias de Amandi, Lobios, Pinol, Santiorxo, Bolmente, Doade, Anllo San Martiño e Anllo Santo Estevo.
A súa orientación, o microclima mediterráneo da zona e o cultivo en empinados bancais con desniveis de vertixe converten estes viños en caldos moi apreciados, con personalidade e calidade, recoñecida por numerosos galardóns, mesmo a nivel internacional, e de gran popularidade.
Actualmente, unhas 200 hectáreas de viñedos, máis de 300 viticultores e 29 adegas están inscritas no Consello Regulador.
Na Feira do Viño de Sober 2026 participarán este ano 44 adegas, que presentarán os seus primeiros caldos da tempada e competirán por levar algún dos premios oficiais.
Hai tres premios para viños tintos, un para viños brancos, un para viños rosados, un para viños tintos de colleitas anteriores e un premio especial para viños envellecidos en barrica.
Achégate a probar os mellores viños de Amandi na Feira do Viño de Sober 2026, do 27 ao 29 de marzo.
Fonte imaxe de cabeceira: Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.
