Blog Mundo R - Página 19

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas na televisión en outubro de 2024

Chegou outubro e o tempo do outono vaise facendo sentir. Todos pensamos na manta e no sofá para poder gozar da televisión que che ofrecemos en R. Chegan moitas novidades que non non podes deixar pasar. Podes gozar da canle Dark e da súa nova serie Hay algo en el bosque ou dos novos episodios de Evil – T4 na canle Syfy.

Noticias de TV

Que ver na tele?: estreas na televisión en setembro de 2024

Setembro é o mes da volta á rutina, pero tamén dun novo comezo. É o momento perfecto para ver as novas tempadas, as mellores estreas ou as novas series para engancharte. Nas estreas de setembro na televisión que che ofrecemos en R tes variedade e calidade para comezar unha viaxe especial con novos ou vellos coñecidos: chega a primeira tempada de The Walking Dead: Daryl Dixon a AMC ou de The Penguin a MAX; Will Trent volve con novos episodios a Star Channel e Emily en París coa segunda parte da tempada 4 a Netflix.

Xente R

Carrilanas de Esteiro 2024: programa, concertos...

O verán é para divertirse e na parroquia de Esteiro, en Muros, fano como mellor saben: con enxeño, velocidade e moita arte. Cada ano a terceira fin de semana de xullo a parroquia coruñesa de Esteiro celebra as Carrilanas de Esteiro 2024, do 19 ao 21 de xullo, que divirte tanto aos seus participantes como aos que se achegan a velas.

Quecheparece

Os mellores bambáns de Galicia

Galicia está chea de recunchos con vistas marabillosas e espectaculares e nos últimos anos os miradoiros evolucionaron para atraer máis visitantes. Primeiro foron os bancos e agora os bambáns. Hoxe seleccionamos os mellores bambáns de Galicia coas mellores panorámicas do noso territorio.

Quecheparece

Os mellores chiringuitos de praia en Galicia

Entre os lugares máis cotizados e buscados de cada verán figuran, nun lugar ben destacado, os chiringuitos. Eses locais a pé de praia que ofrecen unha mestura imbatible de música, gastronomía e mar, nos que as horas se pasan voando e dos que te resistes a irte. Aquí tes a nosa pequena selección de chiringuitos de praia en Galicia.