A cultura ancestral de Galicia deu lugar a palabras e a nomes que unicamente se poden atopar no noso territorio. Dubra é un deses nomes e trátase dun nominativo que reflicte unha parte da nosa historia, dos nosos costumes e das nosas tradicións.
A continuación contámosche máis sobre o nome en galego de nena de Dubra.
Orixe do nome de Dubra
Para atopar a procedencia do nome de Dubra podemos fixarnos en accidentes xeográficos como os ríos. De feito, hai un río chamado Dubra que desemboca no Tambre, un dos principais ríos na provincia da Coruña. Doutra banda, hai unha localidade situada na mesma provincia que se chama Val do Dubra.
Este contexto apunta a que a orixe do nome de Dubra podería ser prerromano e situarse en idiomas como o irlandés ou o galés. Ambas as linguas tiveron certo contacto con Galicia, xa que Gales e Irlanda son países nos que predomina a tradición celta, cultura que estivo e que está moi presente na nosa rexión.
A mesma etimoloxía que no caso de Galicia atopámola no río asturiano Dobra ou ben en topónimos de Francia (Douvres, río Douvre), de Inglaterra (Dover), Irlanda e Escocia (Dobhar), Alemaña (Tauber, antes Dubra) ou ben Holanda(Doveren), tal e como recolle a Wikipedia. En todos estes casos a súa orixe estaría na palabra céltica dubron ou na súa forma feminina, dubra.
Significado do nome de Dubra
O significado do nome de Dubra podería ser auga. Esta significación procede da tradución que podería ter o propio nome de Dubra a linguas como a galesa ou a irlandesa. Tamén hai unha relación entre o termo Dubra e a tradición celta. Esta teoría é unha das máis asentadas debido á presenza do propio río Dubra que percorre os bosques da provincia da Coruña.
Mulleres co nome de Dubra
A cantidade de persoas que teñen o nome de Dubra é relativamente baixa. Trátase dun nome que se empezou a usar agora en Galicia. Este aspecto mostra que este nominativo é propio da cultura galega, xa que non podemos velo en ningún outro territorio.
Neste sentido, temos que destacar que o nome de Dubra aínda sobrevive ao paso do tempo e é un reflexo de dous aspectos propios da nosa terra: a importancia da natureza e a pervivencia da tradición celta que forma parte da historia da nosa terra. Este contexto dificulta que hoxe en día haxa mulleres coñecidas que reciban o nome de Dubra.
Como se escribe o nome de Dubra noutros idiomas
Hai nomes que son propios da nosa cultura e iso evita que teñan tradución a outras linguas. Tal é o caso de Dubra, nominativo que procede de culturas que se desenvolveron fóra da península ibérica e que se asentaron en Galicia. Ademais, este nome fai mención a un dos nosos ríos. Por tanto, non ten tradución a outras linguas.