Ola. Hoxe en día seica non saberiamos vivir sen internet: é a nosa fonte de información, de coñecemento, de contacto cos nosos e co mundo, e tamén unha canle de ocio.

Nese sentido, un dos usos máis habituais entre os clientes máis novos son os xogos online. Non nos gusta botarlle unha partida á consola sen máis, senón conectarnos e retar a outros xogadores e ver quen é o mellor.

Nese punto, o ping ou lag é un valor fundamental para aqueles que xogan. Os gamers de seguro que saben de sobra de que se trata pero, en resumo, pero para os que non estean tan orientados, o ping é o tempo de resposta que existe entre que ti (por exemplo), lle dis ao teu xogador que lle dea unha patada a un balón, e o momento no que o fai. Se ao final ti contas cun bo ping e o teu contrincante non, tes unha vantaxe moi grande, xa que o teu xogador está a facer as cousas moito máis rápido que o outro.

O caso é que, precisamente pensando nos nosos clientes gamers, estivemos a traballar para reducir o lag a algún dos servidores de xogos máis usados. Como cales? Pois, por exemplo, aos de Riot Games, que son sobre todo coñecidos por League of Legends.

E como o facemos? Mellorando a interconexión cos seus servidores. De feito, non nos quedamos simplemente aí, senón que tamén melloramos a conexión coa infraestrutura doutros operadores e cos servidores doutras plataformas web, para que a túa conexión sexa rápida e a experiencia á hora de ver un vídeo, xogar ou conectarte cunha web no outro lado do mundo sexa óptima.

Nese sentido, se ves que nalgún caso o ping non é todo o bo que debería ou se cres que sería necesario reforzar a interconexión con algún xogo ou servidor que ten moito tráfico, só tes que facérnolo saber para analizalo. Mándanos un correo a [email protected] indicándonos de que servizo ou servidor se trata e, se pode ser, tamén cun tracert (a liña de comandos que determina a ruta dun paquete de datos para alcanzar o seu destino) á IP dese servidor para ver os valores que che está a dar.

Agardamos que che guste esta mellora porque sempre traballamos pensando nas túas demandas e nos servizos máis requiridos polos nosos clientes.

Un saúdo!