Seguro que o nome de Laura Pato de boas a primeiras non che di moito. Pero se che falamos de Le Petit Patito e es usuario de Instagram, os seus deseños e creatividades non che pasarían desapercibidos. É máis, igual ata vestiches unha das súas camisetas sen sabelo. Despois de ser entrevistada por Radio 3, de traballar nunha campaña promocional para a serie Sex Education de Netflix e de recibir o encargo dun libro, esta ourensá con case 39.000 seguidores chega ao blog de R para contarnos máis sobre o seu día a día en redes sociais.
- Como e por que naceu o teu perfil en Instagram?- Eu xa tiña a miña conta de Instagram e usábaa como como calquera outra persona: fotos da miña gata e algunha paisaxe pouco interesante.
Comecei a subir debuxos a raíz dunha iniciativa un pouco pocha que naceu en redes algún mes de outubro: o inktober.
- Cal sería a túa antítese en Instagram?- Non sei se sabes que a muller de Santi Abascal é blogueira de moda. Pois iso.
- No teu perfil podemos ler Pato B Guay, que creo que é unha "homenaxe" a alguén. Pódesnos contar a historia?- Efectivamente. Hai tempo puxen un tweet na miña conta dicindo algo así como que Annie B Sweet era demasiado “sweet” para min. Sen mencionala nin nada. Pois parece ser que ela busca o seu nome en Twitter de vez en cando (eu non a culpo, xa que tamén o fago), e enfadouse un pouco: Annie B Rude.
- Creo que hai un protagonista de Jersey Shore que leva tatuado un dos teus deseños. Cal foi a túa primeira reacción ao sabelo? Tiveches algún tipo de pesadelo?"Un participante de Acapulco Shore leva tatuado un dos meus deseños"
- En realidade teno un participante de Acapulco Shore, pero si. Comentoumo unha seguidora e fíxome moitísima ilusión ver o meu deseño entre todos os seus tribais.
- Supoño que moita xente comparte as túas creacións. Gústache que algo se faga viral ou realmente escóceche un chisco cando ves que alguén que non che cae ben tamén comparte?- Sempre me parece ben. Creo que a miña publicación máis viral foi a que fixen despois dos incendios de outubro de 2017 en Galicia. Compartiuna xente como Mario Casas, Maribel Verdú e… ¡¡¡WILLY BÁRCENAS!!!
Eu encantada.
- Estudiaches Arquitectura na Coruña. Supoño que cando alguén escolle a súa vocación non pensa que se vai enfrontar á carreira que máis anos se tardan de media en sacar en España. Como lembras eses anos?"A mellor decisión que puiden tomar foi estudar Arquitectura"
- Agora que xa non estou alí lémbroo con moito cariño e, sobre todo, ALIVIO de non ter que presentarme a máis exames de Estruturas.
Estando alí tes a sensación de que as horas que ten o día nunca son suficientes, e que se non estás a sufrir vas suspender. Ademais, agora mesmo, tristemente, é un trámite que tes que superar para chegar ao PARO. Un trámite terrible.
Pero en resumo, a mellor decisión que puiden tomar na miña vida foi estudar Arquitectura; aínda que agora mesmo non me dedique á construción, se tivese estudado outra carreira non estaría facendo o que fago.
- Participaches hai pouco nunha camapaña para promocionar Sex Education, de Netflix. Como é traballar cunha plataforma tan coñecida a nivel mundial como Netflix?"Traballar con Netflix foi moi fácil e tiven liberdade total"
- É certo. Todo o traballo foi a través dunha axencia creativa: eles puxéronse en contacto comigo e propuxéronme como artista.
Traballar con eles foi moi fácil e déronme total liberdade. Ademais, fíxome moita ilusión compartir a acción con Ricardo Cavolo ou Miranda Makaroff. Vamos, un soño!
- Sabemos que es súper fan doi black metal e que non perdes o Resurrection Fest. Para cando unha colaboración co Resu?- Efectivamente, o METAL é a miña debilidade. E son case tan fan do Resu como do Gadis, pero de momento ningún dos dous me propuxo colaboracións
- As asociacións que fas moitas veces nas túas stories son sorprendentes e moi divertidas. Cantas horas pasas en Youtube para atopar o material que usas de base para algúns dos teus vídeos?- jajaja, pois moitas. Ata hai pouco traballaba na casa e sempre necesitaba ter sons de fondo para que me fixesen compañía. Polas mañanas gustábame poñerme Espejo Público (e enfadarme), outras veces música desa bruta que me gusta e, ultimamente, aficioneime moito aos hauls e story times de xente peculiar.
O material é moi sinxelo de atopar e chega só, case sen darme conta; creo que agora mesmo hai máis xente neste país que fai hauls de Primark que xente que non os fai nin espera sacar proveito económico del.
- Winnie The Pooh deuche moito xogo, pero inspíraste en todo tipo de personaxes e persoas. Adoitas darlle moitas voltas a unha idea ou o primeiro que se che ocorre inténtalo plasmar?"Creo que hai máis xente en España facendo hauls de Primark que persoas que non os fan"
- A verdade é que non; adoito desbotar as ideas que non teñoo claras dende un principio porque perden frescura. Tamén me guío polo que me fai graza ou me apetece subir nun momento dado; non lle adoito dar moitas voltas.
- Cal é a creatividade que lembras con maior cariño?- Todo o de Vazva, a colaboración con Nicanora, a portada do disco de Juanito Makandé… moitas cousas.
- Que perfís recomendarías seguir en Instagram?
- @porous_walker, @drewtoonz e @isashopaholic
Podes ver as súas creatividades e stories no perfil de Le Petit Patito.