Xa chegou a R o último de Apple. Sé un dos primeiros en levar o novo iPhone 13 de 256GB. E moi pronto incorporaremos os iPhone 13 Pro e iPhone 13 Pro Max.
Só Apple é quen de xerar tanta expectativa co lanzamento de cada novo iPhone. E leva facéndoo dende hai 14 anos cos 33 modelos de smartphone que sacou. Chámalle exclusividade, chámalle ter o último... chámalle iPhone.
A cámara con superpoderes
Moitas das novidades da nova xeración iPhone 13 están na cámara. Apple presenta o sistema de cámara dual máis avanzado, cun novo grande angular que fai fotos cun 47% máis de luz e estabilización óptica para que non che saian movidas.
As versións Pro e Pro Max inclúen tres sensores grande angular, ultra grande angular e teleobxetivo de 12 MPX. Os mesmos píxeles que a cámara TrueDepth frontal para selfies, que ten as mesmas prestacións que as traseiras. A saber:
- Vídeo en modo cine: este é o bombazo dos iPhone 13. Cambia o enfoque de maneira selectiva para dirixir a atención cara ao prota de cada escena, xogando coa profundidade que ti mesmo podes axustar..
- Estilos fotográficos: non os confundas cos filtros. Os estilos aplican os axustes de cor necesarios a cada zona da imaxe, sen alterar os tons de pel.
Deseño, resistencia e máis autonomía
Falar de iPhone é falar de deseño. Bordos planos, marco de aluminio e cuberta frontal de Ceramic Shield, máis resistente que calquera outro vidro. Ademais, resiste á auga.
Apple cambia a colocación das cámaras traseiras cos obxectivos en diagonal e fai máis pequena a TrueDepth frontal con tecnoloxía Face ID para que os desbloquees de forma segura.
A pantalla de 6,1 polgadas do iPhone 13 é Super Retina XDR con tecnoloxía OLED para maior contraste e brillo. A Pro de 6,1 polgadas e a Pro Max de 6,7 polgadas inclúen ProMotion que ofrece maior velocidade de fotogramas cando fai falta e aforro de enerxía cando non.
E en canto a batería, Apple sobe ata 2,5 horas máis a autonomía dos iPhone 13.
Chip A15 Bionic, o motor do iPhone 13
O novo chip A15 Bionic encárgase de disparar a velocidade, potenciar as cámaras, optimizar a autonomía e cambiar as regras do xogo, con gráficos ata un 30% máis rápidos.
E co sistema operativo iOS15, Apple quere mellorar a túa experiencia e privacidade. Entre as novidades: chamadas de FaceTime máis naturais, modos de ‘concentración’ para evitar distraccións, novo deseño das notificacións ou ‘texto en vivo’, que che permite interactuar co texto que haxa nas túas imaxes: chamar por teléfono, enviar un correo electrónico ou buscar unha dirección.
En R tes dispoñible o novo iPhone 13 cunha capacidade de almacenamento de 256GB.
Mira todo isto en acción:
E entra xa na páxina de móbiles de R para facerte co novo iPhone 13 por 37€/mes durante 24 cotas e pago inicial de 110€.