Noticias de TV
Que ver na tele?: estreas de televisión en febreIro 2026
Febreiro é o mes por excelencia do Entroido, pero nalgún momento teremos que facer unha pausa de tanto disfrace e festa. E é aí onde entran as grandes estreas da televisión que che ofrecemos en R. Para abrir boca, entre todas as novas series deste mes, SkyShowtime estrea a esperadísima Los Tipos Malos 2, para que toda a familia a goce, e Ponies, coas súas investigacións ambientadas durante a Guerra Fría. Unha das sorpresas deste mes é que imos de viaxe ao Salvaxe Oeste coa incorporación de AMC Western á oferta da televisión que che ofrecemos en R. E tamén faremos unha parada en Praga coa estrea da T8 de The Rookie en Warner TV.n