Noticias de TV
Que ver na tele?: estreas de televisión en outubro 2025
Chega outubro e o terror apodérase de toda a televisión. Se es dos que lles gusta ter medo, gozarás de todo o mes coa televisión que che ofrecemos en R. Aínda así, hai moito máis que Halloween na televisión, empezando polo fútbol: prepárate para ver os partidos do CD Arenteiro, CD Lugo, Celta B, Ourense CF, Pontevedra e Racing de Ferrol porque engadimos a nova canle Primera Federación Versus e-Learning para clientes/as da opción Total TV. Se tes ese paquete, tamén podes ver os partidos do RC Deportivo en LaLiga Hypermotio. E se es subscritor de DAZN, segue o RC Celta en LALIGA EA Sports. Todo o fútbol galego na túa pantalla.