Que ganas tiñamos de volver ás salas de cine! Queremos que nos acompañes a unha das citas imprescindibles do calendario audiovisual galego, o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU). Temos cinco entradas dobres para que desfrutes das curtas seleccionadas na Sección Galicia R. Ves ao cinema?
Xanela ao cine local e internacional
O FICBUEU celebra, do 11 ao 19 de setembro, unha das súas edicións máis necesarias. Xa nos tardaba atoparnos outra vez para rir e chorar con historias únicas e, como non, comentalas ao saír.
O festival mantén o seu formato presencial habitual, pero con máis pases diarios para que ninguén quede fóra. Durante nove días proxectaranse ao redor de 80 curtas, locais e internacionais, e realizaranse actividades paralelas como mesas redondas, talleres e un encontro coa actriz Melania Cruz, Premio Cinema Galego 2020.
O público poderá rir co humor de Manuel Manquiña na xornada de apertura e cunha sesión de cine e música moi especial para toda a familia. Asistiremos á musicalización en directo de ‘El moderno Sherlock Holmes‘ (1924) de Buster Keaton da man de Olga Brañas. Non o perdas!
Compromiso de R co audiovisual galego
En R seguimos apostando polo audiovisual galego; e regresamos, un ano máis, ao FICBUEU, co premio R á mellor curtametraxe galega.
Estas son as curtas seleccionados este ano na Sección Galicia R:
- ‘Beyond the Glacier’ (David Rodríguez): unha reflexión sobre as relacións humanas co medio natural.
- ‘Carne’ (Camila Kater): documental animado sobre cinco mulleres e a súa relación co corpo.
- ‘Onde dormen as gaivotas’ (Daniel Cornes): as illas Cíes en estado puro e unha chamada de atención ao quecemento global.
- ‘Todo el mundo se parece de lejos’ (Rafa de los Arcos): historia de amor non correspondido e como recuperar a vida perdida.
- ‘Xoves de comadres’ (Noemi Chantada): un relato sobre a soidade dunha anciá que se ve interrompida pola chegada dunha coidadora.
Participa no noso concurso
Queres ver estas 5 pequenas historias? R convídate a desfrutar das curtas participantes na Sección Galicia R. Temos cinco entradas dobres para que nos acompañes no FICBUEU o 12 de setembro ás 22:15 h.
Participa no concurso ata o 6 de setembro. Só tes que seguirnos en Facebook ou Instagram e mencionar á persoa coa que asistirías.
Consulta aquí as bases do concurso.
GAÑADORES- Noé Rodríguez Barrio
- Patricia Rodríguez Dasilva
- Laura Gallego Piñeiro
- Begoña Garrote Rodríguez
- José Rosales Tenorio
Vémonos no cine!