A fibra máis moderna do mercado chega ao municipio que atesoura a fervenza máis alta de Galicia. Probablemente coñezas a espectacular Fervenza do Toxa pero en R queremos que tamén descubras as vantaxes da nosa fibra de récord, agora que os/as habitantes de Silleda xa poden gozar de fibra MAX de R.

Consultar cobertura de fibra en Silleda

Como é a oferta de fibra de R en Silleda

Se es gamer, poderás xogar en liña sen retardos. Se es un "seriéfilo", gozarás dos teus contidos favoritos de Prime Video ou Netflix en altísima calidade. E, para navegar por internet, máis velocidade e seguridade. Segue lendo:

  • Ata 10Gb de velocidade de internet simétricos; é dicir, coa mesma velocidade de subida e de baixada e ata 4 veces máis rápida que outras fibras. O noso internet está preparado para alcanzar os 10 Gb. De momento, xa gozan dun 1Gb os nosos usuarios/as particulares.
  • Melloramos a velocidade e a cobertura. O noso sistema wifi 6 permíteche navegar a pleno rendemento, aínda que esteas afastado do router.
  • Seguridade total. O protocolo sen fíos máis seguro do mercado é WPA3, o que usa a nosa rede.
  • Sen retardos nin lag. Grazas á nosa conexión aos mellores servidores de gaming e a plataformas como twitch, despídete dos problemas de latencia ou ping.
  • Deco Android 4K incluído. O decodificador que che permite converter a túa tele nunha Smart TV con acceso ás mellores plataformas de streaming en calidade 4K e descargar aplicacións grazas ao seu sistema operativo Android. Ah, e con acceso a rebobina.

  • Móbil con datos ilimitados e cobertura 5G en Silleda

    Podes contratar tamén o teu móbil con R. Temos unha tarifa de datos ilimitados que inclúe chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais.

    E poderás gozar automaticamente das vantaxes da tecnoloxía 5G alí onde xa teñamos lista a despregadura e sempre que o teu teléfono sexa compatible.

    Unificas facturas de fibra e móbil e aforras un pouquiño.

    Ver ofertas de fibra + móbil en Silleda

    Contrata ou cambia a fibra MAX en Silleda

    Aínda non es cliente/a de R? Consulta a nosa web ou chámanos para coñecer con detalle que ofrece fibra MAX.

    Es cliente/a? Poñerémonos en contacto contigo cando a rede estea dispoñible na túa zona para instalarche os novos equipos. Sen ningún custo adicional para ti.

    Cobertura de fibra en Silleda

    Máis de 3.000 empresas e particulares de Silleda xa están a aproveitar as vantaxes da nosa fibra óptica ata o fogar (FTTH).

    Pero non paramos aí. Co obxectivo de ser o operador con máis cobertura propia na túa localidade, seguimos con tarefas de mellora continua.

    Silleda, riqueza natural e referente agrícola

    A Serra do Candán e os ríos Ulla e Deza definen os límites do Concello de Silleda, no centro da provincia de Pontevedra.

    Do seu rico patrimonio sobresae o Mosteiro de Carboeiro, do século XII. Dos seus arredores parte unha ruta de sendeirismo que te leva á Fervenza do Toxa, a máis grande de Galicia, cos seus 30 metros de altura de caída de auga.

    Nas parroquias de Silleda hai tamén numerosas igrexas representativas da arte románica, como as de Fiestras ou Abades, que forman parte da ruta da Románica na Vía da Prata.

    Reitorais de Silleda

    Silleda é tamén terra de pazos, casas grandes e reitorais. Mención especial merecen os de Trasfontao, Cascaxide, Sestelo e A Viña.

    A localidade é unha referencia do sector agrícola e gandeiro e acolle un dos eventos feirais máis importantes do sector: a Feira Internacional Semana Verde de Galicia.

    E con toda esta bagaxe natural e patrimonial, Silleda encara agora o futuro coa rede de fibra óptica máis moderna do mercado, a de R.

    Imaxe: Concello de Silleda.