A oitava cidade de Galicia está agora moito máis preto das súas irmás maiores xa que conta coa rede de fibra óptica máis avanzada do mercado. Se vives en Narón, estás a tempo de conseguir a mellor oferta de fibra e tarifas de móbil con xigas ilimitados de R.

Consultar cobertura de fibra en Narón

A mellor oferta de fibra de Narón, pensada para ti

Hai tantas formas de navegar como xente hai no mundo, pero sexan cales sexan as túas preferencias, R adáptase a ti: conexión cos mellores servidores de gaming, 10 xigas simétricos, cobertura de alta potencia e protocolos de alta seguridade... O que necesites, telo:

10 xigas simétricos: para que nos entendamos rapidamente, a nosa rede de fibra óptica é un coche de Fórmula 1 mentres que a doutras empresas é un cabalo. Coa mesma velocidade de subida e de descarga, a rede de R permite navegar ata catro veces máis rápido que as demais.

Cobertura wifi ampla e segura: non importa se estás conectado ao Router ou no soto da túa casa, poderás gozar da conexión wifi máis segura sen interferencias grazas á nosa tecnoloxía wifi 6.

O lag xa non será un problema: para obter a mellor experiencia de xogo tes que estar conectado á mellor rede de servidores de gaming, e a que non sabes quen o está? Exacto: R.

Ademais, se eres de navegar pouco e usar o teu ordenador para ver series porque a túa televisión non dá para máis... Dálle unha segunda vida co deco Android 4K, un aparello máxico que converterá calquera televisor nunha Smart TV de nova xeración con capacidade para reproducir series e películas das mellores plataformas de VoD.

Mereces xigas ilimitados

Se ademais contratas a túa tarifa de móbil con R poderás gozar de xigas ilimitados con tripla cobertura e 5G para que nunca che falte a conexión cando máis a necesites. Ademais, ao combinar todo nunha mesma factura, non só aforras papel: tamén consegues o mellor prezo.

Ver ofertas de fibra + móbil en Narón

Cámbiate ou contrata fibra e móbil en Narón

Obter os servizos de Fibra Max é tan sinxelo como chamar ao 900-055-031 ou visitar a nosa páxina web. De feito, se xa formas parte da familia R, chamarémoste sen custo. E, unha vez que esteamos en contacto, só tes que dicirnos a hora e o lugar e alí estaremos, cambiando o teu rúter e levándoche as novas tarxetas do móbil.

Tan rápido que nos daría tempo de ver unha película contigo no teu novo deco Android 4K, pero somos máis de series e para iso xa non nos chega o tempo.

Cobertura de fibra óptica en Narón

En Narón tes a maior rede de fibra óptica simétrica de alta velocidade, unha oferta complementada con televisión 4K e datos ilimitados. En concreto, máis de 15.000 fogares e comercios gozan xa da nosa rede de fibra ata o fogar (FTTH), un número reducido en comparación co noso maquiavélico plan de lles achegar o mellor servizo ao maior número de persoas posible.

Narón, da cidade-dormitorio a tesouro cultural

Narón foi durante a maior parte da súa historia unha vila rural cuxo desenvolvemento urbano foi explosivo ata ben entrado o século XX. Non é unha zona de grandes edificios medievais, nin atoparás nela obras barrocas moi importantes.

Non obstante, podes ver na sinxeleza das súas zonas rurais a Galicia máis salvaxe e no seu centro urbano o esforzo dunha cidade por embelecer os seus espazos. Chea de edificios colmea, imprégnase de monumentos a pé de rúa para lles dar calidez ás súas prazas e avenidas, o que tamén consegue polo seu esforzo en materia cultural: o seu Pazo da Cultura, un dos teatros máis importantes de Galicia súmase ao seu parque temático de Aldea Nova e a tantas outras opcións de ocio e de cultura para que teñas todo o que poidas imaxinar. Máis ou menos, coma a nova fibra R, así que non perdas ningunha das dúas.

Imaxe de: Concello de Narón