Os habitantes dos núcleos de Soutelo, Trasouto e Rúa Nova de Abaixo, no municipio pontevedrés de Bueu, xa dispoñen de accesos ultrarrápidos a internet de ata 500 megas simétricos e poden desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.
500 megas
O operador galego vén de rematar neste concello parte das tarefas de despregamento da súa rede de fibra óptica, aproveitando ao máximo as infraestruturas do lugar. Deste xeito, arredor de 114 novos fogares e negocios dos devanditos núcleos de Bueu quedaron xa preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas simétricos e televisión dixital multicanle de R. Cando tras o exercicio de 2021 se complete no marco do Plan Avanza o despregamento neste municipio da bisbarra do Morrazo, a localidade contará cun total dunhas 1625 novas residencias e empresas con conexión ás redes de nova xeración do operador galego.
A maiores, R leva anos investindo no despregamento de infraestruturas en Bueu, onde a día de hoxe xa dispoñen de cobertura das súas redes avanzadas outros 3009 fogares e empresas do municipio.
10 millóns de investimento e fondos europeos
Este e outros despregamentos na provincia de Pontevedra forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispuxeran de alta velocidade ata o momento (“zonas brancas”).
No desenvolvemento dos tres plans investiranse un total de 10M€, dos cales preto de 8M€ serán subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, o despregamento en Bueu encádrase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo). O investimento total neste caso é de 3,58M€, 2,86 deles subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. Un segundo proxecto fala igualmente do despregamento de banda ancha de nova xeración con tecnoloxía FTTH, desta volta en 154 núcleos de municipios do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo). Para estas actuacións, cun investimento total de 2,6M€ destinarase unha axuda dos fondos FEDER de 2,09M€. O terceiro dos proxectos adxudicados desenvólvese en 196 núcleos doutros municipios do suroeste de Galicia (Pontevedra). Os despregamentos nestas zonas suporán un investimento total de 3,75M€, cunha subvención dos fondos FEDER de máis de 3M€.
65.000 fogares e negocios conectados antes de 2021
Arredor de 32.000 novos fogares e negocios de Galicia quedarán conectados ás redes de nova xeración de R cando rematen as actuacións adxudicadas en 2018 ao operador galego polo Ministerio de Economía e Empresa. A estes traballos hai que unirlles as tarefas de extensión de redes avanzadas que R desenvolveu dende 2016 en virtude doutro concurso do Plan PEBA do Ministerio para igualmente achegarlles a tecnoloxía FTTH a diferentes “zonas brancas” da xeografía galega; en concreto, para conectar ás redes de nova xeración de R a outros 33.000 fogares e negocios, cuxos servizos están xa en fase de comercialización. E así, ao remate dos dous plans, antes de 2021, preto de 65.000 nuevas residencias particulares e empresas quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.
De feito, a día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, R ten chegado por vez primeira coas súas redes de nova xeración a núcleos das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade como Cuntis, Muros, Cerceda, Abegondo, Lourenzá, Barreiros, Palas de Rei, Monterroso, Ribadumia, Meaño, Combarro, Ponte Caldelas, Tomiño, Petín, Camariñas, Curtis, Ortigueira, Porto do Son, Pobra de Trives, Cariño, Boqueixón, Moraña, Guitiriz, O Rosal, Tomiño e Antas de Ulla.
Todas estas localidades poden desfrutar de accesos ultrarrápidos a internet de 500 megas simétricos con velocidade garantida, do desco Android 4k da televisión dixital de R e de pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira.
Así mesmo, as/os clientas/es de R poden aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a arredor de 130.000 puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. E todo isto, cunha atención ao/á cliente/a próxima, de calidade e sempre dende Galicia.
Imaxe de Concello de Bueu.