Os habitantes dos núcleos de Agros Atalaia e A Ponte Barbanza, no municipio coruñés da Pobra do Caramiñal, xa dispoñen de accesos ultrarrápidos a internet de ata 500 megas simétricos e poden desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións grazas ás redes de nova xeración de R.

Despregadura de rede

O operador galego vén de rematar alí outro treito das tarefas de despregadura da súa rede de fibra óptica, aproveitando ao máximo as infraestruturas dos lugares pobrenses. Tras as conexións de inmobles realizadas nesta zona durante o verán, arredor de 150 novos fogares e negocios dos devanditos núcleos quedaron recentemente preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de ata 500 megas simétricos e televisión dixital multicanle de R, e cando remate o plan falaremos de preto de 1.300 novas residencias particulares e empresas conectadas ás redes de última xeración do operador galego só no marco do Avanza.

A maiores, R leva moito tempo investindo na despregadura da súa infraestrutura na Pobra do Caramiñal, de maneira que a ese milleiro e un tercio de inmobles sumaranse outros 3.301 conectados ata a data a través doutras accións de desenvolvemento de rede, co que este concello da bisbarra do Barbanza chegará en 2022 á cifra de 4.601 fogares e negocios incluídos nas redes de nova xeración de R.

Máis conexións para A Pobra

A Pobra do Caramiñal é esencia mariñeira. Situada na comarca do Barbanza, as súas tradicionais bateas e praias tan populares como a de O Areal convértena nun atractivo turístico para veraneantes, fans das actividades náuticas e tamén para os amantes do bo comer.

Ademais de mar, A Pobra conta con paraísos naturais como as piscinas do Río Pedras ou o Paseo das Xunqueiras. E co espectacular miradoiro da Curota, que alberga unha estatua do xenial Valle-Inclán, un auténtico namorado desta terra, na que tamén ten un Museo propio.

E hoxe, ademais, A Pobra do Caramiñal dispón de máis núcleos conectados á fibra óptica de R.

10 millóns de investimento e fondos europeos

Esta e outras actuacións de extensión de rede na provincia da Coruña forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispuxesen de alta velocidade ata ese momento (“zonas brancas”).

No desenvolvemento dos tres plans investirase un total de 10M€, dos cales case 8M€ están a ser subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, esta última despregadura na Pobra do Caramiñal, nos núcleos de Agros Atalaia e A Ponte Barbanza, enmárcase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 162 núcleos de concellos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo); o investimento total neste caso é de 3,58M€.

Un segundo proxecto fala igualmente do despregamento de banda larga de nova xeración con tecnoloxía FTTH, desta volta en 154 núcleos de concellos do noroeste de Galicia (A Coruña, norte de Pontevedra e oeste de Lugo), cun investimento total de 2,6M€.

O terceiro dos proxectos adxudicados desenvólvese en 196 núcleos de concellos do suroeste de Galicia (Pontevedra), traballos que nestas zonas suporán un investimento de 3,75M€.

Máis de 60.000 fogares e negocios conectados

Preto de 30.000 novos fogares e negocios de Galicia quedarán conectados ás redes de nova xeración de R cando terminen as actuacións adxudicadas en 2018. A estes traballos hai que lles sumar as tarefas de extensión de redes avanzadas que desenvolveu R dende 2016 en virtude do outro concurso do Plan PEBA do Ministerio para lles achegar tamén a tecnoloxía FTTH a diferentes “zonas brancas” da xeografía galega; en concreto, para conectar 33.000 fogares e negocios, cuxos servizos están xa en fase de comercialización.

Deste xeito, cando finalicen os dous plans, máis de 60.000 novas residencias particulares e empresas quedarán preparadas para recibir os servizos avanzados de R.

A día de hoxe, só no marco do Plan Avanza, R ten chegado por vez primeira coas súas redes de nova xeración a núcleos de poboación das catro provincias galegas que nunca dispuxeran de alta velocidade nos municipios do Rosal, Monterroso, Palas de Rei, Boqueixón, Porto do Son, Curtis, Cuntis, Meaño, Mos, Pobra de Trives, Petín, Barreiros, Lourenzá, Ortigueira, Cariño, Camariñas, Muros, Cerceda, Antas de Ulla, Moraña, Guitiriz, Tomiño, Abegondo, Ribadumia, Combarro, Muxía, Valga, Vilaboa y Ponte Caldelas.

Todas estas localidades poden gozar agora de accesos ultrarrápidos a Internet de 500 megas simétricos con velocidade garantida, do decodificador Android 4k da televisión dixital de R e de pura alta definición co servizo rebobina, para ver a tele como e cando se queira.

Así mesmo, as/os clientas/es de R poden aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse gratuitamente a arredor de 130.000 puntos da rede wificlientes R diseminados pola xeografía galega. E todo isto, cunha atención ao/á cliente/a próxima, de calidade e sempre dende Galicia.

Imaxe de Concello de A Pobra do Caramiñal: porto de A Pobra do Caramiñal.