A fibra máis rápida do mercado chegou ao corazón da Ribeira Sacra e de Galicia. Se vives en Chantada, xa podes gozar das vantaxes de fibra MAX de R, co que tes preto de ti unha rede de internet con velocidade simétrica (a mesma de subida que de descarga), ideal para teletraballar, para ver contidos en streaming ou para o teu negocio.

Consultar cobertura de fibra en Chantada

Como é a oferta de fibra MAX en Chantada

A nosa rede de fibra é a máis rápida e moderna e elevará a túa casa á máxima potencia. Ofréceche maior velocidade, mellor cobertura e máis capacidade de navegación con varios dispositivos conectados. E tamén podes gozar dos teus contidos favoritos de Prime Video ou Netflix.

Contámosche as súas vantaxes:

  • Máis velocidade e cobertura. Onde está o router? Aínda que o perdas de vista, navegarás a pleno rendemento co noso sistema wifi 6.
  • Ata 10Gb de velocidade de internet. Como 4 veces máis rápida que outras fibras e, ademais, coa mesma velocidade de subida e de baixada. Os nosos clientes particulares xa están a gozar de 1Gb, pero esta fibra está preparada para alcanzar os 10 Gb (medicións reais).
  • Seguridade. Porque WPA3 é o protocolo inalámbrico máis seguro do mercado.
  • Sen lag nin retardos. Despídete dos problemas de latencia ou ping grazas á nosa conexión aos mellores servidores de gaming e a plataformas como twitch.
  • Deco Android 4K incluído. O noso decodificador permíteche converter a túa pantalla nunha Smart TV e acceder ás mellores plataformas de streaming en calidade 4K. Ou descargar aplicacións, xa que conta con sistema operativo Android.

  • Teléfono móbil con cobertura 5G en Chantada

    Contrata tamén o teu móbil con R e goza da mellor tarifa de datos ilimitados, que inclúe chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais.

    E con cobertura 5G. Poderás gozar automaticamente das súas vantaxes sempre que o teu teléfono sexa compatible e alí onde xa teñamos listo o despregamento. Hoxe, xa poden gozar desta tecnoloxía máis do 70% dos/as galegos/as.

    Así unificas as túas facturas de fibra e móbil e aforras un pouquiño.

    Ver ofertas de fibra + móbil en Chantada

    Queres contratar ou cambiar a fibra en Chantada?

    Se xa es cliente/a, chamarémoste en canto a rede estea dispoñible na túa zona para concertar cita contigo e acudir ao teu domicilio para cambiarche os equipos. Sen ningún custo adicional para ti.

    No caso de que aínda non sexas cliente de R, podes botar un ollo á nosa web ou chamarnos para coñecer as vantaxes das nosas ofertas de fibra e móbil.

    Cobertura de fibra en Chantada

    Máis de 3.000 empresas e particulares de Chantada xa usan a nosa fibra óptica ata o fogar (FTTH).

    Queremos ser o operador con máis cobertura propia na túa localidade e chegar a cada recuncho de Galicia, así que seguimos cos nosos traballos de mellora e ampliación da rede. Manterémoste informado/a :)

    Chantada, entre montañas, ríos e vides

    Chantada está situada no centro de Galicia, en plena Ribeira Sacra lucense, rodeada de montañas e ríos.

    Entre o seu abundante Patrimonio Histórico Artístico destacan as mostras de arte románica.

    Un paseo pola súa zona antiga descóbrenos antigos soportes e vivendas tradicionais, cos seus balcóns de madeira e galerías, e edificios impoñentes como a Casona de Lemos.

    Un lugar habitual de paseo para os chantadinos e chantadinas é o Paseo Fluvial do Río Asma, co seu vello muíño restaurado, similar a aqueles aos que alude a popular "Muiñeira de Chantada". E, se queres saber como navegaban polo río tempo atrás, descubre os seus peculiares barcos: as dornas.

    Terra de viño

    Como toda a Ribeira Sacra, Chantada é terra de viño e a el dedícalle a súa famosa Feira do viño, que se celebra dende o ano 1983.

    Outra das súas celebracións máis importantes é o tradicional Folión de carros, unha mostra de etnografía popular cuxa orixe se remonta á Idade Media e que consiste en xugadas de bois e vacas tirando de carrozas mentres percorren diferentes rúas da localidade.

    Chantada é un enclave único, cunha ampla tradición e historia, que se apunta á modernización tecnolóxica apoiada na fibra MAX de R, a rede de fibra máis moderna do mercado.

    Imaxe: Concello de Chantada.