Dende os seus espectaculares miradoiros, Cedeira conta cunhas vistas difíciles de superar. E o mesmo xustamente acontece coas vantaxes da rede de fibra máis moderna do mercado que R está a despregar por cada recuncho de Galicia e que agora chegan a Cedeira.

Se vives en Cedeira, non perdas nin un detalle da nosa oferta de fibra MAX.

Consultar cobertura de fibra en Cedeira

Como é a oferta de fibra de R en Cedeira

  • Ata 10Gb de velocidade de internet. Así que multiplicamos por catro a velocidade doutras fibras. Actualmente, os/as nosos/as usuarios/as particulares xa gozan de 1Gb e a nosa intención é alcanzar os 10GB. E, ademais, que sexan simétricos, coa mesma velocidade de subida e de baixada.
  • Melloramos velocidade e cobertura. O noso sistema wifi 6 permíteche navegar a pleno rendemento aínda que te afastaras do router.
  • Con total seguridade. A nosa rede de fibra usa o protocolo sen fíos máis seguro do mercado: WPA3.
  • Nin retardos nin lag. Conectámonos aos mellores servidores de gaming e a plataformas como twitch para evitar problemas de latencia ou ping.
  • Con deco Android 4K incluído. O noso decodificador permíteche converter a túa tele nunha Smart TV e acceder ás mellores plataformas de streaming en calidade 4K. Grazas ao seu sistema operativo Android, tamén podes descargar as túas aplicacións favoritas.

  • Engádelle á fibra de R tarifas de móbil con datos ilimitados

    Sabes que tamén podes contratar o teu móbil con R e gozar dunha tarifa de datos ilimitados que inclúe chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais?

    O mellor complemento para a túa rede de fibra. Reúnes nunha mesma factura os teus consumos de fixo e móbil e sempre aforras un pouquiño.

    Por certo, coa nosa tarifa de móbil dispós automaticamente de cobertura 5G alí onde xa teñamos listo o despregamento e sempre que o teu teléfono sexa compatible.

    Ver ofertas de fibra + móbil en Cedeira

    Contrata ou cambia a fibra MAX en Cedeira

    Se es gamer, poderás xogar en liña sen retardos. Se es un "seriéfilo/a" ou "cinéfilo/a", gozarás dos teus contidos favoritos de Netflix ou Prime Video en altísima calidade. E, para navegar por internet, máis velocidade, seguridade e cobertura.

    Este é só un pequeno resumo así que, se aínda non es cliente/a de R e queres saber máis, consulta a nosa web ou chámanos para coñecer todas as vantaxes de fibra MAX.

    Es cliente/a? Poñerémonos nós en contacto contigo cando a rede estea dispoñible na túa zona para achegarnos ao teu domicilio e instalarche os novos equipos. Sen ningún custo adicional para ti.

    Cobertura de fibra en Cedeira

    Máis de 3.500 empresas e particulares de Cedeira xa están a aproveitar as vantaxes da nosa fibra óptica ata o fogar (FTTH).

    Pero o noso obxectivo é ser o operador con máis cobertura propia na túa localidade, así que seguimos con tarefas de mellora continua para que cada vez máis cedeirenses dispoñan da mellor fibra do mercado.

    Cedeira, enclave único de mar e lendas

    Cedeira, localidade mariñeira situada en plena costa Ártabra, é terra de lendas e cantís de vertixe.

    Na parte este da localidade, e en plena Serra da Capelada, sobre os cantís, está San Andrés de Teixido. Un lugar de peregrinación cargado de maxia e mitoloxía: "A Santo André de Teixido vai de morto quen non foi de vivo".

    E os cantís de Herbeira, cunha elevación de 620 metros sobre o nivel do mar e un desnivel que rolda o 80%, son os máis altos en mar aberto da Europa continental.

    No Concello de Cedeira poden contemplarse tamén algunhas das máis fermosas panorámicas de Galicia dende os seus espectaculares miradoiros, como o de San Fiz de Esteiro, o de Robaleira ou o de Punta Candieira.

    Praias, faros e roteiros en Cedeira

    En Cedeira tampouco faltan as boas praias e calas. Na contorna urbana está a máis grande e coñecida: a Praia da Magdalena. Preto do porto, a Praia de Area Longa.

    Ademais, a costa de Cedeira atópase custodiada por tres impoñentes faros: Punta Candieira, Robaleira e Punta Sarridal.

    Cedeira conta cun bo número de rutas para todos os gustos. Se che gusta a praia, o Paseo da Magdalena ou o Paseo Marítimo; para descubrir máis sobre a historia da localidade, o Paseo da Robaleira, visitando antigas fábricas de salgadura. E sempre podes dar unha volta polo seu centro histórico para coñecer o Barrio de Crónicas.

    Vaias por onde vaias, Cedeira cheira a mar, a tradición e tamén a modernización. Agora dá un paso máis cara a transformación tecnolóxica da man de R e a súa rede ultrarrápida de fibra.

    Imaxe: Turismo de Galicia.