A Guarda, o municipio máis meridional da provincia de Pontevedra, está situada xusto na desembocadura do rio Miño. E tamén ata esta localidade galega en plena costa atlántica do sur pontevedrés, chega fibra MAX de R, a rede de fibra máis moderna do mercado, coa que podes navegar a máis velocidade, con maior cobertura e seguridade, e ver os contidos das túas pelis e series favoritas en calidade 4K.
Coñece as vantaxes de fibra MAX e das nosas tarifas de móbil de R.
A mellor oferta de fibra na Guarda
Sabemos que no mercado hai moitas fibras, pero a nosa fibra MAX apunta moi alto.
• Maior velocidade e cobertura: fibra MAX está preparada para chegar aos 10 Gbps de velocidade de internet. De momento, os nosos/as usuarios/as particulares xa dispoñen de 1 Gb simétrico, coa mesma velocidade de subida e de baixada.
• Máis seguridade: o protocolo sen fíos WPA3 ocúpase de coidar a seguridade; e o sistema wifi 6 universal selecciona de maneira intelixente a banda con mellor calidade en cada momento para que navegues sempre coma se estiveses á beira do router.
• Sen latencias nin retardos: para minimizar problemas de retardos, latencia ou ping, conectámonos aos mellores servidores e plataformas de gaming.
• Contidos en calidade 4K: sabías que a nosa oferta de fibra inclúe un deco Android 4K? Así podes converter a túa pantalla nunha Smart TV e gozar en calidade 4K dos contidos de plataformas como Netflix, DAZN ou Disney+. Ou acceder a rebobina e descargar aplicacións.
Contrata fibra e móbil na Guarda
E se reúnes nunha mesma factura os teus consumos de fibra e móbil?
Podes completar a túa oferta de fibra coas nosas tarifas de móbil. Temos para todos os gustos e necesidades: unha tarifa de datos ilimitados con chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais ou tarifas con 10 Gb ou con 30 Gb, abondos para un/a usuario/a medio/a.
Con todas elas terás cobertura móbil 5G, sempre que o teléfono sexa compatible, alí onde xa teñamos completada a despregadura desta tecnoloxía.
Cambiar ou contratar fibra e móbil de R na Guarda
Se xa es cliente/a, chamarémoste nós para concertar cita en canto a rede fibra MAX de R estea dispoñible na túa zona. Acudiremos ao teu domicilio para instalarche, sen ningún custo adicional, os novos equipos.
Se aínda non es cliente/a, podes chamarnos ou consultar toda a información sobre fibra MAX na nosa web.
Cobertura de fibra na Guarda
Xa hai unhas 2.700 empresas e particulares da Guarda que gozan das vantaxes da nosa fibra óptica ata o fogar (FTTH).
Pero os nosos traballos de mellora da rede non paran. Queremos consolidarnos como o operador con máis cobertura propia na túa localidade e chegar cada vez a máis veciños/as.
A Guarda, referente da cultura castrexa
A Guarda é unha localidade situada ao sur da provincia de Pontevedra e á que só o río Miño separa do veciño Portugal.
Un dos lugares máis representativos da Guarda é o Monte Trega, cun xacemento arqueolóxico considerado un dos exemplos de cultura castrexa–romana máis importantes do Noroeste peninsular.
Outro referente é o seu porto pesqueiro. Nel podes atopar casas típicas mariñeiras, de gran colorido, e dous monumentos emblemáticos: "Monumento al marinero", realizado por José Antúñez Pousa en 1991; e "Monumento al marinero desaparecido", obra do escultor Magín Picallo.
Na desembocadura do Miño
Por outra banda, o Estuario do Miño, alí onde desemboca o noso río máis senlleiro, é un dos humidais máis importantes da Península.
E nesta privilexiada contorna natural localízanse praias moi concorridas: O Muíño, A Lamiña, A Armona e O Codesal.
Tampouco podemos esquecernos do seu patrimonio inmaterial. Mención especial para o fala dos cabaqueiros de Salcidos, utilizada polos telleiros/as do Baixo Miño.
Dende a súa posición estratéxica, con Santa Trega e o Miño como veciños ilustres, A Guarda asómase ao futuro e dá arestora un bo chimpo cara á modernización tecnolóxica grazas á rede de fibra máis moderna do mercado, que chega da man de R.
Fonte imaxe cabeceira: Turismo de A Guarda.