Agosto é un mes especial para Foz porque celebra as festas patronais de San Lorenzo. O día grande das festas de San Lourenzo de Foz 2025 é o domingo 10 de agosto, cando teñen lugar os fogos. O programa das festas de San Lourenzo de Foz 2025, do 8 ao 11 de agosto, inclúe ademais verbenas e orquestras que che contamos aquí.
Programa das festas de San Lourenzo en Foz 2025
Aínda que durante todo o mes de agosto hai unha chea de actividades para que goces da tempada estival na localidade da Mariña lucense, o programa das festas de San Lourenzo en Foz 2025 arrinca co pregón o venres 8 de agosto e finaliza o luns 11 de agosto.
Entre as actividades das festas patronais de San Lourenzo en Foz destacan o pregón, as verbenas nocturnas coas orquestras na explanada portuaria e o grande espectáculo pirotécnico de fogos artificiais que se lanzan a madrugada do 10 ao 11 de agosto no Paseo de Laredo - A Rapadoira.
É que o 10 de agosto é o día grande as festas, que é o día de San Lourenzo.
Consulta aquí o programa das festas de San Lourenzo Foz 2025, do 8 ao 11 de agosto. Repasamos as principais actividades destas Festas de Interese Turístico de Galicia.
Venres, 8 de agosto
- 20:30 h. Praza Rosalía de Castro: pregón a cargo do escritor e periodista Juan Carlos Fernández Pulpeiro. A continuación, actuación do grupo Toxo Guayaba.
- 22:30 h. Explanada portuaria: verbena coa orquestra Salsarena e disco Infinity.
Sábado, 9 de agosto
- 12:00 h. Campo de fútbol Martínez Otero: Trofeo Vila de Foz, encontro Cultural Leonesa e o CD Foz.
- 14:00 h. Explanada portuaria: Sesión vermú coa orquestra Suavecito.
- 22:30 h. Explanada portuaria: verbena coa orquestra Suavecito e grupo Clan Zero.
Domingo, 10 de agosto
- 12:00 h. Igrexa parroquial: Misa e procesión acompañada da ACF A Subela de Foz.
- 14:00 h. Explanada portuaria: Sesión vermú coa orquesta Sinfonía.
- 21:00 h. Praza Conde de Fontao: concerto do grupo Nostalgia de Vigo.
- 23:59 h. Paseo de Laredo - A Rapadoira: espectáculo de fogos artificiais.
- A continuación, Explanada portuaria: verbena coa orquestra Sinfonía e Costa Dorada.
Luns, 11 de agosto
- 22:30 h. Explanada portuaria: verbena co grupo Arizona.
Outras festas de Foz
As patronais son, sen dúbida, unhas das festas de Foz máis especiais, pero hai máis.
Sen ir máis lonxe, o mesmo mes de agosto celébrase a Festa Normanda Foz 2025, do 28 ao 31 de agosto.
Famoso é tamén o Entroido de Foz e as Festas do Carme; de feito, o 16 de xullo é festivo local 2025 en Foz.
Pero agora toca gozar das festas de San Lourenzo en Foz 2025, do 8 ao 11 de agosto.
Fonte imaxe de cabeceira: Turismo de Galicia