Cando xa se sente a primavera e as vacacións de Semana Santa están á volta da esquina, comezan a aparecer as primeiras festas do ano. Unha das máis madrugadoras son as Festas de San Lázaro 2025 en Santiago de Compostela, que se celebran do 4 ao 7 de abril, nas que conflúen o aspecto relixioso e o aspecto gastronómico.
O barrio compostelán de San Lázaro vive sempre as súas festas o quinto domingo de Coresma, tamén coñecido como o "Domingo de Lázaro", apenas dúas semanas antes de Semana Santa, que este ano é o 6 de abril.
Nas Festas de San Lázaro honrase a quen era considerado o mellor amigo de Xesús e que, segundo a tradición cristiá, resucitou despois de estar varios días morto. A estas festas acoden os devotos do santo para rezar por todo tipo de enfermidades da pel, pero tamén os que queran gozar dunha xornada de festa gastronómica, xa que se celebra a Festa da Uña San Lázaro 2025.
Programa das Festas de San Lázaro 2025

O barrio compostelán de San Lázaro énchese de ambiente festivo e ofrece a posibilidade de comer un dos manxares da zona, as famosas uñas de porco. As Festas de San Lázaro 2025 de Santiago de Compostela teñen unha programación para todos os gustos.
Como se fixo o ano pasado, a festa xa comeza o venres, que este ano cadra o 4 de abril, cunha degustación de uñas no Centro Comercial As Cancelas e co pregón das festas, que este ano recae na alcaldesa, Goretti Sanmartín. E todo acompañado de música en vivo.
E dado o éxito de fai un ano, a SD Compostela agasallará, durante a fin de semana do 4 ao 6 de abril, cunha entrada gratuíta para o partido ante o Salamanca do domingo 6 a todos aqueles que consuman uñas nos locais que figuran no programa.
Este é o programa das Festas de San Lázaro 2025 de Santiago de Compostela e a Festa da Uña:
Venres, 4 de abril
- 22:00 h.: Inauguración da Festa da Uña San Lázaro 2025 co pregón da alcaldesa, Goretti Sanmartín, e ao seu remate música en vivo e degustación de uñas.
Sábado, 5 de abril
- 09:00 h.: Alborada cos Gaiteiros Os Enxebres de San Lázaro.
- 11:00 h.: Pasarrúas coa charanga Fanfarria Furruxa.
- 14:00 h.: Sesión vermú co Grupo Fusión.
- 19:30 h.: Misa solemne.
- 22:00 h.: Verbena amenizada polo Grupo Fusión e pola orquestra París de Noia.
Domingo, 6 de abril
- 09:00 h.: Alborada cos Gaiteiros Os Enxebres de San Lázaro.
- 11:00 h.: Pasarrúas coa charanga BB+
- 12:00 h.: Misa solemne e procesión (misas ás 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00 e 19:00 h).
- 14:00 h.: Sesión vermú coa charanga BB+.
- 22:00 h.: Verbena amenizada pola orquestra Cayena.
Luns, 7 de abril
-
11:00 h.: Misa solemne
-
11:35 h.: Poxa das uñas.
-
13:30 h.: Concerto da Banda Municipal de Música de Santiago.
-
22:00 h.: Preverbena amenizada por Disco Móvil.
-
23:00 h.: Verbena amenizada pola orquestra Olympus.
A Festa da Uña San Lázaro 2025

Centos de veciños e de veciñas reúnense cada ano durante os días de festa, este ano dende o venres 4 ata o luns 7 de abril, nos restaurantes de todo o barrio de San Lázaro, na entrada norte de Santiago de Compostela, para degustar o prato tradicional da Festa da Uña San Lázaro 2025.
O prato que se serve son as famosas uñas, as patas do porco, que se acompañan con repolos e case sempre con chourizo e patacas cocidas. Este prato é tradicional na zona e a festa é unha das máis antigas da capital galega.
A Festa da Uña adícase cada ano a unha figura coñecida do barrio, unha forma de agradecer á vecindade a súa exemplar convivencia. Este ano as Festas de San Lázaro de Santiago de Compostela están adicadas á memoria dos veciños do barrio que foron subastadores de uñas no pasado: Ramón Taboada Viña, José Antonio Mosquera Fernández e Juan Carlos López Rey.
Onde comer as Uñas de San Lázaro

Para poder saborear o prato tradicionais da uña, durante as festas, dende o venres 4 de abril ao luns 7 de abril, ademais da carpa colocada xunto á igrexa, uns 25 restaurantes do barrio de San Lázaro e de toda a cidade ofrecerano dun xeito especial nas súas cartas.
Ademais, todos aqueles que se coman as uñas durante as Festas de San Lázaro 2025 terán este ano un agasallo especial. O equipo de fútbol da cidade, a SD Compostela, entregará entre os días 4 e 6 de abril a todas as persoas que consuman uñas nos locais adheridos á festa unha entrada para o partido do equipo ante o Salamanca, que terá lugar no Estadio Vero Boquete, o domingo, 6 de abril.
Esta é a lista de restaurantes do barrio de San Lázaro nos que se pode comer o prato especial das festas, uñas con repolo, patacas e chourizo, dende o venres 4 de abril ata o luns 7 de abril:
- Pulpería Guerra: o domingo e o luns na carpa da igrexa.
- A Casa da Viña: de venres a luns ao mediodía e venres e sábado tamén pola noite.
- A Grella: de venres a luns ao mediodía e pola noite.
- A Taberna de San Lázaro.
- Doña Ana: venres, sábado e luns, de 12:30 a 17:00 e de 20:30 a 00:00 horas. O domingo, de 12:30 a 17:00 horas.
- Hostal San Lázaro.
- Kilómetro 4: sábado, domingo e luns.
- La Bodeguilla de San Lázaro: venres, sábado, domingo e luns, de 13.00 a 16.00 e de 20.00 a 23.00 h.
- A Finca: sábado e luns de 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 23:00 h. O venres só por encargo.
- Mesón de Lázaro.
- Mol Bar: sábado, domingo e luns.
- O Afiador: venres, sábado, domingo e luns.
- O Muiñeiro: venres, sábado, domingo e luns.
- O Tangueiro: domingo e luns, de 13.00 a 17.00 h e de 20.00 a 23.30 h.
- Pedra Santa: venres, sábado, luns e martes, de 13:00 a 16:00 horas e de 21:00 a 23:00 horas.
No resto da cidade de Santiago tamén se poden comer as uñas do santo nos seguintes restaurantes, onde tamén se repartirán entradas gratuítas para o partido da SD Compostela:
- A Calzada: menú baixo encarga venres, sábado, domingo e luns, de 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 23:00 h.
- Ruta Xacobea: venres, sábado, domingo e luns, de 13:00 a 17:00 e de 20:00 a 00:00 horas.
- Sabugueira: sábado, domingo, luns (en horario de xantar e cea).
- Taberna da Feira: venres, sábado, domingo e luns, de 12:30 a 16:00 e de 20:00 a 00:00 horas.
- Don Quijote: venres, sábado, domingo e luns, de 12:00 a 16:00 e de 20:00 a 23:30 h.
- O Bo Xantar: venres, sábado, domingo e luns, de 13.00 a 16.00 h e de 21.00 a 23.30 h.
- A Nave de Vidán: sábado, de 13.00 a 16.00 h e de 21.00 a 12.00 h. Domingo e luns, de 13:00 a 16:30 e de 20:00 a 22:30 horas.
- Paz Nogueira: venres, sábado, domingo (pechado domingo pola noite). Recoméndase reservar previamente.
- Redes: previa solicitude o venres, sábados, domingo e luns ao mediodía.
Así son as Festas de San Lázaro 2025 en Santiago de Compostela do 4 ao 7 de abril.
Fonte imaxe de cabeceira: Turismo de Santiago de Compostela