Concertos gratuítos, actividades infantís e grandes verbenas coas mellores orquestras de Galicia. Así son as Festas de Verán en Ferrol 2024. Este ano entre o 17 e o 31 de agosto a cidade departamental énchese de actividades lúdicas, musicais e culturais para todos os públicos.
Programa de Festas de Ferrol 2024
O Concello de Ferrol xa presentou toda a programación das Festas de Verán 2024, coas actuacións e cos concertos xa confirmados para todas as festas.
Este ano as datas das Festas de Ferrol 2024 serán dende o sábado 17 ata o sábado 31 de agosto, día de San Ramón.
Estes son os concertos, actuacións e principais actos das Festas de Ferrol 2024. Toma nota de todo.
Sábado, 17 de agosto
- 19:30 h: Pregón dende o Pazo Municipal.
- 20:00 h: Concerto da Cadena 100 cos grupos Depol, Melocos, Paula Mattheus e David Otero. Praza Maior.
Domingo, 18 de agosto
- 22:00 h: Concerto do grupo toledano Veintiuno na Praza de Armas.
Luns, 19 de agosto
- 22:00 h: Carlos Baute en concerto na Praza de Armas.
Martes, 20 de agosto
- 21:00 h: Concerto de La Decada Prodigiosa e Metropop na Praza de Armas.
Mércores, 21 de agosto
- 22:00 h: Na Praza de Armas, Fillas de Cassandra en concerto.
Xoves, 22 de agosto
- 20:00 h: La Indirigible na rúa Magdalena.
- 22:00 h: Concerto do artista sevillano Beret na Praza de Armas.
Venres, 23 de agosto
- 22:00 h: Concerto do cantante arxentino Coti na Praza de Armas.
Sábado, 24 de agosto
- 20:00 h: Ángel Habana na rúa Fonte da Greza.
- 22:00 h: Na Praza de Armas, concerto de Abraham Mateo.
Domingo, 25 de agosto
- 22:30 h: Espectáculo "Dique" de Nova Galega Danza.
Luns, 26 de agosto
- 20:00 h: Concerto de bandas locais de Ferrol dos locais de ensaio: La Calle del 23, Badulaque, Better Cans e Ferrock Keeners. Na Praza Maior.
Martes, 27 de agosto
- 20:00 h: Tania na rúa Dolores.
- 22:00 h: O cantante Israel Fernández ofrece un concerto na Praza de Armas.
Mércores, 28 de agosto
- 19:30 h: Na Praza de Armas, Festa das Rondallas.
Xoves, 29 de agosto
- 00:00 h: Espectáculo musical da orquestra Paris de Noia en Caranza.
Venres, 30 de agosto
- 20:00 h: En Canido, Festival Rock con actuacións de O'Funk'illo, Polisöng, Julie's Joplin e Pablo Leira. Na praza de Fernando Miramontes.
Sábado, 31 de agosto
- 00:00 h: Fogos artificiais de Amboages e espectáculo de drons no porto de Ferrol.
- 00:20 h: Concerto da orquestra Origen no porto de Ferrol.
Se queres ter toda a información sobre as actividades de verán de Ferrol, co programa de festas e dos concertos, podes descargala aquí:
Programa de festa para os máis pequenos
Os máis pequenos da familia non son menos nas Festas de Ferrol 2024. O Concello ten actividades especiais para que o paseden ben e desfruteden destas festas.
O xoves 22 de agosto ás 12:30 horas terá lugar unha actuación musical especialmente dirixida aos máis pequenos no parque Reina Sofía e o xoves 29, no mesmo parque, ás 21:30 horas haberá unha sesión de cine ao aire libre.
Finalmente, o sábado 31 de agosto, a avenida de Esteiro servirá de escenario para unha festa infantil de fin de verán con inchables, espuma e un pequeno circuíto de karts, entre outras actividades, a partir das 16:30 horas.
Ferrol, máis aló das festas do verán
Se aproveitas o cartel das festas para achegarte a Ferrol, non dubides en coñecelo máis aló da programación de actuacións e de concertos. Ferrol ofrece moito máis: praias espectaculares, un centro histórico do século XVIII, moita historia naval e xente marabillosa.
Se queres coñecer Ferrol non podes perder o barrio da Magdalena, famoso polas súas rúas empedradas e as súas casas coloridas. Declarado Conxunto Histórico-Artístico, é a orixe das típicas casas galegas con galerías. Entre as súas rúas estreitas atoparás a Igrexa de San Julián, unha impresionante xoia arquitectónica que domina a paisaxe urbana.
O Castelo de San Felipe é a construción máis importante da cidade. Xunto co Castelo da Palma (situado en fronte) e o desaparecido castelo de San Martiño formaron o coñecido triángulo de lume. Antigamente, ambos os dous castelos estaban unidos por unha cadea que impedía o paso dos barcos inimigos.
Outra xoia de Ferrol é o Cuartel de Dolores, que é o cuartel máis antigo de España e está declarado Ben de Interese Cultural. Na actualidade é a base do Terzo Norte da Infantería de Mariña e dende 1771 acolle a tropas da infantería de mariña española.
Ferrol, paraíso natural cheo de praias
E para os amantes da natureza, as praias de Ferrol e da súa comarca son das máis espectaculares de toda Galicia. Un paraíso natural que non debes perder.
Doniños é a praia máis coñecida e espectacular de Ferrol. Ten unha extensión de case 2 quilómetros e sitúase nunha contorna seminatural de dunas e de vexetación atlántica.
Santa Comba é unha impresionante praia de area branca salpicada polo que parecen grans negros, pero en realidade é magnetita, un mineral derivado do ferro que abunda nesta zona. Ao seu carón hai un pequeno illote deserto cunha ermida románica dedicada a santa Comba.
San Xurxo é a praia máis longa de Ferrol, con máis de 2 quilómetros de lonxitude. A praia está rodeada por un impresionante sistema dunar. A praia de Esmelle está separada da praia de San Xurxo polo río O Xuncal e esténdese por 300 metros adicionais de area dourada e é un lugar ideal para practicar deportes acuáticos como o surf.
Agardamos que despois de ver a programación das festas e despois de ler as impresionantes xoias arquitectónicas e naturais de Ferrol que acabamos de enumerar, non dubidedes en pasar pola cidade departamental e gozar dela. Merece a pena.
Imaxe cabeceira: Facebook Concello Ferrol.