A xeografía galega está chea de festas gastronómicas de todo tipo. Pero no concello pontevedrés de Arbo celébrase unha festa para enxalzar a un dos animais máis antigos da Terra: a lamprea. A última fin de semana de abril, este ano entre o 26 e o 28 de abril, celébrase a Festa da Lamprea en Arbo 2024.

A Festa da Lamprea ten lugar todos os anos no concello pontevedrés de Arbo. Este manxar forma parte da gastronomía tradicional desta vila. Dende a época romana, a vecindade de Arbo leva pescando este curioso animal no río Miño mediante un método de pesca antiquísimo.


Programa da Festa da Lamprea de Arbo 2024

Programa de la Fiesta de la Lamprea de Arbo 2024
Imaxe: Festa da Lamprea

Aínda que os días da Festa da Lamprea de Arbo 2024 son do venres 26 de abril ao domingo 28 de abril, o domingo anterior, o 21 de abril, xa comezan a quentar coa “Gala da Lamprea”.

Contámosche en detalle o programa da Festa da Lamprea de Arbo 2024, que publica o Concello de Arbo:

Domingo 21 de abril

  • 18:00 h.: Gala da Lamprea, no Centro Multiusos de Arbo coa actuación de Antonio Barros.

Venres 26 de abril

  • 17:30 h.: Inauguración oficial de Arbomostra 2024.
  • 18:00 – 00:00 h.: Visitas a Arbomostra.
  • 18:00 h.: Pasarrúas da charanga Noroeste.
  • 20:00 h.: Actuación do grupo Prysma na carpa da Arbomostra.
  • Pola noite: orquestra Paris de Noya na praza do Consistorio e a orquestra Miramar na rúa Luís Cubelas.

Sábado 27 de abril

  • 11:00 – 00:00 h.: Visitas a Arbomostra.
  • 11:00 h.: Pasarrúas da Banda de Música Municipal de Arbo.
  • 12:00 h.: Concerto na praza do Consistorio a cargo da Banda Municipal de Música de Arbo.
  • 12:30 h.: Recepción de autoridades na Casa do Concello.
  • 13:00 h.: Pregón.
  • 13:30 h.: Interpretación de himnos a cargo da Banda de Música Municipal de Arbo na praza do Concello.
  • 13:30 h.: Actuación do grupo A banda do sequío na carpa da Arbomostra.
  • 15:00 h.: Xantar da lamprea.
  • 17:00 h.: Pasarrúas da charanga Cantos Somos.
  • 20:00 h.: Actuación do grupo Mel de Meigas, na carpa da Arbomostra.
  • Pola noite: orquestra Olympus na praza do Consistorio e orquestra Capitol na rúa Luis Cubelas.

Domingo 28 de abril

  • 11:00 – 22:00 h.: Visitas a Arbomostra.
  • 11:30 h.: Pasarrúas da charanga Encerellados.
  • 12:00 h.: Pasarrúas da Banda de Gaitas da A.C. A Barca de Loimi.
  • 13:00 h.: Actuación do grupo folclórico A.C. A Barca de Loimil, na praza do Consistorio.
  • 13:30 h.: Actuación do grupo O Son das Tabernas, na carpa da Arbomostra.
  • 17:00 h.: Pasarrúas da banda de música Encerellados.
  • 18:30 h.: Actuación do grupo Tonichi e Pacheco, na carpa da Arbomostra.
  • Pola noite: orquestra Assia na praza do Consistorio e orquestra Charleston na rúa Luis Cubelas.

Para ir á Festa da Lamprea en Arbo 2024 podes coller o autobús gratuíto "LampreBus", que percorre diferentes zonas e barrios do municipio, ademais dos concellos de Crecente, Cañiza e As Neves, dende o 26 ata o 28 de madrugada.

Arbomostra: feira agroindustrial e artesanal

Arbomostra 2024 Festa Lamprea Arbo
Imaxe: Festa da Lamprea

Paralelamente á Festa da Lamprea 2024, e xa van 26 anos, o Concello de Arbo organiza a “Feira agroindustrial e artesanal da comarca de Condado-Paradanta”, máis coñecida como a Arbomostra, aberta os mesmos días que a festa gastronómica.

A Arbomostra leva uns anos situada na praza do Mercado e baixo a súa carpa de 3.000 metros cadrados buscou promocionar e enxalzar os produtos gastronómicos e enolóxicos do concello e da zona.

Na actualidade, Arbomostra conta con casetas de artesanía tradicional galega (zoqueiros, redeiros, cesteiros,...), unha ampla e variada programación cultural, casetas de degustación de lamprea ou viños de adegas con Denominación de Orixe Rías Baixas.

Historia da Festa da Lamprea de Arbo

En Arbo son pioneiros en enxalzar a comida da nosa terra. A pesar das moitas festas gastronómicas que temos ao longo da nosa xeografía, a súa Festa da Lamprea é a festa culinaria máis antiga de toda Galicia.

Temos que remontarnos ao 16 de abril de 1961 para asistir á primeira Festa da Lamprea de Arbo. Foi organizado por unha comisión denominada “Pro Homenaxe á Lamprea”, formada por veciños e veciñas, funcionarios e restauradores de Arbo.

O que impulsou á vecindade de Arbo a organizar esta festa foi homenaxear á lamprea a través dunha xornada festiva onde se recoñecese a antiga e inmemorial riqueza que o río Miño achegaba á vila, é dicir, á lamprea.

A idea inicial tamén buscaba vender os marabillosos viños que se elaboraban na zona. E en 1965 a festa foi declarada “Festa de Interese Turístico Nacional”.


A lamprea, un maxar milenario

Lamprea en Arbo
Imaxe: Concello de Arbo

A lamprea é un peixe azul que vive nas profundidades do mar, aínda que vai ao río todos os anos para reproducirse. Son coñecidos por ser peixes prehistóricos cuxa orixe se remonta a 500 millóns de anos e non evolucionaron practicamente nada.

A lamprea en Arbo é tradición e institución. Ata tal punto que forma parte do escudo e da bandeira do concello.

O sabor, a cor e a textura da lamprea que se atopa a estas alturas do río Miño é degustada cada ano por milleiros de persoas. E non é para menos.

Para os que nunca probaron a lamprea de Arbo, hai que explicarlles que se trata dun peixe de sabor potente e forte, e que a mellor época para degustala é de xaneiro a abril.

A que se recomenda probar é a que se prepara nunha especie de guiso, coñecido como “á arbense”, cocida no seu propio sangue. E se sodes un pouco escurridiños, non vos preocupedes, a lamprea tamén se pode comer de moitas outras formas: en empanda, guisada con fideos, rechea de ovo e xamón, asada ou á prancha...

Con todo este programa e variedade de actividades xa non tes escusa para visitar a Festa da Lamprea en Arbo 2024 a última fin de semana de abril. E se es dos que nunca probaches a lamprea, seguro que repetirás.

Fonte imaxe de cabeceira: Festa da Lamprea