Se buscas en Internet as cousas imprescindibles para coñecer ben Santiago, sempre haberá unha que te mandará ir comer o polbo nas festas da Ascensión de Santiago 2025 na Alameda, do 28 de maio ao 1 de xuño. Aínda que as festas máis coñecidas da capital de Galicia son as do Apóstolo, as festas da Ascensión poden considerarse as festas por excelencia para os que queiran vivir o verdadeiro Santiago. Contámosche todo o programa das festas da Ascensión en Santiago 2025 para que non perdas detalle.

Programa das festas da Ascensión Santiago 2025

Fiestas Ascensión Santiago 2025
Imaxe: Concello de Santiago de Compostela

As festas da Ascensión de Santiago de Compostela 2025 comezan sempre o día anterior á Ascensión, é dicir, comezan sempre un mércores, e prolónganse ata o domingo. O gran día é o xoves 29 , que é o día da Ascensión en Santiago de Compostela, festivo local 2025. Aínda que todos os días hai un programa variado para divertir e entreter a toda a familia.

Aquí debaixo podes descargar o programa das festas da Ascensión de Santiago 2025, do 28 de maio ao 1 de xuño. que publica o Concello de Santiago.

As atraccións estarán abertas na Alameda dende o 17 de maio ao 3 de xuño.

Noria en las fiestas de la Ascensión de Santiago de Compostela
Imaxe: Concello de Santiago

Mércores, 28 de maio

  • 21:00 h. Praza da Quintana: concerto Santiago 40 pop: Actuación de Depol, Ruslana, Adexe & Nau, La Beba, Malva, Javi Chapela, Awi e Leria.

Xoves, 29 de maio

  • 10:00 - 14:30 h. No Mercado Nacional de Gando de Santiago (Amio) a Feira Cabalar da Ascensión: ás 13:10 h. terá lugar o grande espectáculo ecuestre de doma.

  • 10:00 - 12:00 h. Alborada a cargo da A. C. Devagariño.

  • 12:00 h. Praza da Quintana: concerto Do parque de Belvís á Casa da Parra da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela y OCT Ultreia.

  • 12:30 h. Praza de Mazarelos: Babaluva presenta o seu espectáculo A filla do Cacharulo.

  • 12:30 h. Comparsa de Cabezudos: rúa Nova, praza das Praterías, Fonseca, rúa do Franco, praza do Toural, rúa Nova, Caldeirería, Praza de Abastos, praza de Cervantes, Santo Agostiño, rúa Travesa, Casas Reais, Preguntoiro, Fonte Sequelo e rúa Nova.

  • 18:00 - 20:00 h. Folk na rúa: na praza de Santo Agostiño, praza Toural, praza Obradoiro, praza de Cervantes e praza Praterías.

  • 20:30 h. Auditorio de Galicia: espectáculo Máis Alá realizado pola Real Filhamonía de Galicia. Venda de entradas na Zona C na praza de Cervantes.

  • 21:00 h. Praza da Quintana: concerto das Tanxugueiras.

  • 21:30 h. Cantos de taberna: actuacións dos Estalotes, Coro Castrosúa e @s do 8M na rúa de San Pedro, no Barrio de Sar e en Basquiños.

  • 22:00 h. Alameda: Orquestra Marbella.

  • 22:45 h. Cantos de taberna: actuacións dos Estalotes, Coro Castrosúa e @s do 8M na rúa de San Pedro, no Barrio de Sar e en Basquiños.

Venres, 30 de maio

  • 10:00 - 12:00 h. Alborada a cargo da A.C. Pana Raiada.

  • 20:30 h. Alameda: XLVIII Torneo da chave.

  • 20:30 h. Praza da Quintana: Compost Fest, con concertos de Grande Amore, Helena Ejea e Howlin’Jaws.

  • 22:00 h. Alameda: Orquestra Salsarena.

Sábado, 31 de maio

  • 10:00 - 12:00 h. Alborada a cargo da A.C. Grupo Novo Río Sarela.

  • 11:00 - 20:00 h. Outlet Área Central: Fastlife Expomotor, con exposición de vehículos clásicos e contemporáneos.

  • 12:00 Escolas de baile tradicional: actuacións durante todo o día na praza de Santo Agostiño, praza de Cervantes, praza do Toural, praza do Obradoiro, praza da Quintana e rúa da Travesa.

  • 13:00 h. Parque de Belvís: Romaría das Flores: Ás 13:00 h. actuación de Ulex, 14.30 h. de Tona, 16.30 h. de Yeli Yeli (Cádiz), 18:00 h. de De Ninghures, 19.30 h. de Alvilda (Francia), 21:00 h. de The Peawees (Italia) e ás 22:00 h. de Wanda Buluba Dj.

  • 14:00 Recinto Feiral de Amio: Festa para as personas maiores co almorzo seguido de actuación musical a cargo do Grupo Alma Latina e de Ruth Cundins.

  • 15.30 h. Parque de Belvís: Romaría das Flores: Actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona. Con Xogos Miudiño e zona gastronómica.

  • 17:00 h. Alameda: XLVIII Torneo da chave: Finais.

  • 20:00 h. Cantos de Taberna en varios locais que podes consultar no programa.

  • 20:30 h. Auditorio de Galicia: Lolita Flores, espectáculo de Poncia (Teatro). Venda de entradas na Zona C (praza de Cervantes).

  • 22:00 h. Alameda: Orquestra Arizona.

  • 22:00 h. Praza da Quintana: concerto de Queralt Lahoz.

Domingo, 1 de xuño

  • 10:00 h. XXIV Carreira da Ascensión do Club Ciclista Compostela: saída e meta na avenida de Xoán Carlos I.

  • 10:00 - 12:00 h. Alborada a cargo de A.C. Xirandaina.

  • 12:00 h. Praza da Quintana: Do Museo do Pobo Galego á Casa das Crechas. Concerto da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela e Ailá.

  • 19:00 h. Praza de Mazarelos: CIRCO Sen Patrón.

  • 20:30 Praza da Quintana: Concerto de Guadi Galego.

Bo tempo garantido

Fiesta de los mayores en la Ascensión de Santiago
Imaxe: Concello de Santiago

Xa o di o refrán: "Tres xoves locen máis que o sol, Xoves Santo, Corpus Christi e a Ascensión".

Co bo tempo asegurado "por gracia divina", o plan para todos os que queiran gozar destas festas é pasear pola alameda compostelá e polas súas atraccións, comer o polbo, ver a feira do gando e, sobre todo, ver os cabezudos bailar.

Os cabezudos das festas da Ascensión de Santiago

Non hai maior espectáculo das festas da Ascensión de Santiago de Compostela que ver bailar os cabezudos. Quen son? Pois uns personaxes que saen todos os días da festa polas rúas da zona vella de Santiago e que fan as delicias da rapazada, e de toda a xente en xeral, cos seus bailes e saúdos.

Os cabezudos son toda unha institución na capital de Galicia. Pero dende cando?, quen son os seus personaxes?

Os cabezudos da Ascensión: unha tradición do século XIX

Cabezudos fiestas Ascensión Santiago de Compostela praza Praterías

A historia dos cabezudos de Santiago remóntase ao século XIX, exactamente ao ano 1879. A comparsa foi creada polo Concello de Santiago para "rivalizar" cos xigantes, que eran do Cabido compostelán e que tamén saían durante as festas.

A tradición sufriu un parón de varios anos. Na década dos 70 do século pasado saíron outros personaxes para animar a festa, pero non eran os “autóctonos” da cidade. Nos anos 80, grazas á proposta do bailarín e concelleiro Antonio López, decidiuse recuperalos para as festas santiaguesas.

Volveron cos traxes e cabezas orixinais, que foron recreados grazas a fotos antigas, para que se asemellasen aos primeiros. E os personaxes xa son coñecidos por todos: son, entre outros, o alcalde e a alcaldesa, quen encabezan a comitiva, os paxes negros ou a Manola. Personaxes que simbolizaban figuras populares do Santiago de antano.

Goza das festas da Ascensión de Santiago de Compostela 2024, do 28 de maio ao 12 de xuño.

Fonte imaxe de cabeceira: Turismo de Galicia