As extensións para un navegador veñen sendo o mesmo que as apps ao móbil. Ferramentas que tunean o teu Chrome ou Firefox cunha chea de funcións que enriquecen a forma na que te moves por internet. E hai un mundo: enviar artigos ao teu Kindle, engadir á túa listaxe de desexos de Amazon produtos que vas atopando ou chatear cos teus amigos mentres vedes o mesmo capítulo en Netflix.

Non queremos que agora enchas o teu navegador de extensións, pero si que aproveites estes días de volta á rutina para probar as que máis che entren polos ollos e, de paso, cóntasnos que che pareceron. Cambiaranche a vida!

Botón do pánico e aparencia

  • PanicButton. Oculta do tirón todas as pestanas que estás a ver e as recuperas máis tarde. Se o teu xefe ou os rexoubeiros da casa pasan por detrás do teu escritorio, pulsa o botón. Para Chrome e Firefox.
  • OneTab. Se es dos que ten mil xanelas abertas, con esta extensión accedes a todas elas, ordenadas nunha listaxe, a través dun só botón. Aforras ata un 95% de memoria. En Chrome e Firefox.
  • Dark Reader. Pon o teu navegador en modo escuro. Se usas Chrome ou Firefox.

Non perdas ningunha ligazón

  • Pocket. Cantas veces atopas o smartphone que querías en R ou ves algunha páxina interesante e a mandas por correo ou WhatsApp para non perder a súa pista. Con Pocket gardas ligazóns para lelas máis tarde en calquera dos teus dispositivos, mesmo sen conexión a internet. Telo para Chrome e Firefox.
  • Extensiones para tu navegador: Pocket
  • Pushbullet. Similar a Pocket, engade a opción de compartir ligazóns, notificacións ou ficheiros entre os teus dispositivos. Ideal para ver o que pasa no teu móbil dende o PC. Para Chrome e Firefox.
  • Google Keep. Coñécelo do móbil, pero tamén o podes ter no ordenador. Garda texto, imaxes ou ligazóns e sincronízaos con todos os teus dispositivos. Para Chrome.
  • Send to Kindle. Envías ao teu Kindle os artigos que atopes interesantes para ler noutro momento, como este 😉. Para Chrome. A alternativa para Firefox é Push to Kindle.

Amazon e comparador de prezos

  • Amazon Assistant. Móstrache as ofertas do día, compara produtos ou garda artigos de calquera web na túa lista de desexos. Para Chrome e Firefox.
  • Avast SafePrice. Compara prezos e atopa ofertas para ti do produto que buscas. Moi útil para planificar viaxes, reservar hoteis... Dispoñible en Chrome e Firefox.

Netflix, YouTube e anti spoilers

  • Teleparty. Como o seu nome indica, proponche ir de festa en Netflix. Podes ver cos teus amigos a distancia o mesmo capítulo ou peli e comentalo en directo a través do chat que ofrece. Haino en Chrome e en Firefox.
  • Extensiones para tu navegador: Teleparty
  • Unspoiler. Cantas veces abres unha noticia sobre unha serie e cha destripan... Esta extensión xera alertas anti espóiler. Só tes que escribir na barra do navegador o contido que non queres que che “espoileen” e a extensión lanzarache o aviso. Para Chrome e Firefox.
  • Two Captions for YouTube & Netflix. Mostra os subtítulos en dous idiomas en Youtube e Netflix. Telo en Chrome, para Firefox a alternativa é Fleex.
  • Language Learning with Netflix. Outra extensión interesante para aprender idiomas mentres ves Netflix: subtítulos en dous idiomas e dicionario emerxente. Atopámola en Chrome.

Descarga vídeo e música de Spotify

  • Video DownloadHelper. Descarga no ordenador os vídeos que atopes mentres navegas. Para Chrome e Firefox.
  • DZR Music Downloader - saver for Spotify. Se che gusta moito unha canción e queres gardala no teu PC. Descarga temazos dende Spotify, Deezer ou Soundcloud. Atopámola en Chrome.
  • Skyload. Tamén podes descargar vídeos que teñas visto nas redes sociais con esta extensión. Dispoñible para Chrome.
  • Extensiones para tu navegador: Skyload

Inclasificable e marabilloso, para terminar despedímonos co Traductor de Google (Chrome). Farache a vida moi fácil.

Esperamos que che sexan de utilidade! E para o que necesites, aquí estamos.