Noticias de TV
Que ver na tele?: estreas de televisión en xullo 2025
No verán as estreas non se van de vacacións nas canles da televisión que che ofrecemos en R. Xullo está cheo de grandes series e películas. Furia, a nova serie protagonizada por Candela Peña, Carmen Machi, Nathalie Poza, Cecilia Roth e Pilar Castro, chega a HBO Max. En SkyShowtime, destacan dúas estreas: a oscarizada película Wicked e a segunda entrega da serie Poker Face. E en Warner TV, moita acción con Tokyo Vice.