O entroido máis longo de Galicia, e de Europa, celébrase en Xinzo. É que o Entroido de Xinzo 2026 comeza o 24 de xaneiro e esténdese durante cinco domingos ata o 22 de febreiro. Contámosche todo o que necesitas saber sobre o Entroido en Xinzo: datas, programa, o desfile do martes de Entroido, as pantallas e moito máis.
O Entroido de Xinzo é unha Festa de Interese Turístico Internacional e forma parte do chamado "Triángulo Máxico", xunto co Entroido de Verín e o Entroido de Laza.
Programa do Entroido de Xinzo 2026

Cando se celebra o Entroido de Xinzo de 2026? Como che diciamos ten lugar do sábado 24 de xaneiro ao domingo 22 de febreiro.
A primeira data que debes apuntar na túa axenda carnavalesca de Xinzo é o sábado 24 de xaneiro. Esa medianoite celébrase o tradicional Petardazo que dá a benvida ao Entroido 2026.
Ao día seguinte, o domingo 25, festéxase o Domingo Faraleiro coa fariña como protagonista.
E iso é só o inicio, a seguinte fin de semana, a do 31 de xaneiro e 1 de febreiro, celébrase o Colgamento do Meco e o Domingo Oleiro.
Unha semana despois ten lugar o Sábado e o Domingo Corredoiro, para dar paso ao Entroido e ao Enterro da Sardiña.
A despedida das festas festéxase co Domingo de Piñata o 22 de febreiro.
Resumimos aquí debaixo as datas do Entroido de Xinzo 2026 e no botón podes descargar todo o programa do Entroido de Xinzo 2026:
Sábado, 24 de xaneiro
-
Petardazo
Domingo, 25 de xaneiro
-
Domingo Faraleiro
Sábado, 31 de xaneiro
-
Colgamento do Meco
Domingo, 1 de febreiro
-
Domingo Oleiro
Sábado, 7 de febreiro
-
Sábado de Corredoiro
Domingo, 8 de febreiro
-
Domingo de Corredoiro
Venres 13 a martes 17 de febreiro
-
Entroido de Xinzo
Mércores, 18 de febreiro
-
Enterro da Sardiña
Sábado, 21 de febreiro
-
Sábado de Piñata
Domingo, 22 de febreiro
-
Domingo de Piñata
A continuación, contámosche o programa do Entroido de Xinzo 2026 coas actividades de cada unha destas datas sinalas.
Entroido de Xinzo 2026: Petardazo e Domingo Faraleiro
O Entroido de Xinzo 2026 arrinca o sábado 24 de xaneiro co tradicional Petardazo a medianoite dende a praza Carlos Casares. O reloxo da praza encárgase de marcar a conta atrás para o arranque da festa.
E ao día seguinte, o 25 de xaneiro, celébrase o Domingo Fareleiro. A fariña é a protagonista dunha xornada que deixa Xinzo tinguido de branco. É un costume que se vincula a ritos purificadores, de fecundidade e de bendición do campo.
Só debes respectar unhas normas básicas: non tirar fariña aos ollos, coches ou tendas.
Sábado, 24 de xaneiro: Petardazo
-
21:00 h. Praza Carlos Casares: Orquestra Origen.
-
23:00 h. Praza Carlos Casares: Henrey Méndez en concerto.
-
00:00 h. Praza Carlos Casares: Petardazo que dáa benvida ao Entroido de Xinzo 2026.
-
00:30 h. Pasarrúas con Xituma Batuke.
-
00:45 h. Praza Maior: Disco móbil Apocalipsis.
-
01:15 h. Pasarrúas coa charanga Achicoria.
-
02:15 h. Pasarrúas con Xituma Batuke.
Domingo, 25 de xaneiro: Domingo Faraleiro
-
16:30 h. Museo Galego do Entroido: saída do carro coa fariña.
-
17:00 h. Praza Maior: reparto de fariña e inicio da farelada.
Entroido de Xinzo 2026: Colgamento do Meco e Domingo Oleiro
O Colgamento do Meco celébrase o sábado, 31 de xaneiro.
O Meco percorrerá a zona vella de Xinzo, dende o Museo Galego do Entroido, acompañado da súa comitiva, da que forman parte, entre outros, o "Touro do Entroido", os "Gordos" ou os "Homes de Palla". As vestimentas deste singular desfile son, principalmente, traxes tradicionais, con especial presenza de zocos de madeira. O Meco vai rodeado de "fachóns".
O seu destino final é a Praza Maior, onde será colgado e permanecerá ata o final do Entroido.
O Meco do Entroido de Xinzo está feito de palla a imaxe de semellanza de... Pois depende do ano, aínda que sempre será dalgún personaxe de actualidade.
E ao día seguinte, o 1 de febreiro, celébrase o Domingo Oleiro. Debe o seu nome ao costume de pasarse olas de confeti, fariña ou auga entre os asistentes. Ao que se lle rompa a ola, tócalle convidar a unha rolda no bar. Celébrase na Praza Maior de Xinzo de Limia.
Sábado, 31 de xaneiro: Colgamento do Meco
-
19:30 h. Praza de Oriente: dará comezo a procesión do Meco ata a Praza Maior, Percorrido: Rúa Galicia, Rúa da Sé, Rúa Santa Mariña, Rúa do Peto, Avda. de Ourense e remata na Praza Maior.
-
21:00 h. Praza Maior: Concerto The Tetas' Van.
-
22:00 h. Praza Maior: Os D'Abaixo.
Domingo, 1 de febreiro: Domingo Oleiro
-
Durante todo o día polas rúas e prazas de Xinzo: animación dos grupos A Requinta da Laxeira, Tarde Piaches, Lirolaio, Os da Pedra Alta, Aimil Folck e Os Galos de Antioquia.
-
12:30 h. Museo do Entroido: Saída do Carro das Olas.
-
13:00 h. Praza Maior: Oleiro Infantil con pasarrúas con A Requinta da Laxeira e grupos locais.
-
16:00 h. Museo do Entroido: Saída do Carro das Olas acompañado por A Requinta da Laxeira e polo Coro Aimil.
-
16:30 h. Praza Maior: Oleiro polas rúas do Casco Vello.
Entroido de Xinzo 2026: Sábado e Domingo Corredoiro
O Sábado Corredoiro, o 22 de febreiro, é unha xornada de esencia feminina; as mulleres reúnense en celebracións por todo Xinzo e os homes vístense de mulleres.
Ao día seguinte, o 8 de febreiro, celébrase o Domingo Corredoiro. É o momento das tradicionais Pantallas, a imaxe máis recoñecida do Entroido de Xinzo. Será a partir das 12:00 horas da mañá. Cos seus bailes, saltos e alegría enchen de ambiente as rúas de Xinzo.
Sábado, 7 de febreiro: Sábado Corredoiro
-
20:00 h. Praza San Roque: Festival Novas Músicas con Isma B b2b Alex Vigo, Skarmenta b2b Eyra, Jay Rodric b2b Jackloops e 9noa.
-
21:15 h. Pasarrúas de Bloco Trifulka (Batucada).
-
22:00 h. Pasarrúas de Armando Jarana.
-
23:00 h. Pasarrúas de Sound Band.
-
00:00 h. Pasarrúas de Bloco Trifulka (Batucada).
-
00:00 h. Pasarrúas de Armando Jarana.
-
01:00 h. Pasarrúas de Sound Band.
-
02:00 h. Pasarrúas de Armando Jarana.
Domingo, 8 de febreiro: Domingo Corredoiro
-
12:00 h. Museo Galego do Entroido: reunión de Pantallas e de grupos de Pantallas para ir á Praza Maior, pasando pola rúa Dous de Maio e pola Avenida de Madrid.
-
12:00 h. Pasarrúas de Sound Band.
-
13:00 h. Pasarrúas de Armando Jarana.
-
14:00 h. Pasarrúas de Sound Band.
-
18:00 h. Pasarrúas de Sound Band.
-
19:00 h. Pasarrúas de Armando Jarana.
-
20:00 h. Pasarrúas de Sound Band.
-
21:00 h. Pasarrúas de Armando Jarana.
Entroido de Xinzo 2026: Entroido, desfile e Enterro da Sardiña

O groso do Entroido de Xinzo 2026 arrinca o venres 13 de febreiro, co desfile infantil.
A festa continúa durante toda a fin de semana, con concertos, verbenas e charangas, ata chegar a unha das datas destacadas: o Martes de Entroido, o 17 de febreiro, co gran desfile do Entroido de Xinzo 2026 con carrozas e comparsas. Ese día é festivo local en Xinzo de Limia.
Xa o 18 de febreiro tócalle a quenda ao Enterro da Sardiña, tras a procesión e lectura do seu testamento, como manda a tradición.
Bispos, viúvas, sancristáns e demais personaxes carnavalescos integran o singular funeral, que inclúe a lectura de coplas satíricas.
Consulta aquí o programa por días:
Venres, 13 de febreiro: Venres de Entroido
-
11:30 h. Gran Desfile infantil, con animación e charangas. Percorrido: Avda. de Madrid (cruzamento San Sebastián), Avda. de Ourense, Rúa Marcelo Macías con final no CEIP Carlos Casares. Acompañados das charangas: A Felga, Tatoo, CLK, Bandiños Band e Achicoria.
-
18:00 h. Praza Maior: Festa de animación infantil.
-
21:00 h. II Festa Glam coa actuación estelar de Locomía.
-
23:30 h. Bloco Trifulka Batucada.
-
22:00 h. Charanga La Nota.
-
23:00 h. Charanga Élite.
-
00:00 h. Charanga La Nota.
-
01:00 h. Charanga Élite.
Sábado, 14 de febreiro: Sábado de Entroido
-
18:00 h. Praza Maior: Festival da Canción Humorística do Entroido 2026.
-
12:00 h. Charanga La Nota.
-
14:00 h. Charanga Élite.
-
18:00 h. Charanga Élite.
-
19:00 h. Charanga Los Fugitivos.
-
20:00 h. Charanga Patalea.
-
21:00 h. Charanga Élite.
-
22:00 h. Charanga Achicoria.
-
23:00 h. Charanga Los Fugitivos / Charanga Louband.
-
00:00 h. Charanga Achicoria / Charanga Patalea.
-
01:00 h. Charanga Los Fugitivos.
-
01:00 h. Charanga Louband.
-
02:00 h. Charanga Patalea.
Domingo, 15 de febreiro: Domingo de Entroido
-
Pola mañá: Pasarrúas coa Charanga Patalea, Achicoria e Animación Brassdas.
-
13:00 h. Praza Maior: Concerto estático Charanga BB+.
-
Pola tarde: Pasarrúas coa Charanga Patalea, Achicoria e Animación Brassdas.
-
19:00 h. Praza de San Roque: Orquestra Miramar.
-
22:00 h. Praza Maior: La Duendeneta.
-
Pola noite: Pasarrúas coa Charanga Fugitivos, BB+, Animación Brassdas e Achicoria.
Luns, 16 de febreiro: Lunes de Entroido
-
Pola mañá: Pasarrúascon BB+, Brass Dass e Achicoria.
-
13:00 h. Praza Maior: Sesión Vermú con La Duendeneta.
-
18:00 h. Praza Maior: Animación Infantil.
-
01:00 h. Praza Maior: Concerto con Festicultores Troupe.
-
Pola noite: Pasarrúas con Brass Dass, BB+, BCB, Bloco Trifulka, Achicoria e Stacazzo.
Martes, 17 de febreiro: Desfile do Entroido de Xinzo 2026
-
Durante todo o día: Charanga Bandiños Band, BCB e Grupo Stacazzo.
-
17:00 h. Gran Desfile do Entroido de Xinzo 2026. Animado polas charangas: Nova Trives, A Felga, Bandiños Band e CLK.
-
19:00 h. Praza San Roque: Grupo M3.
Mércores, 18 de febreiro: Enterro da Sardiña
-
20:00 h. Procesión da Sardiña coa Agrupación Musical da Limia. Percorrido: Praza Maior, San Roque, Toural, Dous de Maio, Avda. Madrid, Avda. Ourense, Praza Maior.
-
21:45 h. Praza Maior: Testamento da Sardiña.
-
22:30 h. Praza Carlos Casares: Queima da Sardiña.
Entroido de Xinzo 2026: Sábado e Domingo de Piñata
O último domingo de celebración de entroido en Xinzo é o Domingo de Piñata, o día 22 de febreiro.
Para que os máis pequenos tamén se despidan ao grande do Entroido de Xinzo, colócanse piñatas repletas de doces e lambetadas.
Sábado, 21 de febreiro: Sábado de Piñata
-
18:30 h. Praza Maior: Xogo da Cucaña
-
20:00 h. Praza Maior: Baile de Mascaritas e Capuchóns, con animación do Dúo Élite.
Domingo, 22 de febreiro: Domingo de Piñata
-
Durante todo o día: Pasarrúas de Pacharanga Sound Leon e Charanga BCB
-
17:00 h. Praza Maior: Festa da Piñata.
-
19:00 h. Actuación da Orquestra Compostela
-
19:30 h. Entrega de premios do desfile Entroido 2026.
-
21:00 h. Praza Maior: Descolgamento do Meco.
Acábase a festa e é hora de aparcar, ata o ano seguinte, a transgresión e a xolda que caracteriza este entroido de gran tradición e historia.
Historia do Entroido de Xinzo de Limia

Non se sabe cando naceu exactamente o Entroido de Xinzo, pero si é seguro que o fixo fai centos de anos.
O Entroido de Xinzo é unha festa de orixe ancestral.
As teorías máis populares apuntan a que a súa orixe estaría en ritos agrícolas e gandeiros da época prerromana ou en tradicións celtas, pola súa mestura de simbolismo relixioso, xudicial e social.
O Entroido de Xinzo é unha festa popular para a que a localidade se prepara durante todo o ano. E moitos deses esforzos dedícanse ao vestiario, un dos seus elementos máis típicos e coñecidos.
Pantallas do Entroido de Xinzo
A Pantalla é o disfrace típico do Entroido de Xinzo.
Como visten as Pantallas? Calzóns brancos longos, camisa branca, capa vermella (ou negra) con multitude de cintas de cores, faixa á cintura, pano no pescozo, luvas brancas, polainas negras con cintas vermellas e zapatos negros.
Non pode faltar o cinto de cascabeis, utilizado para emitir o son característico do Entroido de Xinzo.
Como toque final, a careta de Pantalla, unha máscara rural feita con cartón duro, papeis de xornal e feltro de sombreiro clásico. A base de cola, fariña e auga tépeda moldéase unha cara que lembra á dun demo encarnado amable, ao que lle sae un corno da parte traseira da cabeza que debuxa símbolos animais ou astrais.
Todo o disfrace está elaborado de forma artesanal.
E un imprescindible: dúas vexigas de vaca que, secas e infladas, son os utensilios utilizados para "incordiar" a todos aqueles con quenes se cruzan as Pantallas. As súas vítimas favoritas: persoas sen disfrace. Perseguiranas para que se unan á festa. E, se as cazan, tocaralles pagar unha rolda nalgún bar próximo.
Non hai mellores gardiás e recrutadoras de festeiros/as para o Entroido de Xinzo que as Pantallas 😊.
Así que non te resistas e goza dun dos entroidos máis populares de Galicia.
Fonte imaxe cabeceira: Cultura de Galicia.
