O Entroido de Ourense 2026, do 12 ao 18 de febreiro, vén cargado de actividades, entre as que destaca o desfile de comparsas e carrozas do domingo 15 de febreiro. Durante todas as festas hai actuacións de orquestras, charangas, concertos, DJ, os entroidos dos barrios e moita diversión ata o 18 de febreiro, día do Enterro da Sardiña. Consulta aquí todo o programa do Entroido de Ourense 2026, para informarte das datas e horarios de todas as actividades.

Programa Entroido Ourense 2026

Programa Carnaval Ourense 2026

Imaxe: Concello de Ourense

Ourense é a capital do Entroido de Galicia e iso nótase en cada recuncho. A cidade vive sete días de festa, disfraces, charangas, actuacións... que che contamos a continuación.

O programa do Entroido Ourense 2026 ten o seu día grande o domingo 15 de febreiro, cando se celebra o desfile de comparsas e carrozas, dende as 16:30 h, polas rúas da cidade.

Pero as festas de entroido de Ourense empezan xa o xoves 12 de febreiro coa animación de charangas e moitas actividades que se prolongan ata o mércores 18 de febreiro, día do Enterro da Sardiña.

Ademais, o martes 17 de febreiro é festivo local en Ourense 2026.

Consulta e descarga o programa do Entroido Ourense 2026, do 12 ao 18 de febreiro, para telo sempre a man e non perder nada durante estes días de entroido. Nel atoparás tamén as actividades do entroido dos barrios de Ourense: A Ponte, As Eiroás e Seixalbo:

Xoves, 12 de febreiro

  • 20:00 – 23:00 h. Centro histórico: Charanga Felga e Charanga Caliqueños.
  • 23:00 h. Praza de Santa Eufemia: DJ Pancho e DJ Gonzalo con Sesión 80’s.
  • 23:00 - 02:00 h. Centro Histórico: Charanga Tattoo e batucada Vilatuke.
  • 23:59 h. Praza Maior: Sesión DJ A Gramola con Leticia Sabater, Adri, Diego Mirón e Pablo Marques.

Venres, 13 de febreiro

  • 20:00 - 23:00 h. Centro histórico: Charanga Nova Terra de Trives e Charanga Tattoo.
  • 20:00 - 23:00 h. Praza Maior: Orquestra Origen.
  • 20:30 h. Praza Maior: saúdo do alcalde.
  • 22:00 - 01:00 h. Centro histórico: Charanga Alambique e Charanga Támega.
  • 00:00 - 03:00 h. Centro histórico: Charanga CLK e Batucada Vilatuke.
  • 00:30 h. Praza do Correxidor: Sesión DJ.
  • 01:00 h. Praza de Santa Eufemia: Banda Festicultores Troupe.

Sábado, 14 de febreiro

  • 12:00 - 15:00 h. Praza Maior: sesión vermú con Charanga Caliqueños.
  • 17:00 h. Praza Maior: maquillaxe e concerto infantil de Oviravai.
  • 18:00 - 21:00 h. Centro histórico: Charanga CLK e Charanga Bandiños Band.
  • 19:00 h. Praza de Santa Eufemia: actuación de Trío Somoza.
  • 21:00 - 00:00 h. Centro histórico: Charanga Nova Terra de Trives e Batucada PerQtores.
  • 21:00 h. Praza Maior: Grupo Los Coleguitas.
  • 23:00 h. Praza de Santa Eufemia: DJ Pancho e DJ Rocha.
  • 23:59 h. Praza Maior: Sesión DJ A Gramola con Alexis, Villi e Eric García.
  • 23:59 h. Rúa do Progreso: Orquestra Função Públika.
  • 23:30 - 02:30 h. Centro histórico: Charanga Alambique, Batucada Vilatuke e Charanga Brexit.
  • 00:30 h. Praza do Correxidor: sesión DJ.

Domingo, 15 de febreiro

  • 12:00 - 15:00 h. Praza Maior: sesión vermú coa Charanga BCB.
  • 16:30 h. Rúas de Ourense: Desfile de comparsas e carrozas Entroido Ourense 2026.
  • 18:00 h. Rúa do Progreso: Orquestra Kubo.
  • 20:00 h. Rúa do Progreso: entrega de premios do concurso de comparsas e carrozas.
  • 20:30 h. Rúa do Progreso: actuación de King África.

Luns, 16 de febreiro

  • 17:00 h. Praza Maior: maquillaxe e concierto infantil con Uxía Lambona.
  • 18:00 - 21:00 h. Centro histórico: Charanga Bandiños Band e Charanga CLK.
  • 19:00 h. Praza de Santa Eufemia: Grupo Los Coleguitas.
  • 21:00 - 00:00 h. Centro histórico: Charanga Brexit e Charanga Felga.
  • 21:00 h. Praza Maior: Charanga Támega.
  • 21:00 h. Praza de Santa Eufemia: Trío Somoza.
  • 23:00 h. Praza de Santa Eufemia: DJ Gonzalo e DJ Rocha.
  • 23:59 h. Rúa do Progreso: Sesión DJ A Gramola con Groove Amigos, Marcos Gramola e Jennifer Cach.
  • 23:59 h. Praza Maior: concerto da Orquesta Mondragón.
  • 23:30 - 02:30 h. Centro histórico: Charanga Europa, Batucada Tukupá, Charanga Dr. Anchoa e Charanga Sorcha.
  • 00:30 h. Praza do Correxidor: sesión DJ.

Martes, 17 de febreiro

  • 12:00 - 15:00 h. Praza Maior: sesión vermú coa Charanga Tattoo.
  • 17:00 h. Praza de Santa Eufemia: maquillaxe, concerto infantil de DJ Tibu e reparto de caramelos.
  • 17:30 - 19:00 h. Centro histórico: Charanga Caliqueños e Charanga Caña Aquí.
  • 18:30 h. Praza Maior e xardíns do Bispo Cesáreo: reparto de orellas de entroido.
  • 19:00 h. Rúa do Progreso: Orquestra París de Noia.

Mércores, 18 de febreiro

  • 20:00 h. Dende a Praza Maior ata o parque de San Lázaro: Enterro da Sardiña coa Charanga Felga e a Charanga Caña Aquí.

Entroido Ourense 2026: festas nos barrios

A esta cantidade de actividades do Entroido de Ourense 2026 hai que sumar os entroidos dos barrios.

Podes descargar a programación de cada un na ligazón de arriba e por aquí deixámosche as datas do entroido de Ourense 2026 nos barrios:

  • Entroido das Eiroás: 1, 6, 7, 8, 9, 14 e 17 de febreiro de 2026.
  • Entroido da Asociación Cultural Frei Canedo da Ponte: do 12 ao 16 de febreiro de 2026.
  • Entroido de Seixalbo: 8, 13, 15 e 17 de febreiro de 2026.

Máis Entroido en Ourense

Toda a provincia de Ourense celebra o entroido ao grande, queremos destacar os tres máis importantes, dos que atoparás toda a información nestas ligazóns:

Fonte imaxe de cabeceira: Concello de Ourense