Nun mundo onde todo está conectado e xira ao redor das TIC, o risco multiplícase e cómpre que a seguridade dos seus sistemas sexa prioritaria.
Para avanzar neste liña da coñecida Ciberseguridade, o vindeiro 19 de novembro preséntase en Santiago de Compostela o capítulo galego de ISMSForum, do que R forma parte, ademais de colaborar directamente co noso DPO. Aí están os nosos intereses coompartidos coa Asociación Española para o Fomento da Seguridade da Información, ISMS Forum Spain, unha organización sen ánimo de lucro fundada en xaneiro de 2007 para promover o desenvolvemento, coñecemento e a cultura da Seguridade da Información.
A ciberseguridade, unha prioridade para as empresas
A ciberseguridade é unha das principais preocupacións ás que terán que enfrontarse as empresas ao longo de 2020. Nalgúns estudos mesmo se sitúa o reto da seguridade cibernética na primeira posición por segundo ano consecutivo. Sobre todo no caso das pemes, pois son o foco dos ciberataques nun 81% dos casos. Por iso debemos protexer de modo eficiente todos os sistemas de información da empresa. A día de hoxe, a Ciberseguridade ten que ser unha prioridade para calquera entidade pública ou privada.
R, como divulgador activo e asesor das empresas nos seus procesos tecnolóxicos, quere atender esa necesidade de concienciar participando en xornadas, colaborando a través da cátedra R en ciberseguridade e asociándose, como é o caso de ISMSForum.
Un espazo de discusión e aprendizaxe
Por outra banda, a segunda edición das xornadas do Círculo de Empresarios de Galicia, baixo o título de “El Reto de la Sociedad Digital”, celébrase o 20 de novembro tamén en torno á temática da Ciberseguridade. O encontro, patrocinado por R e Abanca desenvolverase
en Vigo e contará coa participación de profesionais diversos deste campo.
En R queremos acompañar as empresas para analizar as potenciais vulnerabilidades e puntos débiles dos seus sistemas de información e comunicación e, sobre todo, propoñerlles medidas eficaces para que poidan protexerse dos ataques. Este é o grande obxectivo das nosas Solucións de Seguridade para a empresa.
¿queres asistir?
ISMS Forum, mércores, 19 de novembro en Santiago:
Inscrición presentación del Capítulo gallego de ISMS Forum Spain
Xornada Ciberseguridade, 20 de novembro en Vigo: