A primeira edición de Mundo Dixital analiza as novas regras e oportunidades que converten a transformación dixital nunha panca efectiva de competitividade, resiliencia e crecemento sostible.
A xornada "Novas regras, novas oportunidades" desenvolverase o xoves 12 de febreiro en formato híbrido, así que se pode asistir presencialmente na Sede do Círculo de Empresarios de Galicia ou sumarse á retransmisión en directo vía streaming.
O dixital xa non é unha capa engadida á empresa, senón a contorna na que se toman decisións, se compite e se constrúe crecemento. E que significa construír empresa no mundo dixital en 2026?
O encontro "Novas regras, novas oportunidades" ofrece unha lectura estratéxica e realista do novo escenario empresarial, onde a dixitalización impacta na estratexia, nos modelos de negocio, na organización, no talento e na relación con clientes e mercados. E faino nun contexto marcado polos datos, a conectividade, o cloud, a ciberseguridade e os novos modelos de traballo.
__________________________________________________________________________
PROGRAMA
09:30-09:45 h: Decidir no mundo dixital: por que xa non é suficiente con falar de tecnoloxía
Unha introdución para situar o cambio de enfoque: da dixitalización como proxecto á dixitalización como sistema permanente de decisións empresariais.
Participan:
- María Borrás, Círculo de Empresarios de Galicia
- Alfredo Ramos, director R
- José Manuel Nogueira, ABANCA
09:45 – 10:25 h: DECISIÓN 1
A quen deixamos decidir por nós?
Soberanía dixital e goberno de decisións automatizadas
Conversación estratéxica sobre a crecente delegación de decisións en automatización, datos e intelixencia artificial. O foco está no goberno empresarial de decisións que xa non pasan por persoas: onde se perde criterio, como se supervisan sistemas que deciden e que papel debe asumir a dirección ante procesos automatizados que condicionan resultados, clientes e operacións.
Un diálogo orientado a entender quen decide realmente hoxe na empresa, con que regras e baixo que nivel de control.
Participan:
- Francisco Cabarcos, Garrigues
10:25 – 11:05 h: DECISIÓN 2
Que riscos aceptamos como "normais"?
Ciberseguridade, continuidade e risco empresarial
Conversación centrada nos riscos dixitais que moitas organizacións normalizaron: interrupcións, brechas, dependencia tecnolóxica ou perda de confianza. O diálogo aborda a diferenza entre risco técnico e risco empresarial, e como elevar a xestión do risco dixital ao nivel de dirección e consello.
Participan:
- Juan González, Gradiant
- Pilar Vila, Forensic & Security
11:05 – 11:35 h Pausa café
11:35 – 12:15 h: DECISIÓN 3
Quen marca hoxe as regras do noso negocio?
Contido, plataformas e modelo dixital
Conversación estratéxica sobre como o ecosistema dixital condiciona as decisións clave de negocio: dende a creación e distribución de contido ata o deseño de produto, a relación coa audiencia e os modelos de crecemento e monetización. Ata que punto as empresas —dixitais e tradicionais— controlan realmente o seu modelo fronte a plataformas, algoritmos, datos e tecnoloxías externas, e que marxe existe para decidir con criterio propio nunha contorna cada vez máis intermediada?
Unha sesión orientada a identificar dependencias invisibles e reflexionar sobre como construír modelos dixitais sostibles e aliñados coa estratexia empresarial.
Participan:
- Fernando Gavela, BDM Cloud MasOrange
- Pablo Grandío, Quincemil y TeintaySeis
- Gervasio Varela, Redegal
12:15 – 12:55 h: DECISIÓN 4
Que decisións dixitais seguen pendentes en Galicia?
Empresa, institución e criterio compartido
Conversación que conecta empresa e institución. Parte do marco actual de dixitalización de Galicia para identificar decisións non abordadas, áreas desenvolvidas sen impacto real e prioridades que deben reformularse no horizonte 2026–2030.
Non se expón un novo plan, senón un debate de criterio sobre que decisións son estratéxicas para a competitividade do tecido empresarial galego.
Participan:
- Sebastián Pantoja, CareLife Solutions (Grupo Televés)
13:00 h: Peche
Do diagnóstico á decisión.
Un peche orientado a reforzar o papel da dirección empresarial na toma de decisións dixitais que xa están a condicionar a competitividade, a resiliencia e o crecemento.
__________________________________________________________________________
cando?
Xoves, 12 de febreiro de 2026.
onde?
Formato híbrido:
Virtual – Plataforma web (en liña)
Presencial na Sede do Círculo de Empresarios de Galicia (Avenida de García Barbón, 62, Vigo)
a que hora?
09:30 h a 13:00 h.
__________________________________________________________________________
Se estás interesado en asistir, inscríbete aquí.
