Empresas
Dos datos á acción: o valor da IA sobre infraestruturas conectadas
A intelixencia artificial non se limita a analizar información. O seu verdadeiro potencial está en transformar datos en decisións operativas continuas.
A intelixencia artificial non se limita a analizar información. O seu verdadeiro potencial está en transformar datos en decisións operativas continuas.
Arrincan as Xornadas Tecnolóxicas de R un ano máis: un encontro onde abordaremos como está a cambiar o contexto global e que necesitan hoxe as empresas para converter ese cambio en vantaxe competitiva.
O venres 8 de maio celébrase o 13º Encontro de Networking Mercatus, no que se abordará como aplicar a intelixencia artificial na empresa: do uso interno á automatización de procesos. A xornada, de carácter presencial, terá lugar no CIE Polígono Industrial A Granxa do Porriño.
O Círculo de Empresarios de Galicia organiza o luns 4 de maio a xornada "Do off ao on: como dixitalizar unha peme sen perder o rumbo", un encontro virtual que forma parte do ciclo "DOS + UNO DIRECTOS".
O mércores 15 de abril celébrase no Parque Tecnolóxico de Ourense a segunda edición do Foro de Innovación e Tecnoloxía, que nesta ocasión leva por título "Galicia ante o próximo ciclo".
R convídate á IV Semana das Tendencias TIC 2026, que se desenvolverá do 9 ao 13 de marzo de 2026 en formato virtual.
O operador galego R e a Fundación Celta de Vigo renovaron un ano máis o seu acordo de colaboración nun acto celebrado no Salón Rexio da sede do club na cidade olívica. Ao encontro acudiron o director da Fundación Celta, Germán Arteta, o director de R e de MasOrange en Galicia, Alfredo Ramos e Rubén Martínez, membro do padroado da Fundación, ademais de membros do equipo e corpo técnico do Celta Integra Zelnova, dando imaxe así ao valor social deste proxecto.
Dispoñer dunha estratexia en ciberseguridade baseada na anticipación, na resiliencia e na colaboración serán esenciais en 2026 para garantir un futuro dixital seguro. Porque as ameazas son cada vez máis complexas e se combinan con tecnoloxías emerxentes e tensións globais.
A primeira edición de Mundo Dixital analiza as novas regras e oportunidades que converten a transformación dixital nunha panca efectiva de competitividade, resiliencia e crecemento sostible.
O Círculo de Empresarios de Galicia organiza, enmarcada dentro do ciclo "DOS + UNO DIRECTOS", a xornada "Innovar en Galicia: Ideas que transforman empresas", un encontro virtual en liña que terá lugar o luns 26 de xaneiro.
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) organizou, en colaboración co Consello Económico e Social de España (CES), a Xornada "Ciberseguridade: Protección dos cidadáns e crecemento económico", un evento onde participou o Director R e de Masorange en Galicia, Alfredo Ramos.
Como empresa tecnolóxica buscamos recoñecer o compromiso das empresas galegas que apostan pola evolución tecnolóxica constante e o desenvolvemento de proxectos innovadores. E tamén premiar a súa fidelidade como clientas. Así xorde o premio "aleluIA", que nas Xornadas Tecnolóxicas R 2024 recibiu Pérez Rumbao e que nas Xornadas Tecnolóxicas R 2025 distinguiu a Parfois.
Windows 10 queda sen soporte, así que toca migración a Windows 11. Todo un desafío para moitas empresas, que deben revisar cales son as súas necesidades e cales as alternativas.
Microsoft anunciou cambios na maneira en que ofrece e comercializa Teams dentro dos seus paquetes Microsoft 365 e Office 365. Un cambio no modelo de licenciamento que lles ofrece maior flexibilidade ás organizacións, permitíndolles elixir as ferramentas colaborativas que mellor se adapten ás súas necesidades. Agora poderás elixir entre Microsoft 365 con Teams ou Microsoft 365 sen Teams.
A segunda edición de MEET_IA explora o seguinte salto: a era da axentización. Celebrarase o martes 18 de novembro, a partir das 09:30 h, no Círculo de Empresarios de Galicia.
En R somos activistas rurais. Queremos poñer a tecnoloxía ao servizo das persoas, do campo, da industria agroalimentaria e da sostibilidade e facilitar que o rural estea en igualdade de condicións para competir, medrar e liderar.