A convivencia cos compañeiros de traballo é maior que a que tes cos teus seres queridos. Pasamos tantas horas na empresa, falando e traballando con eles que ata se chegan a converter na túa segunda familia.

De vez en cando, vas precisar afianzar os lazos de unión con eles para que o equipo de traballo funcione ao cen por cen. E que mellor que realizar actividades fóra da oficina e que non estean relacionadas coa actividade laboral diaria; non todo vai ser traballar .

Non fai falla que vaias tomar un café cos teus compañeiros, porque pode ser que non todos sexan santo da túa devoción, pero podes desenvolver actividades que axuden a reforzar o espírito de equipo e a confianza entre todos.

Obxectivos

Da convivencia entre empregados dunha mesma empresa son:

  • Fomentar as relación interpersoais e laborais
  • Promover a integración de todo o persoal
  • Mellorar o ambiente laboral
  • Aumentar o rendemento laboral
  • Reducir a presión laboral

Acadar este tipo de obxectivos depende principalmente do departamento de Recursos Humanos ou Xestión de Persoas dunha empresa. E se se trata dunha organización pequena, disto débense encargar os seus responsables ou representantes legais. Pero ollo, todos teñen que poñer da súa parte porque por moito que fagan se os traballadores non colaboran, non che hai nadiña que facer.

Actividades

Cada vez máis empresas recorren ás actividades en grupo fóra do traballo, para aumentar a implicación coa empresa, así todo funcionará mellor.

Nos últimos anos está moi de moda facer xuntanzas de varios días nunha contorna moi diferente á do traballo. Durante esa estancia faranse reunións de traballo pero tamén se levarán a cabo actividades de ocio en equipos e individuais. Ademais, tamén convivirán no día a día e en situacións que normalmente non se comparten cos compañeiros de traballo, como por exemplo, almorzar, durmir xuntos, etc. Todo isto vai facer que se coñezan mellor.

Seguramente moitos traballadores teñen responsabilidades na súa vida persoal e non poden marchar varios días da casa, pero pódense promover actividades dunha xornada laboral completa ou media. Neste caso enmárcanse actividades como excursións dun día para facer sendeirismo, navegar ou simplemente para pasear un día ocioso.

Ir de cañas

Facer torneos deportivos dentro da empresa, festas infantís para os fillos dos empregados ou a cea de empresa no Nadal son actividades que tamén fomentan a convivencia, pero quizais veñen máis impostos por unha longa tradición.

Aínda que sempre quedará un clásico entre os clásicos: ir de cañas, para botar unhas risas e esquecer os problemas da ofi.

E ti, prefires ir de cañas ou vivir unha xornada de convivencia?

Ata a próxima!

Imaxe de rawpixel.com