Non dicimos nada novo ao afirmar que nos atopamos inmersos en plena era dixital. E R logrou posicionarse como actor, comunicador e compañeiro de viaxe das empresas galegas nesta transformación.

As organizacións demandan solucións para que os seus negocios sexan diferenciais para os seus clientes en atención, en servizo ou no propio produto. Para atender esta crecente necesidade, R traspasou o seu rol tradicional de provedor de conectividade para converterse, paralelamente, en asesor e facilitador tecnolóxico. R acompaña, así, ás empresas, na incorporación de novas solucións e tecnoloxías, adaptándoas aos seus procesos e modelos de negocio para que poidan achegarlles melloras competitivas, de eficiencia en custos ou, directamente, novas oportunidades no mercado.

Durante dúas xornadas, na Coruña e Vigo, celebráronse os nosos almorzos R, onde compartimos cos nosos clientes e non clientes novas solucións tecnolóxicas.

Nesta ocasión acompañounos o noso socio tecnolóxico ECOMT, que conta cun equipo de profesionais especializados na transformación dixital.

Durante as xornadas, cun enfoque totalmente práctico, mostráronse casos reais aplicados nas empresas con tecnoloxías como IoT, Big Data, Blockchain e Machine Learning. Os asistentes tiveron oportunidade de coñecer como se transforman as empresas, revisando e adaptando os seus modelos de negocio para ser líderes nunha nova contorna competitiva marcada polo aproveitamento das capacidades tecnolóxicas.

No que a estratexia de dixitalización se refire, mostrouse tamén como interactúan empregados, procesos e servizos en todo momento nunha empresa cada vez máis dixital e intelixente, a través da incorporación das últimas tecnoloxías.

Cales son os alicerces da dixitalización?

A dixitalización é unha realidade que se está producindo en moitos ámbitos simultaneamente e que é apreciable en aspectos cotiáns da vida como o número de transaccións económicas realizadas con moeda en papel fronte ao número de transaccións realizadas actualmente de forma dixital. As fotos que se sacaban ao día cunha cámara analóxica e o número de fotos que se soben ao día en redes sociais a día de hoxe. Todas estas accións deixan unha pegada dixital que implica que, tras elas, hai unha tecnoloxía que as soporta. E para entendela e non estar só/a nese camiño de transformación dixital é importante apoiarse en empresas especializadas.

O alicerce máis importante na dixitalización é, probablemente, a motivación para xerar liñas de negocio centradas en poñer en valor os datos e conseguir con iso aumentar a competitividade dos produtos (produtos con IoT que permiten realizar “reenxeñerías” e dar soporte á súa operación e mantemento) ou a competitividade das industrias (fábricas e edificios telexestionados que consomen menos enerxía, teñen menos avarías que impiden o seu funcionamento e son, por tanto, óptimos ou máis eficientes).

O segundo alicerce esencial é a motivación para que sexan as nosas empresas ou industrias as que alcancen ese incremento de valor, polo menos un curto período de tempo antes que as da competencia.

ECOMT

É un dos socios tecnolóxicos de R que traballa en toda a cadea de valor da dixitalización de transaccións entre máquinas:

- Control, sensorización e IoTizaciónde elementos (ascensores, cafeteiras, winches,máquinas de aire acondicionado). Recollen os datos en orixe e regularizan asmáquinas ou o control das instalacións.

- Implementar solucións de telexestión, recollida de datos,arquivado ordenado destes utilizando solucións que se apoian no cloud pero se adaptan ás necesidades docliente (hibridación de solucións na nube, cumprimento de requisitos deciberseguridade…).

- Apoio na analítica de datos e a valorización destes cun seguimento diario das instalacións.

Seguinte paso

É o tándem entre coñecemento desta enxeñería de automatización, telecomunicacións, informática, enerxía, ciberseguridade, redes, Azure, AWS, protocolos de medida e verificación, Blockchain, desenvolvemento de software, electricidade, … e a empresa de servizos de telecomunicacións, o facilitador tecnolóxico para o presente e futuro das empresas dixitalizadas.

Queres abordar o camiño da dixitalización?

Contacta conoso equipo e buscaremos a solución máis adecuada para a túa empresa.