Ola. Hoxe queremos contarche unha novidade moi interesante para os clientes de R. Gústanos ter detalles contigo, polo que che imos regalar os datos durante todas as fins de semana de 2019.

Lembra que xa che ofrecemos internet comigo, con 30GB para activar cando máis os precises. Esta vantaxe segue igual, só que agora terás outra. Datos e máis datos grazas aos xigas que vas desfrutar durante todas as fins de semana deste ano sen ter que tirar do plan da túa tarifa. Podes activalo ata o31 de maio de 2019.

Bono fin de semana

O que che ofrecemos é o bono fin de semana sen custo durante todo 2019. Terás xigas a fartar no teu móbil para o que queiras, só que sen pagar nada máis.

Que tempo inclúe? Pois bota a andar cada venres ás 14:00 horas e remata o domingo á noite, ás 23:59h. Como ves, tes os datos para o uso que queiras no teu tempo de lecer.

Condicións

Podes activar o bono fin de semana gratuíto se tes un servizo de internet fixo (combo, combo SEN, internet R e mambo), ademais dunha tarifa plana 20GB na liña principal (a que tiña 10GB antes do 22/03) ou superior comercializable (é dicir, que se venda agora mesmo), xunto con outra tarifa R plana comercializable (tarifa R 150 3GB ou superior).

Ademais, o bono fin de semana non só o podes activar na liña principal, senón tamén nas tarifas R planas adicionais que teñas contratadas.

Como activalo

É moi sinxelo. Só tes que ir á web de clientes ata o 31 de maio, dentro da sección de móbil. Dende alí pinchas en bonos ilimitados e, se cumpres as condicións, xa che deixa activar o bono fin de semana de forma gratuíta.

datos gratis as fins de semana

Lembra que che damos gratis ata 25GB ao mes todas as fins de semana de 2019, polo que che recomendamos que actives o teu bono canto antes.

Dúbidas

No caso de que teñas calquera dúbida ou consulta, coma sempre, por aquí estamos á túa disposición.

Un saúdo e graciñas!