Durante o #EuQuedoNaCasa ocórrenseche auténticas xenialidades que queres compartir cos teus amigos para botar unhas risas. E encima tes máis tempo. Combinación perfecta para facer algo currado. E non é nada difícil, só tes que botar man dalgunha app para facer memes e gifs e descargar unha aplicación de creación e edición de vídeo no teu móbil. Seica convertas os teus clips en máis virais que o papel hixiénico e os aplausos dende o balcón xuntos. Iso si, queremos velos, así que compárteos connosco nas nosas páxinas de Facebook, Twitter e Instagram.
GIPHY Cam. Da factoría GIPHY, a máis popular na internet, sae esta app que che permite inmortalizar momentos coma se fosen gifs. É moi fácil de usar, pulsa o botón de gravar, engade filtros e efectos e comparte nas túas redes sociais ou envía aos teus amigos. Pódela descargar para Android e iOS.
Gif Me! Camera – GIF maker. Queres converter esa caída que gravaches por casualidade nun gif mundial? Con Gif Me! Camera poderás capturar ata 14 segundos e despois aplicar filtros de cor en tempo real. E podes descargar a app en Android e iOS.
GIF Toaster. Pode converter todo tipo de formatos, como fotos e vídeos a gif facilmente. E permíteche crear gifs en bucle, modificar a velocidade e aplicar filtros. Dispoñible en Android e iOS.
GIPHY. All the GIFS. Pero se non tes tempo ou ganas para facer os teus propios gifs, hai unha app que ten mancheas deles: chámase GIPHY e é o maior catálogo da rede. Dispoñible para Android e iOS.
Meme Generator Free. Esta app déixache facer os teus propios memes ou usar 700 modelos distintos. Ademais, podes engadir stickers, mover o texto, combinar varios nun só, e moito máis. Proba en Android o iOS.
Meme Creator. Con este editor podes elixir entre 600 memes, e usar máis de 20 fontes de letra. Pero tamén podes embelecer unha foto da túa galería, e ata crear cómics a base de memes. Pódelo descargar para Android.
Mematic. E se non te sentes creativa/o, podes usar os memes máis famosos que circulan na rede: por exemplo, coller unha foto graciosa para lles dicir aos teus colegas que non che engadan a máis grupos de Whatsapp . Está dispoñible para Android e iOS.
Instameme. É súper fácil, rápido e completísimo. Podes usar ata 5.000 fichas e unha chea de stickers e de emoticonos. E é tan fácil como recortar, agregar filtros e editar o texto. Dispoñible para Android.
Viva Video. Unha das apps gratuítas máis populares e mellor valoradas para editar vídeo dende o teu móbil. En Viva Video atoparás ferramentas para recortar e combinar clips, efectos de inversión e difuminado de fondo... Podes crear diapositivas de vídeo en varios clics ou combinar clips nunha historia con moitas fichas e elegantes collages. Ofrece máis de 200 efectos especiais. Dispoñible para Android e iOS.
Magisto. En tres simples pasos crea o teu vídeo con aspecto profesional: elixe as túas fotos ou vídeos, selecciona un estilo e ponlle banda sonora. Magisto fai o resto por ti. Dispoñible para Android e iOS.
Adobe Premiere Clip. Garantía de Adobe nun editor de vídeo gratuíto e moi fácil de manexar. Adobe Premiere Clip permíteche crear vídeos de forma automática ou un modo avanzado máis completo. Arrastra e ordena os clips, recorta o que non necesites, axusta iluminación e transicións, pono a cámara lenta ou sincroniza a música como os profesionais. Descárgaa xa en Android o iOS.
Filmora. En só tres pasos terás un vídeo moi curiosiño. Selecciona fotos e vídeos da túa galería ou impórtaas de Facebook ou Instagram, dálle forma con temas, música, filtros, títulos ou transicións e comparte nas túas redes sociais. Destacan funcións profesionais como reprodución inversa, cortar por duración, editar a cámara lenta ou cámara rápida, duplicar, silenciar ou rotar. Está en Android e iOS.
Animoto Video Maker. Con Animoto só tes que seleccionar fotos e vídeos da túa galería, elixir un estilo, unha canción e poñer os títulos de crédito . Dispoñible para Android e iOS.
Quik. Agrega fotos e Quik selecciona, se queres, os teus mellores momentos, elixe entre 25 estilos e personaliza o teu vídeo reordenando elementos, recortando clips, engadindo textos, cambiando a orientación do teu vídeo e escollendo entre máis de 80 cancións gratis. Garda en alta definición e difunde a túa arte. Está dispoñible para Android e iOS.
Estamos a desexar ver como che quedaron. Compárteos nas nosas redes sociais. E se coñeces máis apps chulas para crear memes, gifs e vídeos, déixanos un comentario.