Setembro é o mes da volta á rutina, pero tamén dun novo comezo. É o momento perfecto para ver as novas tempadas, as mellores estreas ou as novas series para engancharte. Nas estreas de setembro na televisión que che ofrecemos en R tes variedade e calidade para comezar unha viaxe especial con novos ou vellos coñecidos: chega a primeira tempada de The Walking Dead: Daryl Dixon a AMC ou de The Penguin a MAX; Will Trent volve con novos episodios a Star Channel e Emily en París coa segunda parte da tempada 4 a Netflix.
Os deportes non podían faltar este mes. Setembro é, por excelencia, o mes do fútbol. Se tes a opción Total TV podes ver todos os partidos do Deportivo e do Racing de Ferrol da tempada en LaLiga Hypermotion e podes ver 5 partidos de LaLiga por xornada ao contratar DAZN, entre eles os do Celta de Vigo.
The Walking Dead: Daryl Dixon, en AMC: dial 9
The Walking Dead rematou para sempre e deixounos orfos de máis historias de zombis. Pero non te preocupes porque AMC estrea The Walking Dead: Daryl Dixon. Esta nova serie continúa a historia xusto despois do final de The Walking Dead, pero nun país novo: Francia. Como chegou Daryl alí? Non vos perdades este spin off que estrea a súa primeira tempada en setembro, con dobre episodio na súa estrea, e en poucas semanas sairá a segunda tempada.
- Estrea: luns, 9 de setembro, ás 22:10 h. en AMC (dial 9)
- Emisión: todos os luns, ás 22:10 h.
- Baixo demanda: en rebobina
EnFamilia en aberto coa estrea de Ruby y el pozo mágico: dial 117
A volta ao cole para os máis pequenos vai ser máis levadeira vendo xuntos a canle EnFamilia, que en setembro podedes ver en aberto para gozar de estreas como Ruby y el pozo mágico. Esta famosa serie foi galardoada “por ser un dos programas televisivos excepcionais que pode reunir a toda a familia” e cóntanos as peripecias de Ruby, gardián do pozo que concede os desexos.
- Estrea: mércores, 4 de setembro, ás 18:10 h. en EnFamilia en aberto (dial 117)
- Emisión: todos os mércores, ás 18:10 h.
- Baixo demanda: en rebobina
Will Trent - T2, en Star Channel: dial 20
A serie máis popular de Star Channel volve con máis tramas e casos por resolver. Will Trent, o axente especial que máis casos resolve da Oficina de Investigación de Xeorxia, estrea nova tempada. Goza da estrea de Will Trent - T2, en Star Channel, a serie baseada nos bestsellers do New York Times de Karin Slaughter.
- Estrea: mércores, 18 de setembro, ás 22:00 h. en Star Channel (dial 20)
- Emisión: todos os mércores, ás 22:00 h.
- Baixo demanda: en rebobina
¿Se pudo haber detenido a Hitler?, en Historia: dial 52
Todo o que rodea a Segunda Guerra Mundial é unha fonte inesgotable de documentais que arroxan máis luz sobre todo o que rodeou aquela fatídica guerra, pero esta guerra poderíase ter evitado con accións máis firmes e audaces? Na canle Historia tentarán responder a esta pregunta coa nova miniserie de dous capítulos titulada ¿Se pudo haber detenido a Hitler?
- Estrea: luns, 23 de setembro, ás 22:00 h. en Historia (dial 52)
- Baixo demanda: en rebobina
Julius invita en 22 minutos - T6, en Canal Cocina: dial 58
O que menos temos no mes por excelencia de volver á rutina é tempo. Canal Cocina sábeo e ven na túa axuda. Queres sorprender aos teus convidados con receitas que levarán pouco tempo? Julius Bienert ensínache os seus trucos con novas receitas para que poidas resolver os teus compromisos contra o reloxo nos novos episodios de Julius invita en 22 minutos - T6.
- Estrea: luns, 2 de setembro, ás 22:30 h. en Canal Cocina (dial 58)
- Emisión: de luns a venres, ás 22:30 h.
- Baixo demanda: en rebobina
E se tes a opción Total TV, apunta estas estreas:
O Deportivo e o Racing de Ferrol na LaLiga Hypermotion: dial 76
Goza de todos os partidos desta tempada do Deportivo e do Racing de Ferrol na canle LaLiga Hypermotion, que atoparás no dial 76. Se tes a opción Total TV, prepárate para vivir toda a emoción dos clásicos galegos desta tempada 2024 – 2025.
Destacados en Netflix, Max e DAZN
Emily in Paris - T4, en Netflix
Por fin poderemos rematar as aventuras de Emily que o 15 de agosto nos deixou coas ganas. O 12 de setembro chega a Netflix a segunda parte da nova tempada de Emily in Paris - T4 a Netflix. Non te perdas as súas aventuras e amoríos nos novos episodios, que prometen un xiro moi chic.
- Estrea: xoves, 12 de setembro en Netflix.
El Pingüino, en MAX
A saga de Batman continúa en MAX coa tan esperada estrea de El Pingüino, baseada no personaxe de DC Comics. Segue a Oswald "Oz" Cobb, interpretado por Colin Farrell, mentres intenta controlar Gotham City.
- Estrea: venres, 20 de setembro en MAX.
LaLiga, en DAZN
Na televisión que che ofrecemos en R non pode faltar toda a ilusión do inicio de LaLiga en setembro, que poderedes ver en DAZN. Poderá o Real Madrid conservar o título de campión da tempada pasada? Poderá o Celta aspirar á cabeza da clasificación? Goza de cinco partidos de LaLiga por xornada, un sempre do Madrid ou do Barça, durante a tempada 2024 - 2025 en DAZN. E tamén poderás ver as mellores ligas europeas, a Fórmula 1® e moito máis en directo ou baixo demanda.
Con todas estas novidades, volver á rutina non soa tan mal. Goza de todas estas estreas de setembro na televisión que che ofrecemos en R.