Preparado para gozar do Samaín? Chega novembro e a televisión que che ofrecemos en R ofrece estreas para todos os gustos. Empezamos coas series: Sundance TV estrea La Peste, chega a Star Channel a segunda tempada de Tracker e a Warner TV a cuarta entrega de FBI Internacional. Os cativos teñen unha gran festa televisiva coa celebración de Cumpleaños de Mickey y Minnie en Disney Jr. Para os amantes dos documentais, BuenViaje estrea novos episodios de Viajes alucinantes en tren e Historia conmemora o fin da Primeira Guerra Mundial.

Os fans do universo TWD están de noraboa coa súa dobre cita en AMC: o final de TWD: The Ones Who Live e a estrea de TWD: Dead City. Ademais, AMC será a canle en aberto en novembro.

En plataformas, terror apocalíptico do bo con Apocalipsis Z, a historia do noso galego Manel Loureiro levada ao cinema que podes ver en Prime Video. En Netflix, un plan cinéfilo de animación con Hechizados. E en Max, estrea da nova serie Dune: La profecía.

Toma nota dos destacados de novembro que podes gozar na televisión a través de R.

TWD: Dead City, en AMC en aberto: dial 9

AMC é a canle en aberto en novembro e está de aniversario. Para celebralo, emite os pilotos dalgunhas das súas series máis populares e que xa forman parte da historia da televisión, como Halt and Catch Fire, Mad Men ou Breaking Bad.

Pero se hai un gran protagonista en novembro en AMC é o universo TWD. O 11 de novembro finaliza TWD: The Ones Who Live e, só unha semana máis tarde, o día 18 de novembro, chega TWD: Dead City, nova entrega da saga con Maggie e Negan como grandes protagonistas nun Manhattan posapocalíptico.

Resumindo:

• Final de TWD: The Ones Who Live: luns, 11 de novembro

• Dobre episodio de estrea de TWD: Dead City: luns, 18 de novembro, ás 22:10 h.

Pilotos de series emblemáticas de AMC: martes, 19 de novembro, dende as 12:10 h.

• Baixo demanda: en rebobina

Tracker - T2, en Star Channel: dial 20

estrenos television noviembre 2024 r tracker star channel

Tracker volve a Star Channel en novembro. Justin Hartley, o lobo solitario que converteu os seus instintos na súa mellor baza para atopar desaparecidos e cobrar recompensas, ten novos casos. Nesta segunda tempada contará de novo coa axuda da avogada Reenie, a encargada de negocios Velma e o experto en tecnoloxía Bobby.

• Estrea: martes, 12 de setembro, ás 22:00 h. en Star Channel (dial 20)

• Emisión: todos os martes, ás 22:00 h.

• Baixo demanda: en rebobina

FBI: Internacional - T4, en Warner TV: dial 22

Jesse Le Soffer interpreta ao Axente Especial Wesley "Wes" Mitchell, o carismático novo líder do equipo, na cuarta entrega de FBI: Internacional, que de novo percorrerá as cidades europeas resolvendo problemas que afectan a cidadáns estadounidenses.

• Estrea: martes, 5 de novembro, ás 22:00 h. en Warner TV (dial 22)

• Emisión: todos os mércores, ás 22:00 h.

• Baixo demanda: en rebobina

Viajes alucinantes en tren - T3, en BuenViaje: dial 54

estrenos television noviembre 2024 r viajes alucinantes tren buenviaje

En novembro, BuenViaje lévanos de novo de viaxe en tren coa T3 de Viajes alucinantes en tren. Da man do actor británico Bill Nighy, a serie percorre liñas de impresionante beleza e, polo camiño, detense a coñecer a quen viven e traballan xunto a estas marabillosas vías.

• Estrea: mércores, 6 de novembro, ás 21:30 h. en BuenViaje (dial 54)

• Emisión: todos os mércores, ás 21:30 h.

• Baixo demanda: en rebobina

La Gran Guerra, en Historia: dial 52

estrenos television noviembre 2024 r gran guerra historia

Como foi o final da Primeira Guerra Mundial? Que papel xogou EE.UU.? Que novo escenario mundial nos deixou? As respostas a estas preguntas telas na serie La Gran Guerra, que estrea Historia lembrando o fin da contenda.

• Estrea: luns, 11 de novembro, ás 22:00 h. en Historia (dial 52)

• Emisión: todos os luns, ás 22:00 h.

• Baixo demanda: en rebobina

E se tes a opción Total TV, apunta estas estreas:

A UFC, en Eurosport 2: dial 71

estrenos television noviembre 2024 r ufc eurosport

Os mellores pelexadores da clasificación mundial da UFC teñen cita en Eurosport 2 en novembro. A canle emite programas especiais, como Lo mejor de la UFC e El club de la UFC, e veladas en directo.

Toma nota das próximas veladas que che ofrece Eurosport 2:

• xoves, 7 de novembro, ás 23:00 h: Brandon Moreno vs Amir Albazi.

• sábado, 9 de novembro, ás 23:00 h: Magny vs Prates.

• sábado, 23 de novembro, ás 23:00 h: Jones vs Miotic.

• xoves, 28 de novembro, ás 23:00 h: Petr Yan vs Deweson Fuigueiredo.

La Peste, en Sundance TV: dial 4

estrenos television noviembre 2024 r peste sundance

En 2029, unha nova praga está a propagarse pola Riviera francesa e o Goberno impón un estrito confinamento. No medio do caos, as tensións aumentan e a verdadeira natureza das persoas ponse a proba. Ao mesmo tempo, o profesor Rieux fará todo o posible para salvar as vidas dos inocentes que foron abandonados polo goberno. Sundance TV estrea La Peste, miniserie baseada na obra de Albert Camus.

• Estrea: martes, 19 de novembro, ás 22:30 h. en Sundance TV (dial 4)

• Emisión: todos os martes, ás 22:30 h.

• Baixo demanda: en rebobina

Cumpleaños de Mickey y Minnie, en Disney Jr: dial 82

estrenos television noviembre 2024 r cumple mickey minnie disney jr

En novembro, Disney Jr convídate ao Cumpleaños de Mickey y Minnie. Unha celebración televisiva ao grande que inclúe novos episodios de Mickey Mouse Funhouse, as curtas de Micky & Yo e Campamento Minnie e especiais de La casa de Mickey Mouse.

• Estrea: do sábado 16 ao luns 18 de novembro, en Disney Jr (dial 82)

• Baixo demanda: en rebobina

Destacados en Netflix, Prime Video e Max

Hechizados, en Netflix

Hechizados conta a historia dunha princesa noviña que tenta salvar a súa familia e o seu reino tras un misterioso feitizo. Unha peli de animación cunha lista de traballadores de luxo: o seu creador é o de Toy Story; a súa codirectora, a de Shrek; e o seu compositor, o da Sirenita. Podes vela a partir de novembro en Netflix.

• Estrea: venres, 22 de novembro en Netflix.

Apocalipsis Z, en Prime Video

Que tal un plan de zombis galegos? Unha historia de terror apocalíptico cunha Galicia infectada convertida no escenario no que o protagonista, Manel, xunto co seu gato Lúculo, loita por manterse con vida. Apocalipsis Z, baseada no éxito do pontevedrés Manel Loureiro, chega a Prime Video.

• Estrea: xoves, 31 de outubro en Prime Video.

Dune: La profecía, en Max

Remontámonos uns 10.000 anos atrás, a aqueles tempos da creación da lendaria seita Bene Gesserit na que as irmás Harkonnen loitan contra as forzas que ameazan o futuro da humanidade. Max estrea a serie orixinal de HBO Dune: La Profecía.

Estrea: luns, 18 de novembro en Max.

Toma asento e senta a gozar das estreas da televisión que podes ver a través de R en novembro.