Chega maio e ule a terra batida na televisión que che ofrecemos en R. O tenis nunca falla no quinto mes do ano. Achégase Roland-Garros 2025 e Eurosport emitirase en aberto durante todo o mes. Pero o contido que se estreará en maio non remata aí: SkyShowtime estreará Gladiator 2, a serie Cara feliz e para os máis peques da casa Robot Salvaje. En Star Channel non podes perderte a serie The Old Man, con Jeff Bridges; ou coñecer máis detalles sobre a Liberación de Europa: Del Día D a Berlín, en National Geographic.

Os deportes en maio non rematan co tenis, se tes a opción Total TV, non te podes perder o Campionato do Mundo de Motocross en Eurosport, que fai escala en Lugo.

E como era de esperar, as vosas plataformas de streaming favoritas están a poñer toda a carne no asador: Netflix estrea a serie de Coronado, Legado; Disney+, que podes contratar directamente con R, ofréceche as 17 tempadas de Mentes Criminais; e en Max podes ver máis aventuras de Carrie, Miranda e Charlotte en And Just Like That - T3.

Contámosche todos estes destacados de maio.

Roland-Garros 2025, en Eurosport en aberto: dial 11

Na televisión que che ofrecemos en R, sabemos que Roland-Garros é un evento que non te podes perder todos os anos, polo que Eurosport é a canle en aberto do mes de maio. Poderás gozar do segundo Grand Slam do ano do 25 de maio ao 8 de xuño. E os clientes de Total TV outro ano máis, poderán seguir os partidos da Philippe Chatrier en calidade 4K no dial 112.

Sabemos que non será o mesmo sen Rafa Nadal, pero na Armada Española temos unha nova xeración disposta a facernos vibrar en París. Celébrase a 124ª edición do aberto francés e o testigo cólleo Carlos Alcaraz, o actual campión do aberto de París, que quere conservar o seu título; pero Djokovic, Sinner, Medvedev, Ruud ou Zverev non llo porán fácil.

Mira todos os partidos en directo e en exclusiva en Eurosport, que podes ver de balde durante todo o mes de maio na televisión que che ofrecemos en R. Ademais, podes gozar de toda a análise diaria no programa Pasando Bolas.

  • Roland-Garros 2025: do 25 de maio ao 8 de xuño, en Eurosport en aberto (dial 11) e en calidade 4K (dial 112).

Gladiator 2, en SkyShowtime: dial 10

Ridley Scott regresa 25 anos despois coa secuela da película que nos fixo namorar de Russell Crowe como Máximo Décimo Meridio. Pero esta vez con Paul Mescal e Pedro Pascal como protagonistas.

Gladiator 2 continua 16 anos despois da morte de Marco Aurelio nunha Roma gobernada polos despiadados emperadores xemelgos Geta e Caracalla. O neto de Aurelio, Lucio Vero, vive agochado e illado, pero só el posúe a chave para devolverlle a gloria ao pobo. Non perdas a nova película de Ridley Scott en SkyShowtime.

  • Estrea: venres, 16 de maio, en SkyShowtime (dial 10).
  • Baixo demanda: en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.

Cara feliz, en SkyShowtime: dial 10

Cara feliz é a nova serie exclusiva de SkyShowtime que te enganchará dende os primeiros minutos. Baseada en feitos reais, conta a historia de Melissa Jesperson-Moore na súa viaxe despois de descubrir que o seu pai era o asasino en serie "da Cara Feliz". Melissa atópase no medio dunha investigación que a obriga a enfrontarse ao seu pasado.

  • Estrea: xoves, 8 de maio, en SkyShowtime (dial 10).
  • Baixo demanda: en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.

The Old Man, en Star Channel: dial 12

The Old Man en Star Channel

A mellor acción e espionaxe volve a Star Channel co actor Jeff Bridges en The Old Man. Unha nova serie protagonizada por Dan Chase, un axente da CIA que escapou hai décadas e tentan acabar coa súa vida. Agora decátase de que para sobrevivir debe aceptar o seu pasado. Non perdas o mellor suspense con The Old Man en Star Channel.

  • Estrea: o 31 de maio e o 1 de xuño, en Star Channel (dial 12).
  • Emisión: a partir das 17:30 h.
  • Baixo demanda: en rebobina.

Liberación de Europa: Del Día D a Berlín, en National Geographic: dial 71

Liberación de Europa: Del Día D a Berlín en National Geographic

O 8 de maio cúmprese o 80 aniversario da caída da Alemaña Nazi e National Geographic aproveita a oportunidade para estrear a súa nova serie documental. En Liberación de Europa: del Día D a Berlín amósanse imaxes únicas, testemuños de veteranos e expertos que dan luz sobre o que aconteceu hai 80 anos.

  • Estrea: martes, 13 de maio, en National Geographic (dial 71)
  • Emisión: todos os martes, ás 22:50 h.
  • Baixo demanda: en rebobina.

Robot Salvaje, en SkyShowtime: dial 10

Robot Salvaje en SkyShowtime

Foi un dos filmes máis aclamadas da tempada de premios cinematográficos do ano pasado. Chega a SkyShowtime a película de animación familiar e de aventuras Robot Salvaje, nominada a tres Óscars e é unha adaptación do libro superventas de Peter Brown.

Robot Salvaje tráenos unha das personaxes máis entrañables do ano, "Roz", un robot que náufraga nunha illa deserta e que sofre o seu no intento de adaptarse á súa contorna e, ao final, acaba converténdose no pai adoptivo dun pequeno ganso.

  • Estrea: luns, 26 de maio, en SkyShowtime (dial 10).
  • Baixo demanda: en rebobina se tes deco 4K. Se aínda non dispós dun deco 4K podes solicitalo aquí de forma gratuita.

E se tes a opción Total TV, apunta estas estreas:

Mundial de Motocross 2025, en Eurosport: dial 110

Mundial de Motocross 2025 en Eurosport

En maio, Eurosport estará a pleno rendemento, ofrecéndoche toda a acción dalgúns dos mellores deportes de motor e carreiras de motociclismo en directo cun programa cheo de eventos importantes. E o 11 de maio, Lugo convértese na capital do automobilismo coa chegada do Campionato do Mundo de Motocross 2025.

Lugo debutou con éxito no circuíto do Campionato Mundial de Motociclismo o ano pasado xunto a Cózar (ambas as dúas probas do Mundial en chan español). Este ano, o francés Romain Febvre domina o Campionato do Mundo de Motocross 2025 nas sete probas xa disputadas. A esperanza española está en Rubén Fernández, de Vigo. Agardamos que estar en Galicia lle axude a dar espectáculo e poder disfrutalo en Eurosport.

  • MXGP de España - Lugo: 11 maio ás 13:00 horas, en Eurosport.
  • Baixo demanda: en rebobina.

Destacados en Netflix, Disney+ e Max

Legado, en Netflix

José Coronado regresa cunha historia intensa, chea de drama, poder e segredos familiares. Na súa nova serie de Netflix, Legado, Coronado interpreta a Federico Seligman, un magnate dos medios de comunicación que se ve apartado do seu negocio por mor dunha grave enfermidade. Ao seu regreso, descubrirá as manobras dos seus fillos, interpretados por Belén Cuesta, Diego Martín, Natalia Huarte e María Morera, aos que se enfrontará para salvar o seu imperio. Non perdas todas as tramas de Legado, só en Netflix.

  • Estrea: venres, 16 de maio, en Netflix.

Mentes criminales, en Disney+

Mentes criminales en Disney+

A exitosa serie policial Mentes Criminales chega a Disney+. Parece que foi onte cando Jeff Davis a creou, pero xa leva 17 tempadas en cartel. Mentes Criminales baséase nos casos aos que debe enfrontarse a equipa de criminólogos do FBI. En cada episodio, terán que analizar as mentes dos criminais para evitar os seus seguintes ataques.

And Just Like That - T3, en Max

Os fans de Sexo en Nueva York están de sorte porque Max estrea en maio And Just Like That – T3. Carrie, Miranda, Charlotte, Seema e LTW regresan cada semana a Max con novas aventuras, amor, sexo e amizade.

  • Estrea: venres, 30 de maio en Max.
  • Episodios: cada xoves un novo episodio.

Todas estas estras de maio de 2025 e moitos máis contidos espérante na televisión que podes gozar través de R.