O refrán di "en abril, augas mil" e dado o tempo que fixo en marzo, o mellor que podemos facer é preparar un plan caseiro na televisión que nos ofrece en R. A nova temporada de The Good Doctor, un especial de Chernobyl ou cinema francés de misterio na canle en aberto Enfamilia. Isto é só un aperitivo das estreas de abril, agora xa che contamos todas.
Ley y orden - T21, en STAR Channel: dial 20
Parece que foi onte cando coñecemos a John McCoy (Sam Waterson) e o seu equipo, pero xa van aló 21 tempadas. É unha das series de referencia no xénero do drama policial e xurídico. Queres ver os novos casos que deben resolver nas rúas de Nova York? Pois o 5 de abril, STAR Channel estrea a nova temporada de Ley y Orden que vos deixará pegados á pantalla.
- Estrea: venres, 5 de abril, ás 22:00 h. en STAR Channel (dial 20)
- Emisión: todos os venres, ás 22:00 h.
- Baixo demanda: en rebobina
Enfamilia en aberto: dial 117
O mes de abril chega cunha nova canle en aberto, a canle Enfamilia. Durante todo o mes podes gozar de todos os seus contidos, e hai para todos os gustos:
O mellor cinema de misterio francés estará todos os venres de abril ás 22:00 h.
Se es fan das series de época, a partir do 15 de abril podes ver Regreso a Howards End, todos os luns ás 22:00 h.
E, como o seu nome indica, se ves a televisión en familia, a segunda tempada de Theodosia chega os mércores pola noite, a partir do 24 de abril.
Los secretos de los pulpos, en Nat Geo Wild: dial 55
Sabemos que o primeiro que se che ven á cabeza ao falar de polbo será o polbo á feira. Non, non vaias por aí. A serie de Nat Geo Wild non vai de comida. Trátase dunha serie documental producida por James Cameron e presentada pola científica Alezandra Schnell, para que descubras todos os segredos dos polbos.
Cres que son sociables e amigables? Pois ben, tamén se caracterizan pola súa intelixencia, curiosidade e ferocidade. Descúbreo en abril en Nat Geo Wild.
- Estrea: luns 22 de abril, ás 18:00 h. en Nat Geo Wild (dial 55)
- Emisión: todos os luns, ás 18:00 h.
- Baixo demanda: en rebobina
El juego de los estafadores, en Discovery: dial 51
Aínda que está baseado en estafadores, as súas historias son moi reais, sen inventos nin trucos. Casos reais que contan en primeira persoa ladróns de apostas e estafadores sobre os riscos polos que pasaron para gañar grandes cantidades de diñeiro.
Con El juego de los estafadores descubrirás o lado invisible do mundo do xogo, con momentos de tensión e situacións desgarradoras. Descubre o caso dun crupier de ruleta que descobre como amañar as tiradas dos seus clientes e moitas máis historias na nova serie Discovery.
- Estrea: venres 19 de abril, ás 22:00 h. en Discovery (dial 51)
- Emisión: todos os venres, ás 22:00 h.
- Baixo demanda: en rebobina
Chernobyl, en TCM: dial 1
O 26 de abril cúmprense 38 anos do devastador accidente nuclear de Chernobyl e TCM pon á túa disposición a prestixiosa serie de HBO.
Chernobyl chega todos os venres de abril pola noite a TCM. Nela poderás descubrir polo miúdo o accidente da central nuclear ucraína e as dimensións humanas e políticas que provocou, non só no marco da Unión Soviética.
Ademais, o venres 26 de abril poderás gozar dos cinco episodios que compoñen a serie seguidos.
- Estrea: venres, 5 de abril, ás 22:00 h. en TCM (dial 1)
- Emisión: todos os venres, ás 22:00 h.
- Baixo demanda: en rebobina
Profesor T- T1 e T2, en COSMO: dial 25
Se es dos que goza dun bo misterio e dos asasinatos máis improbables, o Profesor T é a serie que non debes perder en Cosmo.
Ben Miller é o profesor Jasper Tempest, un académico excéntrico e maníaco, pero á vez brillante. Agora terá que facer fronte ao seu trastorno obsesivo compulsivo e ao seu tortuoso pasado co seu novo traballo como colaborador no Departamento de Homicidios.
Chega a Cosmo en abril Professor T, a versión británica da aclamada serie belga. Non te perdas a estrea da T1 o luns 15 e o inicio da T2 o martes 23.
- Estrea: luns 15 de abril, ás 21:00 h. T1 e martes 23 de abril, ás 21:00 h. T2 en Cosmo (dial 25)
- Emisión: de luns a venres, ás 21:00 h.
- Baixo demanda: en rebobina
The Good Doctor - T7, en AXN: dial 21
Botaches de menos o Dr. Shaun? Pois estás de sorte. The Good Doctor regresa a AXN en abril. E a tempada 7 chega con grandes novidades: verás como o doutor Shaun exerce a súa paternidade, a chegada de novos residentes e a despedida doutros doutores coñecidos. Presta moita atención á estrea da sétima temporada de The Good Doctor o martes 23 de abril.
- Estrea: martes 23 de abril, ás 22:00 h. en AXN (dial 21)
- Emisión: todos os martes, ás 22:00 h.
- Baixo demanda: en rebobina
Dulces con historia, en Canal Cocina: dial 58
Abril chega moi doce a Canal Cocina. O seu novo programa, Dulces con historia, ten un sabor que non poderás esquecer. Poderás ver as receitas das mellores panaderías de todo o país, como os alfajores de Cádiz que elaboran en Sobrina de las Trejas ou as Polkas de Cantabria en Blanco.
Historias e sabedoría que se transmiten de xeración en xeración nas docerías máis emblemáticas de todo o país.
- Estrea: luns 1 de abril, ás 23:00 h. en Canal Cocina (dial 58)
- Emisión: todos os luns, ás 23:00 h.
- Baixo demanda: en rebobina
E se tes a opción Total TV, presta atención a estas estreas:
Entrevista con el vampiro, en AMC: dial 9
Unha das sensacións dos 90 chega actualizada a AMC. É o fenómeno das series do 2023: Entrevista con el vampiro de Anne Rice. Unha produción orixinal de AMC que se estrea con dous episodios o 15 de abril.
Louis de Pointe du Lac cóntalle a un xornalista, 150 anos despois, o que pasou en Nova Orleans cando coñeceu ao vampiro Lestat. O resto tes que descubrilo os luns pola noite.
- Estrea: luns 15 de abril, ás 22:00 h. en AMC (dial 9)
- Emisión: todos os luns, ás 22:10 h.
- Baixo demanda: en rebobina
Monster High, en Nickelodeon: dial 151
Se a vida de adolescente non é doada, todos o sabemos, imaxina ser metade humano e metade lobo e tentar ocultalo.
Todas as aventuras e problemas de Clawdeen Wolf na escola Monster High de luns a venres en Nickelodeon, do 15 ao 24 de abril.
- Estrea: luns 15 de abril ao mércores 24 de abril ás 16:00 h. en Nickelodeon (dial 151)
- Emisión: de luns a venres, ás 16:00 h.
- Baixo demanda: en rebobina
Ciclismo París - Roubaix, en Eurosport: dial 70
O mellor ciclismo nunca desaparece de Eurosport. En abril chega a 121 edición de Paris-Roubaix 2024. Este ano o percorrido é de 259,9 quilómetros dende Compiègne ata a mítica Roubaix e cada etapa promete moitas emocións. Síguea en directo en Eurosport a partir do domingo 7 de abril.
Agora non che importa se vai chover ou non, verdade? Con todas as estreas televisivas das que podes gozar a través de R, farás teu o refrán: “se chove, que chova!”.