Nunca tiveches tantas ganas de pasear e correr como ata o de agora. Xa se sabe que o desexo move montañas, pero se o dás todo o primeiro día vas conseguir acabar con maniotas e frustración. Puxémonos en mans de Imanol Loizaga, adestrador e campión de España de maratón na categoría “veteranos”, que nos deu estes consellos para afrontar a volta á actividade física. Pon en práctica o seu lema #QueTusExcusasNoTeAlcancen e tira millas:

  1. Toma a volta á actividade física ao aire libre como un regalo que por fin che chegou: desfruta dos beneficios a nivel físico e emocional que nos reporta.
  2. Ten paciencia para avanzar de forma segura e gratificante. Non hai présa por recuperar o teu nivel; o importante é que dúas semanas, dous meses ou dous anos despois de arrincar sigas facendo deporte de forma saudable e non te lesiones.
  3. Comproba como foron estas semanas, sé sincero contigo mesmo, pero non te culpes de nada porque a situación foi moi difícil: que deporte fixeches, a túa alimentación, a calidade do teu soño e a tensión que soportaches son, entre outros, factores que inflúen na forma de renovar o exercicio ou empezar con el.
  4. Se decidiches correr, empeza con CACOs, alternando uns poucos minutos correndo con outros camiñando, sempre a ritmos moi cómodos e sen acabar fatigado. Se optas por camiñar, tenta levar unha posición ergueita e boa zancada, pero sen forzar.
  5. E lembra que agora é sempre o mellor momento para mellorar a túa vida a través do deporte. O exercicio físico é vida.

Con estas recomendacións desfrutarás aínda máis, se cabe, a volta ao exercicio. Que tal che foi a ti estes primeiros días?