Xa sabes que a través da web e a app de clientes estamos abertos 24 horas, para que consultes en calquera momento o consumo realizado dende a última factura, por exemplo. E poñemos o exemplo da factura porque é un tema polo que nos preguntades con frecuencia. Así que che imos explicar como consultar a túa factura de R, que datos inclúe ou como pagar unha factura de R pendente dende a área de cliente.

Onde podes consultar a túa factura de R

Se tes factura en papel, recibirala no teu domicilio a finais de cada mes.

Pero se queres consultar en calquera momento o teu consumo dende a última factura, o histórico de recibos, etc. sempre che recomendamos que pases á factura electrónica para que poidas gozar de todas esas vantaxes cun só clic. Ademais de ser máis ecolóxico 😊.

Se xa pasaches á factura electrónica, cada mes recibirás un email na túa caixa de correo informándoche de que xa tes dispoñible a túa factura na web ou app de clientes. Como entras a velas? Segue a ler.

Como acceder ás túas facturas de R dende a área de cliente

Para acceder á túa área de cliente de R podes facelo dende o ordenador na web https://clientes.mundo-r.com ou na versión app para móbiles e tablets Android ou iOS.

Terás que rexistrarte co teu usuario e contrasinal. Se é a primeira vez que accedes, sigue os pasos que che contamos aquí para rexistrarte ou recuperar o teu contrasinal da área de cliente R.

Unha vez logueado, poderás consultar e xestionar as túas facturas desde o menú “As miñas facturas”.

Que xestións das túas facturas podes realizar dende a web ou app

Como acabas de ver, entras na opción “As miñas facturas” da web ou app de clientes. Nese menú verás todas as xestións que podes facer en liña relativas ás túas facturas de R:

  • Configurar factura: cambiar conta bancaria, modificar o idioma da factura, a dirección de envío, etc.
  • A miña factura: consultar a túa última factura dos servizos que tes contratados con R.
  • Descargar as miñas facturas: descargar a túa última factura en formato .pdf, así como ver todas as túas facturas anteriores con R divididas en anos, consultar a gráfica de facturación do ano ou ver as túas facturas de terminais móbiles.
  • Consumo dende a última factura: consulta o consumo en chamadas, mensaxes e datos dende a última factura emitida.
  • Pagar factura pendente: para facer o pago dunha factura pendente con tarxeta de crédito.
  • Duplicado de factura: se necesitas solicitar un duplicado da túa factura.

E o noso soporte técnico de facturas, onde resolvemos todas as túas dúbidas e, ademais, explicámosche en detalle toda a información que inclúe a túa factura. Aquí debaixo atoparás un resumo.

Factura de R: cómo pagar un recibo pendiente

Que datos inclúe a túa factura de R

Sabemos que entender unha factura ás veces é unha dor de cabeza, así que en R che explicamos a túa factura en detalle nesta ligazón: https://soportefactura.mundo-r.com/soportefactura/es/residencial

Aí verás que período se te está a facturar: en R sempre facturamos aos clientes particulares do día 22 dun mes ao día 21 do mes seguinte.

Tamén poderás consultar a data de emisión da túa factura, datos bancarios, a lista de produtos que tes contratados, os consumos e descontos ou o detalle dos teus consumos.

Se tes calquera dúbida sobre a túa factura, nesta páxina que che dicimos https://soportefactura.mundo-r.com, atoparás todas as respostas.

Como pagar unha factura pendente de R

Xa viches que unha das xestións que podes facer comodamente dende a área de cliente R na web ou na app é o pago dunha factura pendente.

Para facelo, só tes que seguir estes pasos:

  • Entra na web ou app de clientes R.
  • Vai á sección “As miñas facturas”.
  • Preme o botón “Pagar factura pendente”.
  • Factura de R: cómo pagar un recibo pendiente

  • Verás as facturas emitidas e un aviso na parte superior de facturas pendentes de pago.
  • Preme o botón “Detalles / pagar agora”.
  • Factura de R: cómo pagar un recibo pendiente

  • Introduce os datos da tarxeta bancaria coa que queres realizar o pago ou descarga o documento de pago para realizar o abono en calquera caixeiro ou oficina de Abanca ou do Banco Santander, simplemente escaneando o código de barras.

Como ves, é moi sinxelo e intuitivo. E, como dicimos arriba, esta opción sempre está dispoñible a través da área de clientes ou app de R.

Esperamos que esta información che resultase útil e lembra que, se tes calquera dúbida, podes poñerte en contacto connosco a través das canles habituais.