Se non vas estar na casa e non queres perder ningunha chamada que che fagan ao fixo, activa o desvío de chamadas a través de app gratuíta de cliente de R para móbiles Android ou iOS ou dende a Área Cliente da web. É súper fácil, explicámosche como facelo en moi poucos pasos.

Desvío de chamadas desde a app de cliente

Configura o desvío de chamadas do teu fixo de casa comodamente, esteas onde esteas, dende o móbil.

Entra na app de cliente de R para móbiles Android e iOS. Selecciona “Teléfono” nos teus servizos de cliente. A continuación, pulsa o botón “Configurar teléfono” e despois “Configurar desvíos do teléfono fixo” e selecciona a túa liña de casa.

Aparecerache o despregable “mostrar desvíos” onde poderás elixir a opción que che interesa

  • desviar todas as chamadas: se queres desviar todas as chamadas que recibas no teu teléfono fixo en calquera circunstancia. Se elixes esta opción, o teléfono non recibirá nunca ningunha chamada; podes desactivar o desvío no terminal con #21#
  • desvío se comunicas: desviarás as chamadas cando esteas a usar o teléfono con outra chamada
  • desvío se non contestas: o desvío producirase cando soa o teléfono, pero non contestas á chamada nun tempo determinado

Selecciona se queres facer o desvío ao contestador ou ao número de teléfono fixo ou móbil que debes indicar xusto debaixo.

Dálle a modificar e recibirás nuns segundiños de nada a confirmación de que o desvío se realizou correctamente.

Cómo configurar el desvío de llamadas de tu teléfono fijo R App

Desvío de chamadas dende a Área Cliente da web

Tamén podes configurar os desvíos de chamadas dende a Área Cliente da web.

Para facelo segue estes pasos:

  1. Accede á área cliente
  2. Selecciona “Teléfono
  3. Pulsa en “Configurar desvíos do teléfono fixo
  4. Selecciona o teléfono fixo que queres modificar
  5. Elixe a opción de desvío que queres realizar

Podes desviar todas as chamadas recibidas, só se comunicas ou se non contestas nun tempo determinado. Debes indicar o número fixo ou móbil ao que queres desviar as chamadas de casa ou ao contestador.

Nun momento (20-30 segundos) recibirás unha mensaxe de confirmación.

Cómo configurar el desvío de llamadas de tu teléfono fijo R Web clientes

Lembra que a activación do servizo é gratuíta pero a súa utilización conleva gastos. As chamadas que desvíes a outro número cóbranse como chamadas realizadas dende a túa liña; os desvíos ao contestador son gratuítos.

Como ves, o proceso é sinxelo e rápido porque sabemos que o teu tempo é moi valioso. Iso si, se tes calquera dúbida, deixa a túa mensaxe en comentarios e axudámoste.