Ola. En R estamos encantados de anunciar o comezo da nosa oferta de internet, televisión, móbil e teléfono fixo en Cantabria.
En 1998 iniciamos a nosa andadura en Galicia, en marzo principiamos en Cantabria cos nosos servizos de telecomunicación e agora, en abril, estamos xa en Cantabria.
Lugares con acceso a fibra
Nesta entrada podes ver un repositorio de todos os núcleos nos que damos fibra na comunidade de Cantabria. Son 10 concellos nos que temos presenza e esperamos que a cobertura vaia aumentando.
Para saber se tes servizo de fibra de R no teu domicilio, establecemento ou empresa, consulta a túa cobertura neste enlace.
A fibra óptica de R por núcleos
Se queres, tamén puedes comprobar neste mapa os núcleos nos que xa temos despregada rede de fibra óptica neste momento en Cantabria:
Concellos con fibra de R en Cantabria
Durante 2019 iremos ampliando cobertura pero, agora mesmo, estamos presentes nas seguintes localidades:
- Santander.
- Astillero.
- Camargo.
- Cartes.
- Castro Urdiales (comercializamos o servizo baixo a marca Euskaltel)
- Laredo.
- Piélagos.
- Reinosa.
- Santa Cruz de Bezana.
- Torrelavega
Alternativas para núcleos sen rede de fibra óptica
Se aínda non chegamos á túa zona, temos alternativas para que poidas desfrutar de internet con nós do servizo.
Tamén damos servizo de móbil en toda España con móbilR con tarifas 4G para todas as necesidades. E se só queres internet, outra opción para ti poden ser as tarifas de datos para o móbil de ata 100GB que podes compartir con todos os dispositivos do fogar cun dispositivo mifi.
Un saúdo e grazas por acollernos, Cantabria.
Imaxe de Tracey Adams