Seguriño que aos que xa teñen unha idade, ler sobre chats gratuítos en Galicia lles lembrará a súa mocidade. Porque os chats naceron hai anos para interactuar dende a comodidade das nosas casas, pero tamén dende a liberdade do anonimato inicial e chegaron a ser unha das principais canles de comunicación entre a rapazada.

A pesar do paso do tempo e do nacemento doutras novas formas de comunicación en Internet, os chats seguen a ser hoxe en día unha forma moi utilizada de conversar e coñecer persoas próximas. Xa sexa pola nosa timidez ou porque non temos grandes habelencias sociais, as canles de chat abertas son un punto de encontro para coñecer xente e falar.

Hai de todo tipo, pero os chats máis utilizadas son os que se dividen por zonas xeográficas. Os galegos e as galegas seguimos pensando que se nos atopamos con alguén con quen nos entendemos nun chat, é mellor que estea preto para ter a posibilidade de coñecernos en persoa.

Se queres probar e ver como funcionan este tipo de chats, mostrámosche os máis utilizados en Galicia, formas de relacionarse que lles poden axudar a moitas persoas a non sentirse soas e mesmo a forxar grandes relación nalgúns casos.

Chat Galicia, chateagratis

chateagratis.net/chat/2/sala/Galicia.php

Sorprenderache o movemento que ten chateagratis.net. A súa gran cualidade é a sinxeleza coa que te unes ás conversas. Todo o que tes que facer é buscar un nick e facer clic na opción de chatear. Non require ningún paso nin información para acceder pero podes crear a túa conta para rexistrar o teu nick e evitar así que o usen.

Na páxina podemos atopar xente de diferentes países de fala hispana. Se buscas un chat Galicia gratuito con persoas próximas só tes que buscar a túa comunidade e comezar a falar. Existen salas para cada provincia galega (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra), pero se entras en cada unha delas atoparás chats específicos para cada concello galego.

Chateagratis.net tamén conta cunha serie de categorías para que sexa doado atopar o que buscas. Non todos entran coas mesmas intencións, así que isto pode facilitar as cousas. Para que vos fagades unha idea, as dúas salas que máis se utilizan son as da #amizade e as de #flirtear.

Chat Galicia, canalchat

canalchat.org/chat/galicia

Canalchat.org ten unha interface moi intuitiva e de fácil acceso. Non pide que rexistres a túa conta para chatear, pero si podes facelo, xa que deste xeito serás quen de engadir unha foto ou rexistrar o teu nick para os seguintes accesos.

A pantalla de inicio xa te guía para atopar a comunidade á que queres unirte. A canle #España é unha das que máis movemento ten na web, aínda que tamén podes atopar moitas canles de chat Galicia, pois hai unha por cada provincia de Galicia e dentro delas, subsalas por cada concello galego.

Unha das zonas máis visitadas de canalchat.org é a súa sección de humor. Si, tal como o les. Se queres desconectar un pouco das conversa, pero sen saír realmente da web, tes á túa disposición a sección onde se contan chistes e algunhas historias divertidas. Tamén podes suxerir un chiste para publicar.

Chat Galicia, chateamos

chateamos.net/chat/galicia.php

Chatamos.net é outra das canles de conversa máis coñecidas e utilizadas para os hispanofalantes. Como nos chats anteriores, non é necesario rexistrarse, só con elixir o nome ou buscar un nick podes comezar a falar.

Este chat destaca principalmente polas súas salas de #amizade e #idades, aínda que tamén hai apartados máis específicos onde atopar, por exemplo, o amor. Se ademais de buscar un chat de Galicia gratuíto queres falar con xente de máis preto da casa hai unha sala de cada unha das catro provincias galegas: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

O bo deste chat é que desde a parte superior podes cambiar a sala na que estás a conversar e incluso cambiar o nick. Tamén podes enviar mensaxes privadas a outros/as usuarios/as conectados/as e se alguén no chat, de súpeto, se torna moi molesto/a, sempre tes a opción de bloquealo/a.

Chat Galicia, chatzona

chatzona.org/chat/galicia/

En chatzona.org, como nos chats anteriores chat Galicia, conéctaste, escolles o teu nick e pulsas en chatear. Terás que aceptar as normas de uso (debes lelas, é importante) e xa estarás dentro. Non é necesario rexistrarse.

Na parte inferior da interface tes as canles dispoñibles, na zona central a sala principal e se fas clic en cada usuario/a aparecerache a súa foto (se a engadiron). Dende alí podes enviarlle unha mensaxe privada ou, se queres, bloquealo/a.

Conta cunha sección de blog onde podes coñecer todas as novidades da páxina e ofrece a posibilidade de enviar emoticonas para amenizar as conversas ou cambiar moitas outras funcións, como o tipo de letra ou a cor.

Chat Galicia, terrachat

terrachat.net/chat/galicia.php

Como é habitual entre todos estes tipos de chats, en terrachat.net non é necesario rexistrarse para poder acceder ás conversas, só tes que seleccionar o chat ao que queres unirte e entrar.

Terrachat.net ofrece unha gran variedade de chats clasificados por temas. Ao entrar, asignarache un nick aleatorio que podes cambiar. E xa podes acceder.

Advertímosche que terrachat.net está bastante cheo. Un día normal calquera sala pode ter máis de 500 usuarios/as. Na súa interface podes escoller entre chats temáticos (música, cine, Internet, tecnoloxía), por idade, salas rexionais (ademais do chat de Galicia, hai unha por provincia, e se entras nelas hai subsalas específicas de varios concellos, como Ferrol, Santiago e Vigo), salas por países (para falar con persoas doutros lugares) e salas LGTBIQ+.

Chat Galicia, gentechat

gentechat.net/chat-galicia.html

Pódese dicir que gentechat.net é a opción que require máis pasos para acceder ás conversas. Nel pídenche un nick e un avatar (non podes subir unha imaxe propia, senón que terás que seleccionala dunha listaxe de iconas preestablecidas para conectarte ao chat. Se non se che ocorre ningún nick, podes deixar o que a plataforma che asigna por defecto.

É posible rexistrar a conta para utilizar sempre o mesmo nick: neste caso, ao acceder só tes que introducir o contrasinal.

Podes atopar salas por países de fala hispana, lecer, contactos, deportes, informática, series, por idades, e mesmo tes unha sección de foros moi activa na que se trata todo tipo de temas. Se o que buscas son persoas próximas, no chat gratis de Galicia hai máis de 30 salas de distintos concellos como Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, Noia, A Rúa, A Estrada ou Monforte de Lemos.

Chat gays Galicia, chathispano

Chats gais de Galicia

Outro tipo de chat que máis utilizamos os galegos e as galegas son os relacionados con todo o mundo LGTBIQ+. Buscamos nos chats grupos de persoas que teñan a mesma orientación sexual.

Os comunmente chamados "chats gais" están entre os máis visitados. Un sitio onde a comunicación entre iguais e a sensación de estar seguro ou segura é o máis desexado polos/as seus/súas usuarios/as. E a maioría das canles de chat que están divididas por áreas xeográficas teñen unha sala separada para este tipo de conversas. Atoparalas en chatgratis.net, en chatzona.org ou en chathispano.com.

Estas son as principais e máis utilizadas salas de chat con sitios específicos de Galicia. Nelas atoparás conversas con xente con ganas falar dende a tranquilidade e a intimidade do fogar. Utilízalas habitualmente? Aquí mostrámosche algunhas, pero hai unha gran variedade en Internet, polo que non tedes escusa para non probalas. Nunca sabes o que podes atopar, dende unha agradable conversa ata unha relación máis duradeira...