Sabías que no Museo do Pobo Galego exhíbense maquetas de embarcacións tradicionais ou os traxes típicos que usaban os nosos antepasados? Unha auténtica viaxe no tempo pola cultura de Galicia, un plan perfecto para celebrar o Día dos Museos. E en R queremos convidarte.
As tradicións e costumes de Galicia reunidas nun antigo convento
Como dicía a canción de Sabina, “sóbrannos os motivos”; pero imos che dar algúns polos que deberías visitar o Museo do Pobo Galego:
- Porque vas poder ver por dentro o antigo convento de San Domingos de Bonaval (s. XVII- XVIII), que alberga o museo.
- Porque só aquí atoparás a maior colección das diversas manifestacións da cultura galega: o mundo mariñeiro e agrario, os traxes e encaixe tradicional, oficios, instrumentos musicais e moito máis.
- Porque leva divulgando a cultura galega durante 45 anos, dende a súa creación en 1976.
- Porque está considerado cabeceira espiritual e simbólica da rede de museos antropolóxicos de Galicia.
- Porque é un bo plan para gozar en familia, xa que os menores de 18 anos teñen entrada libre.
- Porque os máis peques alucinarán vendo as maquetas de embarcacións, as cociñas antigas ou como se facían as zocas.
- Porque podes facer un selfie de cine na súa impresionante escaleira helicoidal (con forma de hélice), considerada un dos elementos singulares do patrimonio arquitectónico de Compostela.
E porque en R sorteamos entradas para que celebres o Día dos Museos no Museo do Pobo Galego.
Sorteamos 5 entradas dobres
Para conseguir unha das 5 entradas dobres que sorteamos, só tes que participar nas nosas redes sociais.
Moita sorte!