Contámosche como vai ser a Cabalgata de Reis en Ferrol 2026 o luns 5 de xaneiro. Melchor, Gaspar e Baltasar xa están preparados para visitar Ferrol e traerlle aos nenos e ás nenas de Ferrol todo o que pediron, se foron bos, claro. Para iso, a cidade departamental organizou unha benvida á súa altura para que os Reis Magos percorran as rúas. Consulta aquí o horario e o percorrido da Cabalgata Ferrol 2026 para saber por onde van os Reis Magos en Ferrol.

Cabalgata de Reis de Ferrol 2026

Como cada ano, o Concello de Ferrol procura que as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente cheguen a todos os nenos e nenas de Ferrol.

Antes da Cabalgata de Reis de Ferrol 2026, haberá recepcións para os máis peques da casa a partir do 2 de xaneiro nunha Cúpula na Praza de Armas montada especialmente para iso.

Os Reis visitarán despois o rural os días 3 e 4 de xaneiro e deseguido, o luns 5 de xaneiro, percorrerán as rúas da cidade para rematar coa recepción de toda a cativada na Praza de Armas.

Este ano unha das grandes sorpresas da cabalgata de Melchor, Gaspar e Baltasar o día 5 de xaneiro de 2026 é que estarán acompañados durante todo o percorrido polas Guerreiras K-pop, que porán ritmo, baile e moita enerxía para que toda a familia se divirta.

Para que os máis pequenos non se perdan ás súas Maxestades nin ás Guerreiras K-pop e poidan saudalos ou velos dende o mellor lugar, é necesario coñecer os horarios e os lugares polos que pasarán Melchor, Gaspar e Baltasar na cidade departamental.

Programa da Cabalgata de Reis de Ferrol 2026

Venres, 2 de xaneiro de 2026

  • 12:00 - 14:00 h e 16:00 - 20:00 h. Praza de Armas: Recepción aos peques na Cúpula dos Reis Magos.

Sábado, 3 de xaneiro de 2026

  • 12:00 - 14:00 h e 16:00 - 20:00 h. Praza de Armas: Recepción aos peques na Cúpula dos Reis Magos.
  • Cabalgata de Reis na zona rural.

Domingo, 4 de xaneiro de 2026

  • 12:00 - 14:00 h e 16:00 - 20:00 h. Praza de Armas: Recepción aos peques na Cúpula dos Reis Magos.
  • Cabalgata de Reis na zona rural.

Luns, 5 de xaneiro de 2026

  • 18:00 h. Inicio da Cabalgata de Reis de Ferrol 2026 dende a rúa Venezuela.
  • 19:30 h. (hora aproximada) Chegada das carrozas e dos Reis Magos á Praza de Armas.
  • 20:00 h. (hora aproximada) Recepción no Pazo Municipal de todos os nenos e nenas presentes.

Percorrido da Cabalgata Ferrol 2026

Horario de la Cabalgata de Reyes en Ferrol 2025
Imaxe: Concello de Ferrol

Despois de visitar aos nenos e nenas do rural os días 3 e 4 de xaneiro de 2026, as Súas Maxestades os Reis de Oriente convidan aos máis pequenos de Ferrol e arredores a visitalos o 5 de xaneiro a partir das 18:00 h.

Por onde van os Reis Magos en Ferrol? Melchor, Gaspar e Baltasar comezarán o percorrido da Cabalgata de Reis de Ferrol 2026 polas rúas da cidade departamental na rúa Venezuela, como é habitual, se o tempo o permite.

O percorrido será o mesmo que o ano pasado. Pasarán pola rúa Colombia, estrada Castela, pasarán pola rúa Pontevedra, continuarán por Cuntis e Roi Xordo, ata chegar á entrada da Praza de España, collerán a rúa María e Méndez Núñez, pasarán pola rúa Real e Rubalcava ata rematar na Praza de Armas.

Se todo vai segundo o previsto, a tradicional recepción Real terá lugar ao redor das 19:30 h. no Pazo Municipal, onde se dará a benvida aos nenos alí congregados.

E para que poidades ir pensando no mellor sitio para ver a Melchor, Gaspar e Baltasar, poñémosvos aquí todas as rúas polas que pasan para que consigades o mellor lugar e recibades os caramelos que as Súas Maxestades os Reis de Oriente repartirá entre todos os asistentes.

Percorrido da Cabalgata de Reis de Ferrol 2026:

  • Rúa Venezuela
  • Colombia
  • Estrada Castela
  • Pontevedra
  • Cuntis
  • Rei Xordo
  • Acceso á Praza de España
  • Rúa María
  • Méndez Núñez
  • Rúa Real
  • Rúa Rubalcava
  • Praza de Armas

A Cabalgata dos Reis en Ferrol 2026 polo rural

Cabalgata de los Reyes Magos de Ferrol por el rural
Imaxe: Concello de Ferrol

Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán os barrios, as parroquias e arredores da cidade departamental na Cabalgata de Reis na zona rural o 3 e 4 de xaneiro de 2026.

Aínda non están confirmados os horarios e os lugares concretos polos que pasará a Cabalgata de Reis de Ferrol 2026 polo rural. Cando estean porémolo todo aquí.

Fonte imaxe de cabeceira: Concello de Ferrol