“Déixasme pasar que só levo unha cousa?”. Xa non terás que escoitar isto máis grazas a estas apps para facer a compra. Basta de colas, basta de cargar coas bolsas, basta de que as bolsas rompan, basta. Aquí atoparás aplicacións móbiles para facer a compra, para facer a lista, para controlar cando caducan os teus alimentos e as apps dos teus súper de sempre
Supermercados online
DelSúper
Un SúperComprador faiche a compra no teu supermercado favorito, ti elixes cal, e lévacha en 1 hora. Ademais, suxerirache ofertas ou cambios que che conveñen, mesmo por whatsapp, un choio. De momento só opera en Barcelona, Madrid, Málaga e Sevilla, pero na súa web DelSúper podes votar para que o poñan pronto na túa cidade.
Ulabox
O supermercado online no teu móbil. Compra cando queiras e elixe a franxa horaria na que queres que che entreguen o pedido. Tes máis de 17.000 produtos a ti disposición, entres frescos e envasados. Ademais, Ulabox ofréceche promos moi atractivas.
Amazon
Seguro que usas Amazon para comprar de todo, pero igual non o fas para facer a compra. Non vale para produtos frescos, pero é outra opción, sobre todo para cousas especiais que non adoita haber en calquera supermercado.
Lista da compra
Bring
App fundamental para facer a lista da compra. Ten unha chea de funcións: podes crear diferentes listas para cada ocasión (unha festa, unha fin de semana...), compartilas coa túa familia ou compañeiros de piso ou avisarlles cunha notificación que vas saír ao súper por se queren engadir algo de última hora. Moi práctica e colaborativa.
Quoty
Antes de facer a túa lista, podes consultar os catálogos das túas tendas favoritas e agregar as súas ofertas á túa lista.
Out of Milk
Anota todo o que necesitas e non esquezas nada con esta app. Out of Milk permíteche crear listas da compra e da despensa, escanear ou meter manualmente produtos, consultar o teu historial para lembrar produtos ou ver a factura da lista da compra.
Organizy
App fácil de consultar cando estás no super, permite engadir produtos moi rápido con campos autocompletables. Organizy agrupa os produtos de acordo coas seccións do súper para que optimices o teu percorrido.
Caducidade dos alimentos
Se o teu conxelador ten arañeiras, interésanche estas apps. Poderás ter un control do que tes na neveira ou conxelador e saber cando se vai a pasar ou saber as datas estándar de caducidade de cada alimento.
- Ice Reminder-Alimentos expired: dispoñible para Android
- Best Before: dispoñible para Android
- Expire: dispoñible para iOS
- Before: dispoñible para iOS
Comparador de prezos
Soysuper
Antes de gastar unha fortuna na compra, asegúrate de estar diante do mellor prezo. Soysuper compara os prezos do teu supermercado habitual. Escanea o código de barras dun produto e dirache o importe e ofertas en cada súper.
Comparador de precios y QR
Escanea un produto e mostra os diferentes prezos nas tendas online. Utilízao como escaner de códigos QR e garda as túas tarxetas de puntos e fidelización.
O teu súper no móbil
Se tes moi claro en que súper che gusta comprar, accede directamente á súa tenda online dende o móbil.
- Gadis: venda online
- Supermercado El Corte Inglés: dispoñible para Android e iOS
- Carrefour: dispoñible para Android e iOS
- Eroski: dispoñible para Android e iOS
- Mercadona: venda online
- Día: dispoñible para Android e iOS
- Lidl: dispoñible para Android e iOS
Con estas apps podes converter a aburrida tarefa de facer a compra en pan comido. Descárgaas no teu móbilR e cóntanos que tal van.
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Ata pronto!