Xa está aquí: unha nova rede wificlientesR mellorada, ampliada, segura, sinxela de usar e gratuíta para todos os clientes de fixo e de móbilR. Levamos meses traballando neste servizo porque de boa tinta sabemos que unha das preocupacións primeiras que vos xorden cando usades o móbil, a tablet ou mesmo o portátil é conectarvos sen ter que controlar o voso plan de datos de xeito permanente. Desta volta, dende agora aforraredes datos si ou si, mesmo para botar un simple whatsapp, pois estamos a artellar a maior rede wifi de Galicia, con máis de 50.000 puntos activados nas próximas semanas ao longo e ancho da nosa xeografía.

Así que ides dispor, gratuitamente, non só dos puntos de acceso base da nosa rede (routers de R) senón tamén doutros adicionais, noviños do paquete, que instalaremos máis adiante xusto naquelas zonas onde haxa máis demanda ou tráfico de datos. Para que a vosa experiencia de conexión sexa total, sen interferencias molestas. O número de puntos activados aínda aumentará máis pero o que queremos nesta fase de mellora é, sobre todo, que apreciedes a calidade da conexión que vos ofrecemos.

conectarse, o máis doado e seguriño

O único que teredes que facer vós para comezar a desfrutar das vantaxes desta gran rede wifi de R é activar e configurar o servizo unha soa vez; porque logo, cada vez que o terminal detecte a rede, conectarase automaticamente sen necesidade de botar man de usuario nin contrasinal ningún. Ademais, na app de clientes teredes ben detalladiños os pasos para activar wificlientes R de primeiras; e xa veredes que, máis sinxelo, imposible.

Ao tempo, este servizo mellorado que poderedes estrear dende xa descoñece o que é unha ‘falsa conexión’. É dicir, sempre que esteades conectados será porque hai tráfico de datos (por exemplo, recibindo mensaxes). Así non perderedes información por pensar que tedes vía aberta cando realmente o voso móbil non está conectado á rede.

Ademais, claro, o novo wificlientes R ten un ancho de banda a maiores do que dispoñedes coma clientes de R. Vamos, por descontado que tes os datos do teu combo ou móbil a salvo porque esta rede wi-fi ofrece un feixe adicional de gigas, coma vos contamos deseguido.

20 xigas a máxima velocidade

Calquera cliente de fixo (combos) ou de móbilR poderá tirarlle partido a wificlientesR, pois tanto nun caso como noutro inclúese unha conexión con 20 xigas de datos a máxima velocidade e logo, se se consume esa cantidade, datos ilimitados a 256 Kbps. Ou sexa, que rematou o de estar pendente do día do mes e dos datos que vos quedan dispoñibles no voso plan.

selfie

Podedes activalo dende a app de Android (lembrade activala, para ter a nova versión) ou ben dende a web de clientes se tedes iOS ou outro sistema operativo (estamos esperando a que Apple actualice a nosa app no iTunes).

Un saúdo!