Seguramente o nome de OSHWDem (Open Source HardWare Demonstration) non che di nada. Pero se che contamos que se trata da feira tecnoloxía libre

Pola nosa parte colaboramos co evento a través de startups R, polo que che animamos a que te pases e desfrutes de todo o que ofrece este evento.

Onde e cando?

Que verás?

Trátase de que coñezas as últimas novidades en novas tecnoloxías, porque os seus organizadores queren demostrar a importancia das chamadas tecnoloxías libres e facelas accesibles.

Competicións

Os pequenos e non tan pequenos poderemos desfrutar das múltiples competicións de robots que se van realizar. Toma nota:

  • Labirinto (10:30 h): un pequeno robot debe saír dun labirinto de 16×16 celas por si mesmo e coa única información que poida obter dos seus sensores.
  • Sigueliñas (13:00 h): os robots deben seguir de forma autónoma unha liña negra debuxada sobre unha superficie branca sen máis información para guiarse ata a meta que a propia liña. Gaña o máis rápido en completar o circuíto.
  • Combate de robots (12:00 h): é o encontro máis radical, onde varios adversarios tentan destruír ou deixar fóra de combate o resto de participantes ata que só quede un. O importante é deseñar e construír o robot máis ofensivo e robusto. Os robots poden recibir instrucións dos seus creadores.
  • Velocistas (16:00 h): é a versión profesional de sigueliñas, só os máis rápidos poderán optar á vitoria. A pista é o dobre de grande e haberá varias voltas.
  • Sumo robot (17:00 h): dous robots loitan por expulsar o contrario de forma completamente autónoma dunha superficie circular (dohyo).
  • Hebocon (18:00 h): son robots construídos con calquera cousa que tentan, con torpes movementos, expulsar ao adversario da zona de combate. É unha competición para todos os niveis e para todas as idades.

Talleres

Tamén hai talleres para aprender. Indicámosche onde te puedes apuntar:

Veña, que non tes excusa para pasar o 10 de novembre pola Domus e desfrutar de OSHWDem.